1.Coñecer cal é o medio de comunicación que vai utilizar o centro coas familias e o alumnado: Abalar Móbil
2. Coñecer a canle de comunicación que vai utilizar o profesorado que lle imparte clase ao seu fillo/a: Edixgal se é de 1º e 2º de ESO
3. Coñecer os medios para a entrega de tarefas feitas. Ver titoriais do: O meu caderno TIC
A túa educación é fundamental para o teu futuro como persoa. Por iso, a situación excepcional actual de permanecer moito tempo en casa, non podes considerala como un período de vacacións, senón como unha forma diferente de aprender e desenvolver as tarefas escolares. Terás que aprender a xestionar a túa formación, na internet, coa axuda dos teus profes, familiares e compañeiros e compañeiras.