VdM

Nº 4. Xuño 2021

Todos sabemos que o Virxe do Mar desborda talento, e todos temos algunha amiga ou compañeiro capaz de debuxar o que para nós sería pouco menos que imposible. Por iso queremos amosarvos neste número algunha pinga deste talento que nos acompaña no día a día. Quen sabe, tal vez algún día no futuro vexamos algún destes nomes nunha galería de arte...

Un ano máis chegou a tan temida ABAU, e un ano máis os nosos alumnos e alumnas conseguiron superala cun éxito notable. Dámoslle voz a dous compañeiros de 2º Bacharelato que veñen de realizar (e superar con éxito) esta proba, para que nos conten a súa experiencia.

Como xa sabedes, este ano as Letras Galegas estiveron dedicadas a Xela Arias. Baixo a coordinación de Nacho Rodiño, os rapaces e rapazas de 1º e 3º ESO quixeron lembrar a esta escritora elaborando uns materiais moi interesantes, que vos presentamos neste número.

As reaccións químicas están presentes na nosa vida diaria, en moitas accións cotiás, sen que sexamos conscientes. A profesora (e directora) Teresa Rodríguez explícanos nun interesante artigo o papel da química na preparación e conservación dos alimentos.

Todos o coñecemos como Mario, o conserxe, que nos ten axudado máis dunha vez no día a día do instituto. Quixemos entrevistalo para que coñezades outras facetas da súa vida, dentro e fóra do centro.

Agora que comezan as vacacións sempre está ben ter algunhas lecturas a man coas que pasar o noso tempo de lecer, xa sexa na casa, na praia, de vacacións.... Algúns rapaces e rapazas de 1º ESO, coordinados pola profesora María Ocampo, presentan neste número da revista algúns textos que elaboraron durante este curso.

A todos nos soan nomes como Steve Jobs, Elon Musk ou Bill Gates. En cambio, outros nomes como os de Margaret Hamilton ou Luz Rello, son moito menos coñecidos. Por iso os alumnos de TIC de 4º ESO elaboraron uns carteis cos que se pretende dar a coñecer o importante papel que algunhas mulleres tiveron na historia da Informática e a Tecnoloxía. Presentámosvos algúns deles.

A vida sen música non sería vida. Afortunadamente no Virxe do Mar contamos cun departamento, dirixido pola profesora Pilar Melcón, que nos activa musicalmente con actividades como as que vos presentamos aquí.

Como xa se fixo en números anteriores, queremos coñecer de primeira man a vosa opinión sobre o que acontece no centro. Desta volta tocoulle á Semana Cultural. Quixemos saber, a través dunha enquisa, a vosa opinión sobre esta actividade. Como sempre, obtivemos moitas respostas, que resumimos neste artigo.

A profesora Sandrine Sánchez coordinou a realización dun vídeo por parte dun grupo de alumnos do noso centro, en colaboración cun centro de Francia, sobre a influencia do cambio climático no noso entorno. Este vídeo foi presentado a un concurso organizado por Climántica, obtendo un gran resultado.

Trátase xa dunha sección fixa na nosa revista. Gústanos facer un repaso por algunhas das actividades que se fixeron nos últimos meses. Este trimestre foi especialmente intenso, pola celebración da Semana Cultural e as Letras Galegas.

Seguro que, agora que rematamos este curso pandémico, todos tedes un montón de ideas en mente para disfrutar destas merecidísimas vacacións. Pero por se acaso, queremos deixarvos algunhas propostas.

Como sempre, queremos agradecer a todas as persoas que axudaron a encher de contido este número da revista, aportando traballos, participando en entrevistas.... Sen toda esta xente non se podería facer este traballo.

O equipo de redacción da revista VdM quere desexarvos a todos que disfrutedes dunhas moi merecidas vacacións. Vémonos en setembro!

Se che quedou algo pendente, podes reler números anteriores da revista VdM nesta sección.