A comunidade escolar do IES “Daviña Rey” trata neste documento de facer unha proposta integral, contextualizada no contorno e nas nosas propias características, que defina as metas que perseguimos e os criterios comúns, e que permita levar a cabo de forma coherente e eficaz os procesos educativos.
De xeito histórico o noso Centro xa contaba cunha misión: “proporcionar, dentro dun bo clima de traballo e con afán de mellora continua, unha formación humana (que fomente os principios democráticos de convivencia e o espírito crítico) e académico-técnica (que faculte ós nosos alumnos/as a continuar estudios, integrarse no mundo laboral ou crear a súa propia empresa), tendo sempre presentes as necesidades do noso entorno, do que tratamos de ser un referente cultural e un instrumento de nivelación social”.
De xeito histórico o noso Centro xa tiña unha vocación: “por medio da implantación dun sistema de calidade e dun estilo de xestión do centro transparente e participativa, coa práctica do traballo en equipo e a fixación de obxectivos comúns, constituírse como un centro de referencia tanto pola súa calidade de ensino como polas súas instalacións e equipamentos, satisfacendo deste xeito as expectativas da comunidade educativa en xeral e dos alumnos/as en particular”.
O noso Instituto está situado na cabeceira dunha comarca na que unha gran maioría da poboación vive adicada ao sector servizos.
Tanto na zona que rodea Monforte como nos concellos limítrofes de xeito tradicional adicáronse a agricultura e gandería, actividades do sector primario, que na actualidade están moi minorizadas e case limitadas a algunhas explotacións, moi poucas, en cada concello.
No momento actual intentase retomar dun xeito un pouco máis industrial a produción agrícola aproveitando a zona de concentración parcelaria que limita Monforte e que dispón de regadío, facendo uso de invernadoiros. É moi pouco o persoal ocupado no sector primario.
A ocupación dunha gran parte dos habitantes desta comarca é no sector servizos: algunhas industrias que aínda se conservan en funcionamento (do calzado), industrias metalúrxicas, algunha industria relacionada coa leite, a empresa de Magnesitas coa mina, traballos no sector da construción nalgún momento altamente desenvolvida, pero agora en recesión, empregos en diferentes sectores comerciais (talleres de automoción, instaladores…) e na hostalería, algunha empresa que empeza a despuntar no sector enerxético e de telecomunicacións que está a recoller un sector da xuventude para desenvolver a súa actividade e, fundamentalmente, os traballos relacionados co sector sociosanitario xa que na cidade atópase o Hospital Comarcal dependente do Sergas e hai unha gran cantidade de poboación envellecida e con necesidades derivadas da súa dependencia polo que están a proliferar os empregos relacionados coa axuda no fogar e nas empresas destinadas á atención dos maiores (xeriatría).
Xa indicamos que Monforte dispón dun Hospital Comarcal e en cada un dos concellos limítrofes hai Centro de Saúde.
En Monforte dispoñemos de unha unidade de atención á drogodependentes coa que se colabora amplamente dende o Instituto realizando actividades de asesoramento e prevención de diferentes tipos de dependencias: drogas, alcol, xogos, tabaco, incluso telefono móbil.
Tamén hai un Centro de información á muller en colaboración co mesmo realízanse obradoiros para os diferentes niveis de alumnado.
En todos os concellos da zona de influenza disponse de Biblioteca e os propios concellos organizan actividades culturais durante todo o ano relacionadas con diferentes celebracións: samaín, carnavais, rotas de sendeirismo por diferentes paisaxes ....
Os concellos promoven o desenvolvemento de actividades deportivas diversas, e no concello de Monforte hai clubs deportivos de diferentes especialidades: fútbol, taekondo, atletismo, ciclismo...
Tamén dispoñemos na cidade dunha Escola Oficial de Idiomas a que asisten unha parte do alumnado e outro persoal do Centro, o Conservatorio Municipal "Mestre Ibáñez" e unha escola privada de novas músicas, así como algún centro privado de ensinanzas artísticas.
Ademais a Casa da Cultura de cada concello programa actividades diversas para os veciños.
Indicar que o noso Instituto colabora con todas as entidades públicas e incluso privadas na realización de múltiples actividades ao longo do curso académico, así como cos outros centros tanto de Monforte como da nosa bisbarra.
Atendendo a situación xeográfica do noso Centro, interior e sur da provincia de Lugo, o idioma predominante na poboación é o galego, aínda que no casco urbano de Monforte está moi implantado o castelán; poderíamos dicir que se trata dunha poboación bilingüe.
É salientable que nos últimos tempos hai unha gran afluencia de inmigrantes sudamericanos (maioritarios), rumanos e norteafricanos polo que "é como si se falase máis castelán".
No proxecto lingüístico do IES e no proxecto lector recóllense as diversas actuacións a realizar para normalizar o emprego do galego como lingua propia de toda a comunidade educativa.