PEQUEVIVES

AZUIS

BIBLIOPATIO




Chegou a primavera e co bo tempo podemos disfrutar da lectura no recreo


DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA

O 17 de abril  celébrase o Día da educación Física na Rúa co fin de expoñer á sociedade os beneficios desta área.

Nesta ocasión realizamos unha sesión de IOGA no patio do colexio.

Todos preparados con roupa deportiva e unha esterilla ou toalla fixemos esta actividade con moitas ganas e aprendimos o importante que é estar ben tanto fisica como mentalmente.

ENTROIDO 2024



Chegou no cole a semana do Entroido e como cada ano seguimos as ordes do Meco

O luns de SUPERHEROE

0 martes PROFESIÓNS

O mércores uns de policias e outros de ladróns

Os policias

Os ladróns

e... todos xuntos, policias e ladróns

O xoves en pixama

O venres de CAVERNÍCOLAS  como os personaxes da nosa película "LOS CROODS"


SORPRESA

Xa estamos de volta outra vez  despois das vacacións do Nadal.


Entramos a clases é...SORPRESA!


Había un agasallo ao carón da nosa árbore!

e tamén unha carta dos Reis Magos...que emoción! 

Nela dicía que nos deixaron ese agasallo porque nos portamos moi ben e que tiñamos que gozar dos meses que nos quedaban de infantil porque en breve estaremos en primaria.

A carta foi asinada polos tres reis: Melchor, Gaspar e Baltasar


Sen perder moito tempo abrimos o agasallo


Que fermosa forma de comezar de novo!


FELIZ 2024




Un ano máis, o último día do cole, antes das vacacións de Nadal, vestimos as nosas mellores galas para celebrar o noso particular FIN DE ANO.



Xa estamos preparados para escoitar as badaladas e comer  "as uvas"

VID_20231221_115946.mp4

e a festa sigue....a bailar!

VID_20231221_120839.mp4

Para sorpresa de todos tivemos unha visita moi especial

LUVITECA

Chegou o día de ir á LUVITECA a buscar libros, que ilusión! 

Por fin podemos levar contos a casa como os cursos anteriores.


Pero cando chegamos a porta estaba pechada!

Que pasa?



      Voltamos á clases moi decepcionados agardando unha resposta...



                     e foi o propio LUVI quen nos enviou unha mensaxe


LUVI.MOV

Somos nós os que temos que buscar a chave da LUVITECA!

Breakout bilblioteca.pdf

Antes de comezar estas probas recibimos outra mensaxe:





Debido ás inclemencias meteorolóxicas, as probas realizaranse na aula de psicomotricidade e no salón de actos e non no ximnasio, que estará ocupado polos compañeiros das outras  etapas.


Chegou o momento de facer as probas!

Que emoción!

Primeira proba:







En tríos, cada grupo ten que moverse cun aro, suxeitandoo co queixo e sen usar as  mans.


Segunda proba:






Todos en círculo, agarrados,  teñen que pasar un aro sen soltar a man.


Terceira proba:





Busca no salón de actos tarxetas de palabras para organizar a frase e así saber onde atopar a chave que abre a biblioteca.


Atopamos as tarxetas, así que temos que ordenalas e ler o que di


Buscamos no escenario e atopamos a chave.


Xa temos a chave, podemos ir á LUVITECA a buscar os libros.



Que sorpresa cando entramos! LUVI agardábanos.




LUVI lembrounos as normas de préstamo:



Obxectivo conseguido, Luvi deunos a bolsa dos libros.

Agora temos que gozar e disfrutar coa lectura!


CURSO 2023- 2024

Comeza outra vez un novo curso, o último da nosa etapa de Infantil, o último con mandil azul.

Un ano máis para aprender, construír, crecer, gozar, compartir, rir, xogar,...





EXCURSIÓN 2023

MARCELLE NATUREZA

NESTE ANO A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO FOMOS A MARCELLE NATUREZA. VIMOS MOITOS ANIMAIS QUE VIVEN NUN LUGAR FERMOSO CHEO DE ÁRBORES E VEXETACIÓN.

CAMIÑAMOS POLO PARQUE E  EXPLICARONNOS TODO O QUE VIMOS. CANTO APRENDEMOS E QUE BEN O PASAMOS!


EXCURSIÓN.mp4

Á hora do xantar recuperamos forzas para continuar pola tarde coa nosa ruta polo parque.


Xa de volta a casa no autobús... un pouco cansos pero contentos por este fermoso día!


VISITA Á BIBLIOTECA DA VALENZÁ

O venres 26 de maio visitamos a biblioteca da Valenzá.

Fixemos moitas actividades divertidas.

