Página principal


SelectionFile type iconFile nameDescriptionSizeRevisionTimeUser
SelectionFile type iconFile nameDescriptionSizeRevisionTimeUser
Ċ
Ver Descargar
Co novo formato da portada-contraportada deste terceiro número, alonxámonos da nosa extravagante cartulina, que non por iso menos encantadora e facilitamos a tarefa de que rule esta ferramenta, creada precisamente para contribuír á reflexión e ao debate sociais dende as mil e unha ópticas que van xurdindo dentro deste noso entorno anarquista... descarga, fotocopia e difunde!   8204 kb v. 3 16 jun. 2016 11:25 Abordaxe Blog
Ċ
Ver Descargar
A portada e contraportada consisten nunha cartulina ou papel de cor na que se lle recorta por enriba da palabra 'Abordaxe!' contida na primeira páxina editorial. Axúdanos a difundila e non duvides en mandarnos os teus proxectos (cartaces, textos, gráficos, publicacións...) para que nós tamén os difundamos. O noso contacto é abordaxe@bastardi.net   5450 kb v. 14 16 jun. 2016 11:26 Abordaxe Blog
Ċ
Ver Descargar
A portada e contraportada consisten nunha cartulina ou papel de cor na que se lle recorta por enriba da palabra 'Abordaxe!' contida na primeira páxina editorial. Axúdanos a difundila e non duvides en mandarnos os teus proxectos (textos, deseños gráficos, debuxos...) para que nós tamén os difundamos. O noso contacto é abordaxe@bastardi.net  4563 kb v. 13 16 jun. 2016 11:27 Abordaxe Blog
Ċ
Ver Descargar
ÍNDICE (por orden de paxinación): -A Modo de Editorial-Breve Historia da Piratería (artigo de C. Rivas para Abordaxe!)-Isto non é o casco vello de Donosti (artigo sobre a okupación da Sala Iago de Compostela)-"O Occidental Abominable" (Auto-entrevista de Pedro García Olivo en exclusiva para Abordaxe)-"Lumes e lumes" (artigo sobre a criminalización social do lume)-"Son un Labrego" (Poema criativo)-"Big Brother Porto Ano 29 da era Orwell"(panfleto atopado nas rúas de Porto)-"O Laboratorio Helénico" (unha visión sobre o mundo libertario grego)-"Loita e represión nos cárceres" (artigo sobre a Historia da Campaña Cárcere=Tortura dos anos 2011 ao 2013 polo Grupo de Apoio de Galiza Sur)-"Proclama da Okupación"-"Foronse as Árbores" (Poema anónimo)-"Breve Exposición da Noción de Territorio e a súas Implicacións" (artigo de Miquel Amorós en exclusiva para Abordaxe)-"Amancio Ortega, um ejemplo a seguir por todas?"-Sobre a violencia (dous diferentes reflexións sobre o seu uso): "Estou Farto de Chachachá" e "Condenamos as vosas Condenas á Violencia"-"Miedo y Asco en el Chiringuito" (artigo sobre as drogas nos 80 e agora)-"Conversa con Alfredo M. Bonanno"(transcripción das conferencias impartidas no Estado español en 2012 feita con a colaboración e consentimento do mesmo, para este nº)   6767 kb v. 2 16 jun. 2016 11:32 Abordaxe Blog
ċ

Ver
Son tempos escuros de mares embravecidos que ameazan cada vez máis con facer naufragar o noso irreverente galeón de soños e negacións. A crise da nosa época xa non só é económica, senón de valores, emocional, e neste océano de dúbidas e esforzos navegamos e mesmo afogamos, tratando de fuxir da miseria desta fúnebre realidade, saqueando buques de poderosos, gozando e compartindo vivencias máis valiosas e intensas que o mellor dos botíns, procurando novos horizontes, novas rutas, onde aprender a facer fronte ás ondadas que nos embisten e ao medo co que nos atan a conciencia. Son momentos de revolta, o Estado e o Capital saben que a imaxe da súa abundancia xa non é tan crible coma antes, que as tensións sociais ameazan con desatar os cabos amarrados e estourar batallas decisivas, e que segue habendo corazóns decididos a non seguir a carta de navegación dos amos, esa que nos leva por cauces sen saída ou nos pon á mercé das miserentas mareas electorais de novos recuperadores e salvapatrias con patente de corso. No medio dun mundo que se derruba sobre nós, aínda soltamos as nosas velas. Non agardamos mesías, a nosa travesía é incerta, non acepta capitán nin almirante e tampouco temos, nin queremos, un destino fixado. Tampouco queremos illas desertas por moi paradisíacas que semellen na distancia, porque o deserto é precisamente do que fuximos. Imos na procura de aventuras prohibidas, de momentos salvaxes e comunidades rebeldes coas que encher o baleiro que produce este xeito de vivir e morrer, e no camiño, atopámonos co verdadeiro valor de toda esta historia. A afinidade e as relacións que imos creando e forxando, fan aumentar a nosa tripulación e escribimos xuntas neste noso caderno de bitácora narrando ou sendo eco de guerras que para os voceiros do poder non existiron, pero que para nós teñen rostros, cicatrices, nomes e baixas. Un conflito cada vez máis inminente achégase no horizonte amosando os seus tentáculos coma se do mitolóxico Kraken se tratase. As nosas urbes occidentais comezan a coñecer a inseguridade, e os exércitos toman as rúas coa excusa dun terrorismo deseñado entre pantallas. Nos portos, cada vez máis vixilancia, tecnoloxía e control, ilegalizan seres humanos pero abren as súas portas e facendas á mercadoría. Nós seguimos adiante, enfrontando o temor, experimentando e saboreando aos poucos esa liberdade que nos dixeron inalcanzable pero que nós sabemos posible, mentras vellos e novos inimigos desenfundan as súas armas e cargan os seus cañóns, apuntando ás nosas utopías e os nosos corpos. Nós non viraremos o rumbo, antes afundir. Que veñan! Vémonos nos mares revoltos...  22 may. 2017 7:07 Abordaxe Blog
Ċ
Ver Descargar
Voltamos lanzarnos á aventura. Por quinta vez consecutiva levamos áncoras, aparellamos velas, aprovisionamos as nosas bodegas cunha boa dose de material subversivo e revolucionario e aproamos o desafío de inflamar conciencias polos mares da tinta e do papel. Atrás deixamos os nosos cómodos refuxios internáuticos, desde os que, cos pés na terra firme do soporte dixital, desenvolvemos tamén o asalto de institucións, dogmas e autoridades. Pero o sabor da tinta solivianta con máis forza o noso espírito rebelde, por iso deixamos a munición grosa e o calibre pesado para as nosas aventuras sobre o papel. Internet é para a noticia, para o consumo inmediato, quizais para algún texto reflexivo que urxa ser publicado; gardamos para a revista as nosas mellores andanadas de furia libertaria. Non é senón no formato físico onde mellor e con máis saña destripamos o cadáver ambulante desta sociedade capitalista e autoritaria, onde máis alegremente pasamos pola quilla os principios que a sustentan e onde máis nos divertimos empurrando pola táboa aos seus valedores, representantes e falsos opoñentes. Así que aquí estamos de novo, dispostos a facer tambalear os cimentos da democracia desde a nosa modesta condición de bucaneiros da conciencia.  11757 kb v. 2 16 jun. 2016 11:36 Abordaxe Blog
Comments