"O Museo que VIVES" é o noso Proxecto de centro para o curso 2024 /2025
"O Museo que VIVES" é o noso Proxecto de centro para o curso 2024 /2025
Este ano desenvolvemos un proxecto educativo no centro baseado na creación de museos.
No 4º curso de Educación Infantil traballamos e creamos un MUSEO CONTEMPORÁNEO.
No noso museo contemporáneo reproducimos ou reinterpretamos obras de varios artistas, baseándonos na nosa propia experiencia e creatividade.
Compartimos o seguinte vídeo que recompila o traballo que fixemos os nenos e nenas. Este material audiovisual amosa o proceso creativo, a variedade de técnicas empregadas e o resultado final de cada peza.