Moitas grazas por convidarnos!


COÑECE A TÚA CIDADE

O Concello de Ourense organiza unha actividade para poder coñecer  a  nosa cidade: Ourense

Moi animados e con moito entusiasmo  percorrimos algúns dos lugares máis importandes. Que bo paseo fixemos!

O primeiro sitio que visitamos foi As Burgas.

Nas Burgas tocamos a auga....está quente, moi quente!!!

Visitamos a Praza Maior

Paramos na rúa de San Martiño que é a máis pequena de Ourense e na que está a torre coa figura do santo patrón da nosa cidade.

Na  Catedral estivemos vendo as tres entradas que ten. Na entrada oeste só pudemos ver as escaleiras porque están a limpar a fachada. Non puidemos ver o interior da catedral pero dixéronnos que dentro está o Santo Cristo.


8 de marzo

Día Internacional da Muller

Os nenos e nenas de infantil participamos na elaboración dun mural, coloreando e pegando mulleres traballadoras, recordando neste día a loita das mulleres pola  súa participación na sociedade e o seu desenrolo íntegro como persoa.

ENTROIDO

Como é tradición no cole, un ano máis, seguimos estas instruccións do MECO na SEMANA DO ENTROIDO


Se o luns cómodo queres vir, de DEPORTE terás  que vestir

O martes ao sair da cama non quites o PIXAMA

O mércores se ben te queres ver, ELEGANTE tes que ser

Se o xoves na festa queres sorrir, DO QUE QUEIRAS tes que vir

O venres, se a volta ao mundo queres dar, do PAÍS da túa clase te terás que disfrazar

Disfrazámonos  de TULIPÁNS que  é a flor  que caracteriza ao país que estamos a coñecer: os PAÍSES BAIXOS 

Participamos na comparsa do ENTROIDO pola Valenzá.... que ben o pasamos!

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro conmemoramos no noso cole o día da Paz e da Non Violencia.

Neste día lembramos a importancia dunha educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respeto ós Dereitos Humáns, a non violencia e a Paz

  BO NADAL E FELIZ 2023

Nadal 2022-1.mp4

Moitas grazas Marcos por compartir o vídeo do noso Festival e así disfrutar todos da boa actuación dos nosos pequenos e pequenas artistas.

891- Luis Vives - Actuaclion Navidad 5º Infantil.mp4

SAMAÍN

Pasamos unha semana terroríficamente divertida....adornamos a clase con pantasmas, fixemos arañas danzantes, levamos cabazas decoradas ó cole,......BRRRR!!!


Luvi veu buscarnos para ir á biblioteca.


Alí estaban os compañeiros e compañeiras de 6º de primaria para representar  dúas obras de teatro.


                            A BRUXA REGAÑADENTES                                                                                                                        O PAPÓN

A LUVITECA

Fomos de visita a biblioteca do noso cole, A LUVITECA,  como actividade  de inicio do curso.

Para entrar na Luviteca tivemos que pasar  un labirinto cheo de axouxeres. Saltamos, arrastrámonos, doblámonos,... ata poder entrar.

 Luvi recibiunos na Luviteca e deunos a benvida.

Luvi deunos unha bolsa chea de contos para que, como o ano pasado, todos os venres podamos  levar a casa un libro para ler con papá, mamá, o avó, a avoa,...

CURSO 2022-2023

Empezamos  ó cole cargados de enerxía para iniciar este novo curso. Con moito entusiasmo e ilusión volvemos a reencontrarnos con nosos compañeiros e compañeiras e tamén coas profes.

Xa estamos preparados para xogar, aprender, rir,

imaxinar, crear,...


VEXO, VEO XACOBEO 2

Terminamos o curso compartindo o vídeo resumo da actividade do Plan Proxecta “VEXO, VEO XACOBEO” feita no noso cole pola Xunta de Galicia a través  da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.


EXCURSIÓN

GRANXA ACOUGO

O 25 de maio tivemos a nosa primera excursión fora do cole todo o día. 

Foi unha saída emocionante e divertida na que compartimos todos xuntos momentos inolvidables en contacto coa Natureza.

A nosa aventura comenzou dende o momento que subimos no autobús

E o final do día volvimos así...un pouco cansos pero felices!

untitled_7_0.avi




Co casco e co arnés ben postos lanzámonos pola tirolina










Puxemos os chalecos salvavidas e demos un paseo en barca












Vimos cabras e ovellas e ata lles demos de comer!



















       Aos parrulos a as galiñas tamén!













