O alumnado da ESO procede maioritariamente dos centros adscritos de Bóveda e Pobra de Brollón, dous concellos limítrofes con Monforte (empregan transporte escolar e usan o comedor escolar) e tamén da propia cidade de Monforte.
En Bacharelato, ao propio alumnado procedente da ESO, súmase unha parte importante do alumnado que cursou a ESO no CPI Dr. López Suárez de O Saviñao, así como nalgúns dos centros concertados de Monforte.
Podemos sinalar a existencia do centro de menores Cristo Rei na Ferreirua, no concello de Pobra de Brollón. Os rapaces residentes alí acoden ao noso instituto.
Por outra parte, nos ciclos formativos hai alumnado de toda a comarca e, nalgún caso (como no ciclo de Educación Infantil) tamén doutras zonas de Galicia.
A formación base deste alumnado é moi diferente: alumnado que accede mediante probas de acceso, alumnado procedente da FP_Básica e/ou da ESO, alumnado co título de Bacharelato e incluso alumnado que realizou en parte ou na súa totalidade estudos universitarios, así como persoal que xa está traballando dalgún xeito en sectores relacionados cos estudos a realizar.
Hai unha pequena parte de alumnado inmigrante, especialmente de orixe latinoamericana, pero con certa presenza de alumnado de orixe norteafricano e de Europa central.
O nivel socio-económico-cultural dos alumnos do I.E.S. Daviña Rey é medio.
Galego e castelán en proporcións parellas.