Formado polo coordinador de biblioteca, José Antonio Vidal Garea, profesor do departamento de Sanitaria e máis por: José Ángel Rigueira Ferreiro, do departamento de Filosofía, Raquel Aira González, do dpto. de Lingua Galega, Sonia Díaz Valdés, do dpto. de Lingua Castelá, Isaac Doce Sanmartín, do dpto. de Xeografía e Historia e Guillermo Rodríguez Pérez, do dpto. de Debuxo.
José Antonio Vidal Garea ten asignadas no seu horario un total de 3 sesións;José Ángel Rigueira Ferreiro ten asignadas no seu horario 5 sesións; Isaac Doce Sanmartín, Sonia Díaz Valdés e Guillermo Rodríguez Pérez, 1 sesión . En total, á atención da biblioteca, o equipo ten asignadas 11 sesións semanais.
As reunións ordinarias teñen lugar os luns a cuarta hora da mañá (de 11:45 a 12:35) e os xoves de 11:15 a 11:45.
Intentamos que a biblioteca este curso 2024-25 permaneza aberta a maior parte do horario lectivo para conseguir atender as necesidades do alumnado e do profesorado. Gran parte deste horario é cuberto por profesorado con garda de biblioteca asignada e algunhas horas son cubertas por profesorado de garda que queda libre.
A hora de lecer (11:15-11-45) é a establecida para os empréstamos e devolucións e está cuberta por profesorado de garda. Os préstamos non se poderán realizar durante o horario de clases.
Durante o lecer da hora do comedor, o alumnado pode facer uso das instalacións da biblioteca que será atendida pola dirección do centro e polo coidador do comedor.
Durante as horas da tarde nas que non sexa posible contar cun profesor de garda, será o equipo directivo quen abrirá a biblioteca e velará polo correcto uso desta.
Durante as diferentes conmemoracións que se leven a cabo no instituto e cando as actividades programadas polos diferentes dptos. o permitan, a biblioteca será o lugar preferente para a realización.
Cando unha organización, institución ou persoa externas ó centro soliciten a cesión do uso da biblioteca, deberán asinar un acordo de boas prácticas.
O profesorado que ten garda de biblioteca realizará as seguintes funcións: vixilancia do espazo, catalogación dos fondos novos adquiridos recentemente, recatalogación dos vellos fondos para facer o traspaso do programa Meiga ó Koha, colaboración na decoración para o desenvolvemento das diferentes actividades.