Colectivo con fondas raíces culturais, nas que a familia, e sobre todo o pai representa unha figura con poder de decisión case absoluto. É interesante saber se o pai e a nai traballan e polo tanto están moitas horas fóra da casa, porque iso significa que ese alumno carecerá da figura que exerce o control.
A lealdade e as obrigas da familia teñen prioridade sobre as obrigas cara os amigos, un traballo, a escola ou as necesidades persoais. O honor e a dignidade dunha persoa proveñen da súa familia, e este honor é máis importante cos feitos. Unha persoa árabe normalmente crerá nas persoas, non nas institucións. Tendo isto en conta, seranos máis fácil establecer unha relación de complicidade co alumnado da aula.
É altamente recomendable coñecer á familia, posto que o que o pai diga será estritamente respectado polos fillos e fillas. Tamén é moi conveniente coñecer o día a día na familia deste alumnado e as razóns polas que migraron, porque isto axudaranos a integralos mellor nas aulas.
O respecto ao profesorado é unha permanente. O profesorado en Marrocos, por exemplo, ten permitido pegar ou castigar ao alumnado, e por iso se lle ten medo; cando o alumnado descobre que non sucede así en España, pode amosar rebeldía porque saberá que non será castigado. Pero se perciben que as normas da escola son para todos, as respectarán porque senten que son igualitarias para autóctonos e migrantes.
En Arxelia as actitudes son máis similares a España. A relixión transmítese no marco intrafamiliar: abordala na escola seguramente vai implicar unha desconexión por parte deste alumnado e perderase o “enganche” e a atención. Ao mesmo tempo a práctica relixiosa condiciona comportamentos.
Para os recentemente chegados, é mellor non poñer exames na festa de Eid fetr (a festa de dous días xusto despois de Ramadán) e na Festa do Cordeiro. Ámbalas dúas festas teñen un peso cultural similar ao Nadal en España. Cando xa leven máis tempo en Europa, seguramente perderán un pouco estas tradicións
No referente á formación en sexualidade que se imparte como programa do centro, é importante coñecer o nivel educativo dos pais e nais para ver como falarlles da formación que se dá ao alumnado. Se a familia provén do rural, pode ser interesante contar coa figura dunha persoa mediadora que saiba como falarlles da importancia e dos contidos que se van a abordar, e explicar que se traballará Educación sexual para a saúde, e que non se trata de enfocar como liberdade sexual. A sexualidade é un tema tabú, e as familias non deben ver esta formación como unha animación a que experimenten co sexo.
● As relacións diferentes da heterosexualidade non son aceptadas entre a xente relixiosa; e entrará en contradición o que as rapazas e rapaces escoitan na casa co que reciben na aula. Enfocar estas relacións cara ao respecto pode axudar ao profesorado.
● Diferenzas de xénero: Estamos ante unha cultura que amosa liberdade e permisividade para cos varóns cunha falla de control sobre eles, o que pode desembocar en absentismo. Isto é debido a que en Marrocos non se persigue este absentismo escolar, e incluso os pais non teñen costume de avisar ao centro no caso de que os fillos e fillas vaian a ausentarse. Este é un tema que se debe deixar claro aos pais e nais desde o primeiro día que se incorporen ao colexio xa que se poden cometer fallas por descoñecemento do novo sistema escolar.
● Con respecto ás rapazas, é común o pensamento entre elas de que como ao final o seu destino é casar, para qué estudar? A muller sinte que vai haber alguén (o marido) que cargue con todas as responsabilidades da casa, e como ela non as vai ter, non precisa de formación.
● Como nota común, estamos ante unha cultura do “si”. Dicir “non” é descortés. Porén un "si" non nos asegura unha certeza...
Ademais non se expresan os sentimentos: a incomodidade, a vergoña, ...
Unha persoa árabe é quen o seu idioma é o árabe e a súa cultura é a árabe. Ser árabe está vinculado á etnia e non á relixión. Un árabe non ten porque ser de relixión musulmá. Por exemplo: Líbano, moita da súa poboación é xudía árabe. E similar ao que acontece en Europa: se pode ser europeo e non ser cristián.
Unha persoa musulmá é quen profesa a relixión musulmá, baseada no Corán e nos relatos de Mahoma. Por exemplo: Paquistán é un país musulmán pero non é árabe, senón maiorías punjabies e pastúns. Un Islamista é quen fai da relixión unha ideoloxía e política. Definir a cultura musulmá é realmente moi difícil debido ao feito de que é moi diversa. Vai ser diferente segundo os países, rexións, costumes e tradicións onde se inseriu o Islam.
A palabra moro provén da época romana para referirse á poboación do norte de África. Entre esta poboación se encontraban os Bereberes pero non a poboación árabe, que chegou séculos máis tarde ao norte de África. Hoxe pode ser un término con connotacións pexorativas e se usa indistintamente para referirse á xente do Norte de África sen diferenciar relixión, etnia ou cultura.