Concurso Mecano

Os alumnos do Virxe do Mar proclámanse vencedores na 2ª edición do Concurso Mecano

Despois de varias semanas de traballo intenso, os rapaces e rapazas de Tecnoloxía Industrial do IES Virxe do Mar presentaban a súa maqueta robótica no Campus Industrial de Ferrol, gañando o 1º premio. Trátase dun prototipo de sistema de seguridade para túneis e pontes, capaz de detectar os vehículos con altura excesiva grazas a un sensor de ultrasons. Conta con un sistema de aviso visual mediante un panel de LEDs, así como unha barreira intelixente que controla o acceso a unha vía de servizo. A barreira móvese grazas a un servomotor, e dispón ademáis dunha fotocélula para detectar o paso dos vehículos por este punto.

Na primeira fase do concurso fíxose unha difusión do proxecto a través das redes sociais, obtendo o respaldo de centos de internautas. Moitas grazas a todas as persoas que votaron por este proxecto!

Grazas tamén ao Campus Industrial de Ferrol por brindarnos a posibilidade de participar nesta experiencia, e pola atención que nos dedicaron durante a visita do día 31 de outubro ás súas instalacións.