O desenvolvemento da Formación en Centros de Traballo (en adiante FCT) organizarase dacordo coa normativa vixente:
Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo da formación profesional inicial, para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia. DOG Nº 48, xoves, 8 de marzo de 2007: 🔗
Corrección de erros.-Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo de formación inicial, para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia. DOG Nº 49, venres, 9 de marzo de 2007: 🔗
Con carácter obrigatorio en todos os ciclos formativos.
CB Mantemento de vehículos (2000 horas): FCT 320 horas.
CB Electricidade e Electrónica (2000 horas): FCT 320 horas.
CM Coidados auxiliares de enfermería (1400 horas): FCT 440 horas.
CM Electromecánica de vehículos automóbiles (2000 horas): FCT 410 horas.
CM Instalacións de telecomunicacións (2000 horas): FCT 410 horas.
CM Atención a persoas en situación de dependencia (2000 horas): FCT 410 horas.
CS Sistemas de telecomunicación e informáticos (2000 horas): FCT 384 horas.
CS Educación infantil (2000 horas): FCT 384 horas.
É un módulo de formación profesional que se desenvolve en centros colaboradores en situacións reais de traballo.
En ciclos de grao medio e superior, o acceso a este módulo producirase cando o alumnado teña unha avaliación positiva en todos os módulos profesionais do ciclo formativo realizados no centro educativo.
En ciclos de formación profesional básica, o equipo docente poderá propor a realización da FCT ao alumnado con módulos non superados que non estean asociados a unidades de competencia: Comunicación e sociedade I ou II, ou Ciencias aplicadas I ou II.
A duración deste módulo será a indicada nos decretos dos currículos correspondentes a cada ciclo formativo: 🔗
Realizarase ao final de cada ciclo formativo, nun só período e de xeito ininterrompido, agás nos casos extraordinarios contemplados na normativa.
Períodos de realización da FCT:
Tipos de ciclos:
horas totais (horas FCT)
1300 (FCT 340)
1400 (FCT 440)
1100 (FCT 300)
1700 (FCT 740)
2000 (FCT 710)
2000 (FCT 380)
2000 (FCT 440)
1860 (FCT 400)
Período ordinario:
setembro-decembro
setembro-marzo
xaneiro-xuño
abril-xuño
Período extraordinario:
xaneiro-marzo
abril-xuño
setembro-marzo
xaneiro-xuño
setembro-marzo
xaneiro-xuño
setembro-decembro
xaneiro-marzo
abril-xuño
Empresas, agrupacións ou asociacións de empresas, institucións públicas ou entidades privadas.
Entidade do centro colaborador donde se realizará a FCT.
Documento no que se formaliza por escrito a relación entre o centro educativo e o centro colaborador para a realización da FCT do alumnado.
Os convenios de colaboración estarán suxeitos ás condicións establecidas pola Consellería de Educación na normativa que os regula.
O módulo de FCT é susceptible de exención pola súa correspondencia coa experiencia laboral, segundo se establece na normativa.
A solicitude de exención formalizarase polo menos 20 días hábiles antes do inicio das actividades programadas para o módulo de FCT.
Un alumno poderá ser excluído dun convenio para a realización da FCT na correspondente convocatoria nos seguintes casos:
Por faltas de asistencia. O proxecto curricular do ciclo concretará o número de faltas que implica esta exclusión do convenio. En todo caso, o número de faltas non poderá ser superior ao 10 % das horas da duración do módulo.
Por actitude incorrecta, atendendo ao código disciplinario da empresa, ou por falta de aproveitamento, logo de audiencia ao alumno.
O alumnado poderá solicitar a renuncia ao módulo de FCT e, xa que logo, á súa avaliación, co fin de non esgotar as dúas posibilidades de matrícula previstas para o réxime ordinario, acreditando algunha das circunstancias contempladas na normativa.
Conxunto das actividades formativo-produtivas que o alumnado terá que realizar nos centros de traballo durante as horas e o período establecidos para tal fin.
Recollerá os seguintes elementos:
Capacidades terminais.
Actividades formativas.
Relación entre capacidades terminais, actividades formativas e competencias profesionais.
Avaliación de cada capacidade terminal.
Carpeta de seguimento e avaliación do alumno:
Instrumento de seguimento e avaliación do módulo de FCT.
É obrigatoria na xestión da formación en centros de traballo.
Ten carácter individual e deberá cubrirse ao longo do desenvolvemento da FCT.
Incluirá os seguintes documentos:
Instrucións para o desenvolvemento da FCT
Ficha de identificación da carpeta.
Plan individualizado.
Follas semanais para o seguimento das actividades
Validación do contido da carpeta pola secretaría do centro: dilixencia de peche.
Carpeta de seguimento do centro de traballo:
Instrucións de seguimento para o centro de traballo.
Convenio específico para o desenvolvemento da FCT (firmado e cuñado por triplicado, un para a empresa e dous para secretaría).
Póliza de seguro.
Plan individualizado.
Carpeta de seguimento do Titor docente::
Ficha para o seguimento individualizado do alumno.
Anexo VI “Autorización de actividades de seguimento”.
Plan individualizado de FCT.
Instrucións de seguimento profesor-alumno.
Póliza de seguro.
Copia dos convenios.
Profesor do centro educativo encargado de realizar as tarefas que garantan o seguimento e a avaliación do alumnado que realiza a FCT.
O titor docente é o titor do último curso do ciclo formativo.
Indemnización por razón dos gastos que ocasione o seguimento da FCT aos titores docentes encargados, de acordo coa normativa vixente.
Profesor do centro educativo encargado de coordinar aos titores docentes de FCT.
