Cursos de especialización 2022-23

Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación

Módulos do curso e carga horaria

5027 Ciberseguridade en proxectos industriais. 100 horas/curso 120 sesións/curso

5028 Sistemas de control industrial seguros. 120 horas/curso 144 sesións/curso

5029 Redes de comunicacións industriais seguras. 140 horas/curso 168 sesións/curso

5030 Análise forense en ciberseguridade industrial. 180 horas/curso 216 sesións/curso

5031 Seguridade integral. 180 horas/curso 216 sesións/curso

Total: 720 horas/curso 864 sesións/curso

Cada sesión de clase ten unha duración de 50 minutos.

Planificación do curso (A seguinte planificación é provisional)

Inicio de curso: 15/09/2022 (xoves)

Fin de curso: 21/06/2023 (mércores)

Primeiro bloque: B1

Inicio B1: 15/09/2022 (xoves)

Fin B1: 03/02/2023 (venres)

Módulos:

5027 Ciberseguridade en proxectos industriais. 8 sesións/semana

5028 Sistemas de control industrial seguros. 9 sesións/semana

5029 Redes de comunicacións industriais seguras. 10 sesións/semana

Total: 27 sesións/semana

Horario:

O bloque 1 desenvolverase en horario de tarde-noite, variando entre as 16:00 e as 21:50 segundo o día da semana.

O número de sesións diarias será entre 4 e 6 segundo o día da semana.

Ao longo do curso se desenvolveran algunhas xornadas telematicamente, en modalidade non presencial a distancia.

A concreción horaria publicarase nesta mesma páxina en canto estea dispoñible.

Segundo bloque: B2

Inicio B2: 06/02/2023 (luns)

Fin B2: 21/06/2023 (mércores)

Módulos:

5030 Análise forense en ciberseguridade industrial. 13 sesións/semana

5031 Seguridade integral. 13 sesións/semana

Total: 26 sesións/semana

Horario:

O bloque 2 desenvolverase en horario de tarde-noite, variando entre as 16:00 e as 21:50 segundo o día da semana.

O número de sesións diarias será entre 4 e 6 segundo o día da semana.

Ao longo do curso se desenvolveran algunhas xornadas telematicamente, en modalidade non presencial a distancia.

A concreción horaria publicarase nesta mesma páxina en canto estea dispoñible.

Condicións de acceso

Para acceder ao Curso de Especialización en Ciberseguridade en entornos das tecnoloxías de operación é necesario estar en posesión dalgún dos seguintes títulos:

  • Técnico Superior en Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos.

  • Técnico Superior en Mantemento Electrónico.

  • Técnico Superior en Sistemas Electrotécnicos e Automatizados.

  • Técnico Superior en Mecatrónica Industrial.

  • Técnico Superior en Automatización e Robótica Industrial.