Nodo a TTN polo GW

Proxecto base no que se conecta un nodo a TTN (thethingsnetwork.org) a través do gateway empregando o protocolo LoRaWAN.

2º Configuración e alta do gateway en TTN. O proceso é sinxelo.

Seguimos as indicacións do propio manual do fabricante do gateway LPS8 LoRaWAN de Dragino.

Tamén temos unha presentación de Julia na que se comenta os pasos principais.

3º Crear unha aplicación na plataforma de TTN.

4º Engadir os dispositvos TTGO.

Estamos usando especificacións do The HelTec WiFi LoRa 32 , e os TTGO son unha copia dos Heltec no que cambia o PINOUT.

Seguimos as indicacións das seguintes capturas.

Device addres: dirección do dispositivo (id).

AppSKey: clave da sesión de apliación.

NwkSKey: clave da sesión de rede.

  • Son os valores te teremos que insertar no sketch de arduino para que o nodo poida trasmitir os datos.

5º Programar o nodo TTGO coma se fose un Heltec.

  • Instalar a librería MCCI lorawan Lmic.

Abrir e editar o sktech de exemplo ttn-abp.ino

Eliminar o seguinte código

Editar as variables que conteñen os valores que xeramos en TTN.

  • Device addres: dirección do dispositivo (id).

  • AppSKey: clave da sesión de apliación.

  • NwkSKey: clave do sesión de rede.


Editar o mapa de pines do TTGO coma se sinala na seguinte imaxe.

Editar o ficheiro lmic_project_cong.h da libreria MMCI LoRaWAN LMIOC para que traballe na frecuencia europea 868 MHZ

Gardar o sketch noutra carpeta p.e. Documentos/Arduino/ttn-abp-proba-base.ino

Compilar premendo no botón sinalado na seguinte imaxe.

Subir o skech á placa TTGO, débese ter seleccionado a placa de Heltec Wifi LoRa 32.

6º Verificar en TTN que o nodo se conecta e tansmite a mensaxe "Hello World!" codificado en hexadecimal. Observa a información recibida no nodo da aplicación, unha parte corresponde co ID do dispositivo e o outro é o dato que se envía (payload).

O payload se envía desta forma para reducir a carga de datos. Será decodificado no servidor e almacenado nunha BD, será o próximo paso.

Obxectivo CONSEGUIDO!!!!!!!

Con esto conseguimos conectar o nodo có servidor de rede TTN.

  • Os seguintes pasos serán:

  1. Decodificar a información enviada.

  2. Almacenar a información nun servidor de datos.

Para decodificar, temporalmente, a información enviada a TTN podemos usar o seguinde código en javascript para descifrar a mensaxe que foi enviada orixinalmente en texto plano (non é a mellor forma de enviar información, consume moitos bytes).

  • Podemos mirar o seguinte proxecto para ver como codifican a información.