Representante legal do centro colaborador con capacidade legal para autorizar a realización da FCT no centro de traballo mediante a sinatura do convenio colaborador.
Persoa designada no centro de traballo para realizar as tarefas que garantan o seguimento e a avaliación do alumnado que realiza a FCT.
Ao longo do curso
Promover as relacións cos centros de traballo para a formación do alumnado e a súa inserción profesional.
Antes da FCT
Resolver as propostas de exención da FCT remitidas polos Titores docentes:
Comunicar a concesión ou non da exención da FCT as persoas solicitantes no prazo de 10 días.
Asinar os convenios específicos de colaboración coas empresas e asumir a responsabilidade da súa execución.
Acreditar ante a Delegación Provincial correspondente a existencia de convenios que garantan a realización da FCT do alumnado matriculado nos ciclos formativos.
Durante a FCT
Resolver as solicitudes de renuncia á FCT remitidas polos alumnos:
Comunicar a concesión ou non da renuncia á FCT as persoas solicitantes no prazo de 10 días.
Antes da FCT
Establecer as canles de comunicación co titor do centro de traballo
Establecer o calendario de visitas ao centro de traballo:
Visitas previas para a xestión.
Visitas para observar directamente as actividades que realiza o alumnado.
Visitas para rexistrar o seu propio seguimento.
Mínimo de dúas visitas de seguimento.
Elaborar o programa formativo do módulo, en colaboración coa persoa responsable do centro de traballo.
Informar o seu alumnado do programa formativo de FCT que vai realizar en cada empresa, e de todo o relacionado coas condicións e as características da súa realización, os aspectos, as condicións e os criterios de avaliación do citado módulo.
En colaboración co equipo docente, analizar as solicitudes de exención de FCT.
Remitir á Dirección un informe e unha proposta sobre a concesión ou non da exención total ou parcial, de ser o caso.
Durante a FCT
Cada 15 días, atender no centro educativo ao alumnado en prácticas para realizar actividades de seguimento, asesoramento e apoio.
Revisar as follas semanais da Carpeta de seguimento cubertas polo alumnado .
Atender aos problemas de aprendizaxe que presente o seu alumnado
Valorar de xeito continuado as actividades correspondentes ao programa formativo.
Manter contactos periódicos coa persoa responsable do centro de traballo, co fin de contribuír a que o programa de formación se axuste á cualificación que se pretenda para cada ciclo.
Extraer datos e conclusións que realimenten as actividades, con especial atención a aqueles que suxiran a modificación da programación docente ou do programa formativo, ou que afecten a continuidade do convenio coa empresa.
Despois da FCT
Realizar a avaliación final da FCT co profesorado do grupo, tendo en conta o informe presentado pola persoa responsable do centro de traballo sobre as actividades realizadas polo alumnado.
Proporcionar os datos máis significativos que se lle requiran para a avaliación global do programa da FCT.
Ao longo do curso
Supervisar e dirixir o programa de FCT.
Encargarse, por delegación da Dirección do centro, das relacións coas empresas ou institucións que poidan estar interesadas no programa de FCT.
Convocar, polo menos, unha reunión mensual cos Titores docentes.
Antes da FCT
Elaborar os convenios de colaboración.
Dentro dos vinte días seguintes á realización da sesión de avaliación final dos módulos no centro educativo e previa á FCT ou, de ser o caso, dez días antes do inicio da FCT, os centros educativos enviarán unha copia dos convenios específicos de colaboración coas empresas aos servizos de inspección educativa das respectivas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para que desde aí se trasladen á Inspección de traballo.
Difundir o programa formativo a nivel interno e externo.
Procurar e seleccionar empresas co apoio dos Titores docentes.
Tramitar toda a documentación relativa ás axudas económicas que proceda respecto á FCT, a través da Dirección do centro.
Durante a FCT
Controlar, supervisar e valorar as actividades levadas a cabo polos Titores docentes.
Comunicar aos servizos de inspección educativa as modificacións e as baixas que se produzan nos convenios de colaboración.
Despois da FCT
Indicar no plan individualizado as capacidades adquiridas ou non polo alumno no centro de traballo.
Se a FCT tivese lugar en varias empresas, solicitarase un plan individualizado por cada unha delas.
Antes da FCT
Estar matriculado no módulo de FCT.
En período ordinario a matrícula farase ao inicio de curso.
En período extraordinario a matrícula farase no mes inmediatamente anterior do comezo da FCT.
O alumnado procedente de renuncia deberá solicitar a reincorporación no mes inmediatamente anterior do comezo da FCT.
Non se terán en conta as xornadas realizadas antes de solicitar a renuncia, é dicir, cumprirá iniciar o módulo de FCT de novo.
En caso de exención da FCT, presentar a solicitude polo menos con 20 días de antelación á realización da FCT:
Solicitude á Dirección do centro docente onde se estea matriculado.
Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, ou da mutualidade laboral á que se estivese afiliado ou afiliada, na que conste a empresa, a categoría laboral, o grupo de cotización e o período de contratación ou, de ser o caso, o período de cotización en réxime especial de traballadores autónomos, ou calquera outro medio de proba admitido en dereito.
Certificación da empresa na que se indique especificamente a duración do contrato, as actividades desenvolvidas e o período en que se realizaron estas actividades. No caso de traballadores e traballadoraspor conta propia, certificación de alta no censo de obrigados tributarios, cunha antigüidade dun ano, así como unha declaración da persoa interesada das actividades máis representativas.
Durante a FCT
En caso de renuncia á FCT, presentar a solicitude polo menos con 2 meses de antelación á realización da avaliación final do módulo de FCT:
Solicitude á Dirección do centro docente onde se estea matriculado, indicando algunha das posibles causas contempladas na normativa.