"Camiñamos polo aire" facendo equilibrio nunha corda

VID-20220525-WA0064.mp4



Foi o cumpleanos de Martina e como non podía ser doutra maneira todos cantámoslle o "Cumpleanos feliz"

CON TANTA ACTIVIDADE TIVEMOS QUE REPOÑER FORZAS!

A media mañá convidáronnos a comer froita:

mazá e plátano. 

Que rico!

  E chegou a hora de comer!

Recordaremos sempre este día tan especial!

EXCURSIÓN_0.mp4

MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA

Que boa idea foi traer ao cole  bicis e patinetes! 

Todos os días da nosa “SEMANA SOSTIBLE” saímos ao patio, co casco ben posto, a facer recorridos e circuitos.


untitled_6_0.avi

Foi unha actividade:

 SAUDABLE,  ao aire libre  que nos fixo mover e disfrutar.

SOSTIBLE,  e así axudamos a conservar o medio ambiente.

SEGURA,  para movernos tanto como peatóns como "conductores".  


QUE BEN O PASAMOS!


VEXO, VEO XACOBEO 1

Vexo, veo Xacobeo é o plan proxecta que traballamos os nenos e as nenas de 4º de infantil este curso.


Tina Calixtina é a tartaruga peregrina a quen nos axudamos a facer o camiño pola Vía da Prata. Ensinámoslle a nosa cidade e os seus monumentos máis importantes.

Disfrutamos dun contaconto  no que aprendimos a  través da escenificación e a palabra aspectos e valores do Camiño e do Xacobeo. 

VEXO, VEO XACOBEO.mp4

Os nenos e as nenas axudamos a Tina Calixtina a explicar o Camiño de Santiago que vai pola Vía da Prata e que pasa por Ourense.

Hai que facer clic nas  frechas que  están  a dereita das imaxes e así pedemos escoitar a Tina.

O camiño tamén pasou por o noso cole e para facelo vestimos coa roupa que ten a estrela  que é a que sinala o Camiño de Santiago

CHÁMOME

Aprendemos a escribir o noso nome

  ENTROIDO

A semana do Entroido foi moi divertida!

Seguimos as instrucción do MECO que organizaron  os compañeiros e compañeiras de 4º da ESO

SE O LUNS DE NENO OU NENA QUERES CAMBIAR, UN NOVO LOOK TERÁS QUE PROBAR

SE QUERES SER UN BO GALANTE O MARTES DEBES VIR ELEGANTE

O MÉRCORES CANDO SAIAS DA CAMA NON QUITES O PIXAMA

SE O XOVES DE ENTROIDO VAIS VIR, DO QUE TI QUEIRAS VASTE VESTIR

PARA A COMPARSA PODER ASISTIR, O VENRES DE "VIVES EN OURENSE"     TES QUE VIR

Con moita emoción formamos parte da comparsa do cole "VIVES EN OURENSE"

Día da Paz e da Non Violencia 

O 30 de xaneiro celébrase o día da Paz e da Non Violencia para recordar a importancia de educar no respecto, a tolerancia, a solidariedade e a concordia  e o respecto ós Dereitos Humanos.

Por este motivo fixemos entre todos un mural pintando de branco unha pomba  e unhas mans  e  de moitas cores a palabra PAZ


Como cada ano  desfrutamos  da música cunha canción do “Día da Paz”.

A deste curso é “UN MAR DE XENTE “, unha versión en galego da coñecida canción de John Lennon "Imagine"


FELIZ 2022

O último día de cole, antes das vacacións do Nadal, tivemos a festa de fin de trimestre. 

TOMAMOS  AS "UVAS"

E BAILAMOS

O MAGOSTO

No Magosto pasámolo moi ben! Comimos castañas e...

 no ximnasio había moitísimos xogos...mirade! 

Sí, xa  sabemos son moitas fotos,... pero queremos compatir todas!

O SAMAIN

O día do Samaín unha bruxa invitounos a súa guarida e fixo unha pócima máxica para non ter medo 


e o chegar a clases fixemos a pócima...que divertido!

A VISITA DE LUVI

LUVI dexounos libros da LUVITECA para levar a casa os venres e poder disfrutalos con papá e mamá

Aprendimos as normas que nos dixo LUVI para coidar os libros  e os luns valoramos os contos poñendo pegatinas de cores

AS RUTINAS DO DÍA

 Ó chegar a clases colocamos a mochila na silla, a chaqueta na percha e collemos o mandilón

e poñemos o mandilón

Cada día temos un encargado o encargada na clase e pon o  día da semana e o tempo que fai





O encargado sempre fai o seu retrato

   BENVIDOS



Na nosa páxina imos mostrar cousiñas que facemos no cole, esperemos que sexa bonita e divertida!