O FUTURO ESTÁ NA MADEIRA: CONSTRUCIÓN SOSTIBLE E EFICIENTE
PRIMEIRA EDICIÓN
SANTIAGO DE COMPOSTELA, TÓDOLOS VENRES DO 4 DE SETEMBRO A 30 DE OUTUBRO DE 2026
Que é?
Formación especializada en construción sostible, acústica, eficiencia enerxética e construción con madeira dirixida a profesionais que buscan crear edificios máis confortables, saudables e eficientes.
Un percorrido único por toda a cadea de valor da construción con madeira: desde a xestión forestal e a transformación industrial ata o deseño de edificios confortables, eficientes e sustentables.
Un ciclo de 9 xornadas onde se combinan sesións formativas presenciais con visitas a obras, fábricas e empresas centradas neste eido.
Máis alá de construír edificios: Deseñando edificios máis confortables, eficientes e sostibles
A construción está a vivir unha profunda transformación impulsada pola necesidade de crear edificios máis eficientes, confortables e sustentables. Neste contexto, a madeira consolidouse como un dos materiais con maior potencial para dar resposta aos desafíos ambientais, enerxéticos e construtivos do futuro.
Este curso ofrece unha visión integral da construción con madeira, abordando aspectos clave como a acústica, a eficiencia enerxética, o deseño da envolvente térmica, a rehabilitación enerxética e os sistemas constructivos máis avanzados.
Ao longo do programa, terás a oportunidade de coñecer de primeira man toda a cadea de valor que fai posible este modelo constructivo, desde a xestión forestal e a transformación industrial da madeira ata a súa aplicación en proxectos arquitectónicos innovadores.
Por que participar?
Formación impartida por profesionais de referencia
Aprende de especialistas en acústica, eficiencia enerxética, deseño constructivo e construción con madeira.
Coñece toda a cadea de valor
Desde o monte e a xestión forestal ata a industria transformadora e a execución de edificios.
Experiencia práctica
Visita empresas, centros tecnolóxicos, fábricas e proxectos reais para comprender a aplicación práctica dos coñecementos adquiridos.
Una visión de futuro
Descubre como a innovación, a sustentabilidade e os materiais renovables están a transformar o sector da construción.
Que aprenderás?
Ao longo do curso abordaranse os principais aspectos relacionados con:
Fundamentos de acústica aplicada á edificación.
Impacto ambiental dos materiais e sistemas constructivos.
Xestión forestal e orixe sustentable da madeira.
Sistemas constructivos con madeira.
Deseño de envolventes térmicas de altas prestacións.
Rehabilitación enerxética de edificios.
Resolución de pontes térmicas.
Casos prácticos de construción con madeira.
Innovación e tendencias en construción sustentable.
A quen vai dirixido?
Profesionais da arquitectura e arquitectura técnica.
Profesionais da enxeñaría e enxeñaría técnica.
Profesionais da construción.
Profesionais da promoción e xestión de proxectos inmobiliarios.
Persoal técnico de administracións públicas.
Estudantes de recente titulación con interese na construción sostible e edificación de altas prestacións.
Inscricións abertas
Custe do curso: 250 euros
Prazas limitadas.
Únete a unha formación especializada que combina coñecemento técnico, visión práctica e experiencia profesional para axudar a construír os edificios do futuro.
Con este curso terás maiores coñecementos técnicos no relativo á construción en madeira: envolventes, acústica, elementos estruturais, etc.
Ademáis, coñecerás de primeira man experiencias, proxectos reais onde a madeira é un elemento estrutural, amosadas e contadas por profesionais con experiencia contrastada neste eido.
Cofinanciado por: Axencia Galega da Industria Forestal