2): Segundo a idade, lingua e cultura de orixe e nivel educativo do alumno/a precisaremos de diferentes ferramentas para comunicarnos con eles. A continuación, ofrecémoslles unha lista de recursos para posibilitar a comunicación co alumno, tanto na aula como para orientalo nas rutinas diarias, espazos da escola, normas de convivencia, etc…
2.1 Banco de Pictogramas do ARASAAC (Centro Aragonés de Comunicación Aumentativa y Alternativa):
Banco de pictogramas organizado en categorías. Podemos acceder buscando por palabra e/ou campo semántico,así como editar e descargar o pictograma segundo as necesidades da aprendizaxe. https://arasaac.org/pictograms/search
Caderno pictogramas ucraíno-español:
https://arasaac.org/materials/es/4273
Pictodiccionario árabe-rumano-español
https://arasaac.org/materials/es/1458
Tamén dispón de numerosos materiais para a apredizaxe do español basada en pictogramas e palabras: https://arasaac.org/materials/search
Máis información sobre SAAC e o seu uso, https://arasaac.org/aac/es
Documentos bilingües de ELE CAREI (Centro aragonés de referencia para la equidad y la innovación):
https://sites.google.com/view/materialelecarei/inicio/documentos-biling%C3%BCes?authuser=0
2.2 Libretas de comunicación: Son ferramentas de apoio á comunicación constituidos por símbolos gráficos. CACE-UTAC (Unitat de Técnicas Augmentativas de Comunicació) ofrece un exemplo xenérico de libreta de comunicación con materiais para elaborala.
https://www.dropbox.com/s/i5kl1976jbav8ts/CACE_15_categorias_agrupadas_Castellà_4x5_180621.docx?dl=0
1): Catro ideas (para a didáctica intercultural / educación e interculturalidade):
a.- Valorar a cultura de orixe do alumnado (por exemplo, facendo un traballo na aula sobre a mesma).
b.- Respectar á familia como “lugar cultural”. O que sucede nas casas é rico, e o que sucede na escola é rico tamén, aínda que diferente.
c.- O patio de recreo debe estar definido como área intercultural.
d.- A web do centro como lugar para traballar a linguaxe e colgar as novas nas diferentes linguas.
● Mesturar os contextos familia-escola é ameazar a identidade dos rapaces e rapazas.
● A lingua da escola é unha lingua case estranxeira. O Alumnado doutras culturas aínda non ten as vivencias precisas para que a lingua da escola teña sentido. A ausencia de sentido chega a ser para eles un costume, chegando a perder o funcionamento mental consistente en asociar na súa cabeza as palabras coas imaxes mentais.
● A verbalización é orixe da aprendizaxe, e é condición para a súa realización.
No proceso comunicativo hai datos verbais e non verbais. Os non verbais son o medio que os alumnos e alumnas, de xeito consciente ou inconsciente, usan para comunicar calquera cousa cando non teñen palabras para expresalo, ou ben porque non poden ou ben porque non saben. Isto, polo tanto, convértese nun acto de comunicación en si mesmo se o profesorado o ten en conta e si se axuda ao alumnado a “traducir” o non-verbal a palabras.
– Hai algo que non funcione? Que pensas ti que che pode axudar a aprender a lingua española? A partires de aquí, pódense escribir na pizarra as visión que as rapazas e rapaces teñen da aprendizaxe do español. E sempre aparecerán primeiro as máis afectivas e viscerais, e despois as máis analíticas. Débese deixar que a conversa avance ata chegar ás máis analíticas. A imaxe do seu propio pensamento, e da posta en marcha doutra visión máis complexa do problema, está alí.
– Tamén podemos pedir ao alumnado que faga listas de palabras da idea sobre a que queremos afondar: que é para ti aprender español? Incluso se lles pode pedir que engadan a palabra oposta para que nos axude a delimitar a idea que intenta expresar o alumno ou a alumna.
– Pódese escribir unha frase provocadora e anotar as reaccións: "as conxugacións en español son fáciles", por exemplo...
Ollo coa retranca, o sarcasmo ou os refráns... Non os van entender, e sobre todo se o resto da clase se ri vanse sentir excluídos. Se se usan hai que ser consciente disto e explicar o significado.
– Escribir o día a día e comparar o que facían no seu país co que fan os rapaces e rapazas de aquí e o que lles “chama a atención” a ambos grupos. Prodúcese así un intercambio de “saberes”.
– Traballar falando de música “comercial” e os bailes (tuerquing, capoeira... rap... breakdance... regaetton...) e atopar gustos comúns.
– Festas populares: comparar e buscar similitudes, por exemplo nos bailes
Debemos ter en conta que é difícil facer que se adopten as normas lingüísticas da escola sen ter en conta os problemas psicolóxicos que corren paralelos a esta aprendizaxe, sen valorar a lingua do alumno e considerala como un punto de partida da aprendizaxe. A súa lingua é o reflexo das súas vivencias. Polo tanto precisamos crear unha lingua de comunicación a partires da vivencia persoal do alumnado.
__________________________________________________________________________________________
2.3 #SoyVisual. Sistema de Comunicación Aumentativa: Fotos, láminas e materiais de aprendizaxe clasificados por temas, competencias e áreas lingüísticas. https://www.soyvisual.org Hai unha versión app móvil ou tablet con actividades.
2.4 PictogramAgenda:
Aplicación informática para a xeneración e uso de axendas visuais. Permite a presentación secuencial de tarefas con pictogramas con ou sen palabras. Acepta a descarga de imaxes dos catálogos ou bancos de pictogramas SoyVisual e ARASAAC. https://www.pictogramagenda.es
2.5 “Escuelas Visuales”:
Programa de acompañamento na incorporación de ferramentas visuais no día a día do centro para todos os alumnos e alumnas.
https://aulaabierta.arasaac.org/archivos/Items%20de%20portfolio/escuelas-visuales-fundacion-orange-aprendices-visuales-arasaac
https://www.escuelasvisuales.com
3): AULA Intercultural
Portal web destinado a dotar de ferramentas ao profesorado e profesionais que traballan na educación en contextos multiculturais. O portal consta de formación ao profesorado, materiais didácticos, campañas de sensibilización, bibliografía y publicaciones.
https://aulaintercultural.org
ÚTILES QUE AXUDAN A ESTABLECER UNHA RELACIÓN NA AULA
– Non falar de receitas absolutas cun modo de emprego estrito. Todas as regras varían segundo a persoa receptora. Deben ser interdisciplinares.
– Usar técnicas de axuda á verbalización, posto que esta é imprescindible para a aprendizaxe.
– Facer propostas a partir do vivido polo alumnado, do que sinte, do que sabe e do que fai, pero explicitado debidamente.
– Conceder -ao profesorado- ter a posición de mediador entre o alumnado e “o saber”
Os rapaces e rapazas doutras culturas non teñen as mesmas crenzas nin usan as mesmas estratexias de aprendizaxe que os compañeiros e compañeiras de orixe española.