Este documentodebe ser lido polo presidente da mesa antes da elección do delegado/a.
Antes de proceder á elección do delegado debedes ser conscientes da importancia da mesma. A persoa escollida será o voso representante ante os demais delegados, os profesores e a Dirección do centro. Debedes, polo tanto, elixir o candidato/a que pensedes que mellor poida desenvolver este labor, máis alá das vosas simpatías persoais. Trátase de escoller a unha persoa que sexa capaz de representar os vosos intereses. Dunha boa elección pode depender parte da boa marcha do grupo ao longo do curso.
As funcións fundamentais dos delegados, tal como aparecen nas NOFC son:
Representar ao grupo ante os demais delegados, ante os profesores e ante a Dirección do centro.
Asistir ás reunións das xuntas de delegados e participar nas súas deliberacións.
Expoñer ás autoridades académicas as suxerencias e reclamacións do grupo ó que representan.
Fomentar a convivencia e bo ambiente entre os alumnos e alumnas do seu grupo, podendo colaborar coa Dirección na resolución de pequenos conflitos de convivencia.
Colaborar co profesorado e co equipo directivo do instituto no seu bo funcionamento.
Coidar da axeitada utilización do material e das instalacións do instituto, con especial fincapé naquelas cuestións que impliquen un aforro de enerxía para o centro.
Avisar á Dirección do deterioro dalgún elemento nas súas aulas de referencia (e rexistralo no libro de mantemento).
Ademais destas funcións, en caso de evacuación (ou simulacro da mesma) do centro por emerxencia, encabezará ó grupo e guiarao cara as saídas previstas, segundo o procedemento no proceso de Prevención e tratamento de emerxencias