Oferta educativa Bacharelato 2022-23

A carón de cada materia indícase o número de sesións semanais da mesma para ESO, Bacharelato e FPB, e o número de horas anuais totais do módulo para ciclos formativos.

A relación seguinte indica as materias ofertadas en cada curso así como as opcións de elección en cada caso. Dado que as posibles combinacións de materias son moi elevadas nalgúns casos, non é posible ofertar todas as posibilidades. Os agrupamentos posibles de materias poderanse consultar na folla de matrícula.

1º Bacharelato

Materias troncais:

Filosofía: 3

Lingua galega e literatura I: 3

Lingua castelá e literatura I: 3

1ª Lingua estranxeira I: 3

1 materia troncal de opción obrigatoria a escoller entre Ciencias ou Humanidades e Ciencias Sociais:

Materia troncal de opción obrigatoria para Ciencias:

Matemáticas I: 4

Materias troncais de opción obrigatorias para Humanidades e Ciencias Sociais (escoller 1):

Latín I: 4

Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais I: 4

2 materias troncais de opción a escoller entre Ciencias ou Humanidades e Ciencias Sociais:

Materias optativas de modalidade para Ciencias (escoller 2):

Física e Química: 4

Tecnoloxía industrial I: 4

Bioloxía e Xeoloxía: 4

Debuxo técnico I: 4

Materias optativas de modalidade para Humanidades e Ciencias Sociais (escoller 2):

Grego I: 4

Economía: 4

Historia do mundo contemporáneo: 4

Literatura universal: 4

Latín 4

Matemáticas aplicadas ás CC.SS. 4

Materia específica común a ambas as modalidades:

Educación física: 2

Materias optativas autonómicas (escoller 1):

Anatomía aplicada:4

Antropoloxía 4

Cultura Científica 4

2ª Lingua estranxeira, Francés I: 4

Literatura galega do séc. XX e actualidade: 4

Tecnoloxías da información e comunicación I: 4


Materia extracurricular

STEMbach I

Relixión / Hora de libre disposición de centro (atención educativa)

2º Bacharelato

Materias troncais:

Historia de España: 3

Lingua galega e literatura II: 3

Lingua castelá e literatura II: 3

1ª Lingua estranxeira II: 3

1 materia troncal de opción obrigatoria para Ciencias:

Matemáticas II: 4

1 materia troncal de opción obrigatoria común para Humanidades e Ciencias Sociais:

Historia da Filosofía: 4

1 materia troncal de opción obrigatoria para Humanidades e Ciencias Sociais (escoller 1):

Latín II: 4

Matemáticas aplicadas ás CIencias Sociais II: 4

2 materias troncais de opción para Ciencias (escoller 2):

Física: 4

Química: 4

Bioloxía: 4

Xeoloxía: 4

Debuxo técnico II: 4

1 materia troncal de opción para Humanidades e Ciencias Sociais (escoller 1):

Grego II: 4

Xeografía: 4

Historia da arte: 4

Economía da empresa: 4

Materias específicas (2 ou 3 sumando 8 sesións semanais):

Escolleranse como específicas, 2 ou 3 materias que sumen 8 sesións semanais, entre calquera das materias troncais non escollidas anteriormente e as específicas seguintes:

Debuxo artístco II: 3

Tecnoloxía industrial II: 3

Psicoloxía: 3

Tecnoloxías da información e comunicación II: 3

Ciencias da Terra e o medio ambiente: 3

Métodos estatísticos e numéricos: 2

Literatura galega do século XX e da actualidade: 2

Reforzo de Física: 1

Reforzo de Ingles: 1

Relixión: 1

Literatura clásica grecolatina: 1

Materia extracurricular

STEMbach II