Cada grupo designará democraticamente a un delegado e un subdelegado, que cumplirán coas funcións asignadas no documento Funcións do delegado e subdelegado. A elección efectuarase pasado un tempo prudencial dende o comezo do curso, para garantir que entre os membros do grupo exista un nivel suficiente de coñecemento.
Unha vez formada a mesa, o presidente dará lectura ao documento Funcións do delegado e subdelegado. Asemade, explicará brevemente o sistema de votación. Unha vez atendidas as eventuais dúbidas sobre as funcións do delegado e sobre o procedemento de votación, procederase a votar.
As normas que regulamentan esta elección son as seguintes:
Son electores e elexibles todos os alumnos do grupo. Os candidatos deben estar matriculados en todas as materias/módulos do curso. En caso de non presentarse candidatos á elección serán nomeados delegado e subdelegado os alumnos con mellor expediente académico do grupo. En caso de alumnos de nova incorporación, o delegado e subdelegado serán nomeados directamente pola Xefatura de Estudos, oídos os titores.
A elección faise na aula de referencia do grupo e nunha clase de titoría.
O quorum mínimo aceptable para que a votación sexa válida é do 75% dos compoñentes do grupo.
A mesa electoral estará formada por:
Presidente: o profesor titor do grupo.
Secretario: o alumno de menor idade do grupo.
Vogal: o alumno de maior idade.
Esta mesa é soberana para dilucidar calquera cuestión de procedemento que se suscite, con excepción das recollidas expresamente nesta norma.
A votación é nominal e secreta.
Cada alumno só pode votar a un candidato. As papeletas con máis dun candidato serán consideradas nulas.
Será elexido o candidato que consiga máis votos, e subdelegado o segundo candidato máis votado.
En caso de empate entre dous candidaturas, repetirase por unha vez a votación. En caso de persistir o empate, será nomeado delegado o alumno de maior idade.
O presidente da mesa (o profesor titor ao cargo do grupo) levantará acta da elección segundo o modelo Acta da elección de delegado que debe ser asinada por todos os membros da mesa e entregada na Xefatura de Estudos.