Comezamos neste curso coa preparación dun novo taboleiro de anuncios para dar publicidade as novas de Correspondentes deste curso 23/24.
Os correspondentes do IES San Mamede serán os encargados de xestionar este taboleiro mantendo ordenado e actualizado ao publicar información de interese para o resto do alumnado.
Serán os encargados de seleccionar a información a publicar fomentando así o seu espírito critico e maduración persoal.
A parte disto daranlle publicidade a través das súas redes sociais.
Actualizarase a conta de Instagram de correspondentes do IES San Mamede, #correspondentes.mamede, para así difundir as novas máis interesante e chegar mocidade por un dos medios que máis emprega hoxe en día.
#correspondentes.mamede
https://www.instagram.com/correspondentes.mamede?igsh=MTlkd3Jidzh5b2M3ag==
Periódicamente os correspondentes actualizan o taboleiro. Engaden novas de interes e retiran as que xa non estan de actualidade (concursos pechados, axudas fora de prazo,...)
Ainda en datas sinaladas coma o Entroidos, os correspondetes do San Mamede traballan arreo!!
Nesta ocasión os correspondentes, no medio do curso escolar, déronlle unha volta ao taboleiro para ver como podían atraer en maior medida a atención sobre el.
Acordóuselles dar algo máis de publicidade aos concursos nos que a mocidade pode gañar cartos, engadindo unha sección en vermello co título “Gustaríache gañar cartos??”. Se a mocidade presta atención nesta sección, logo botaralle un ollo ao resto por se acaso .....
En xaneiro visitáronnos dúas responsables do carné Xove para darlle visibilidade ao mesmo e dar a posibilidade de facelo ou activalo no IES.
A visita foi un éxito, e moitos mozo e mozas puideron facer o seu carné Xove ese día.
Na imaxe vemos onde estaba situado o posto e como llo preparamos no IES.
Os correspondentes deseñaron un díptico para dar publicidade á rede de novas de interese para a mocidade que había no IES e así podelo repartir na feira iMPulsa organizada polo orientador de Ayuda en Acción.
O resultado foi un díptico moi vistoso no que amosaban tanto enlaces asredes sociais do IES así coma a web de Xuventude da Xunta.
https://www.instagram.com/correspondentes.mamede?igsh=MTlkd3Jidzh5b2M3ag==
A feira iMpulsa - Creando oportunidades para o futuro, é unha feira na que se reúnen diferentes entidades para orientar e axudar á mocidade a atopar a súa vocación.
Como non, os correspondentes tiveron o seu posto en dita feira para dar a coñecer o programa e difundir os diferentes medios nos que a mocidade pode atopar información.
Fixeron turnos para non deixar o posto valeiro durante a feira que durou toda a maña. Xestionaron perfectamente os seu turnos e ademáis decoraron con moito xeito o posto e a traseira para darlle visibilidade.
O noso tabboleiro sempre actualizandose.
Os correspondentes asumiron esta tarefa de xeito moi responsable e sempre se preocupan pola actualización do taboleiro.