Avoas

Durante este curso xa falamos varias veces sobre os traballos das mulleres, moitas veces pouco visibles e pouco valorados. Neste sentido, as avoas teñen moito que contar.

Tanto avoas como avós son portas vivas a outros mundos, a espazos, coñecementos e historias que, aínda que ás veces non recoñezamos, tamén están en nós. Por todo isto te animamos a recoller e escribir a historia de vida da túa avó ("de sangue" ou "de afectos"). Non esquecemos os avós, mais a conversa con eles, xa a deixamos para o curso que vén.

Nesta infografía encontrarás algúns consellos.

Nas seguintes ligazóns podes ver exemplos:

Dous exemplos de "Mecas" elaborado polo IES As Bizocas do Grove.
Mulleres galegas. Documentais e historias de vida recopilados por Maos
Historias de vida recollidas polo alumnado do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas.
Máis historias de vida recollidas na web dos "jubiletas" De vella a bella
Documental Avoas de de Andrea de la Iglesia Piñeiro.

Aquí podes desacargar as preguntas que che suxerimos (para comezar):

Queres coñecer máis vidas de avoas ou ver máis traballos sobre o tema?

Na biblio encontrarás as seguintes bandas deseñadas:

Regreso al Edén, Paco Roca (2020)
Estamos todas bien, Ana Penyas (2017)
El ala rotam Kim e Antonio Altarriba (2010)

A seguir, algúns documentais e traballos sobre os saberes das avoas, mais se queres ver traballos deste tipo, o mellor e visitar a páxina de Maos onde fai unha gran selección de audiovisual galego sobre memoria de mulleres.