Participamos na II Feria de Compañías LÓVA en Madrid


Ponteareas, 18 de marzo de 2024

O 15 de marzo, Os Barraleiros viaxamos a Madrid para participar na II Feria de Compañías LÓVA, que se celebrou no Real Teatro de Retiro.


Para poder participar na feria tivemos que montar un stand que representara a nosa compañía e o noso tema.


Por cuestións de orzamento, só puideron ir catro persoas, pero toda a compañía participou: os de escenografía e iluminación deseñaron o stand, os de produción e rexedoría encargáronse de facer as chapas e de toda a loxística, os de caracterización fixeron un moodboard das personaxes, os de comunicación fixeron o vídeo para a feira e deseñaron os carteis, os de interpretación e escrita remataron as biografías dos personaxes e os de composición fixeron a melodía para o vídeo. Grazas a toda a compañía polo estupendo traballo!


Na feria participaron 35 compañías LÓVA, pero nós eramos os únicos galegos. Ademais de montar o stand falamos coas demais compañías e intercambiamos chapas, experiencias e ideas.


Tamén realizamos obradoiros de caracterización, escenografía e de teatro.


Ao final da feria entregáronnos as caixas que gañamos a través dun sorteo no que tivemos que facer un audio falando sobre que é LÓVA para nós. Unha das caixas contiña 13 campás musicais e a outra era una caixa chea de ferramentas, que nos axudarán moito e que temos que coidar para entregalas o próximo curso á seguinte xeración de LÓVA.


Equipo de Comunicación de LÓVA