Non é só unha ponte, senón un simbolo de identidade
A de Rande non é só unha ponte, senón que é un xigante de formigón que representa a evolución, o progreso, a unión e o avance. Non é posible sentir Vigo sen cruzar en coche a Ponte de Rande e contemplar dende a súa altura a histórica Illa de San Simón, o paraíso natural das Illas Cíes ou admirar a inmensidade da ría de Vigo. Merece moito a pena achegarse ata ela e poder contemplar as súas vistas dende diversos ángulos, xa sea de día ou de noite; por ceo, mar ou terra.
Grazas a esta ponte atirantada, dun pouco máis de kilómetro e medio de lonxitude, as distancias se reducen, a moblidade se multiplica e as persoas poden reencontranse e descubrir novos recunchos cheos de fermosura.
Debaixo deste gran xigante atopáse outro icono da cidade olivica, a nosa ría. Un gran tesouro do que enorgullercerse e do que presumir pola súa beleza, valor natural e por ser un lugar de ocio deportivo importante. As bateas e os barcos pesqueiros constitúen un dos piares económicos da cidade, pero tamén do noso, da nosa identidade.
A historia dunha ponte emblemática
Este proxecto xorde grazas a Gerardo Campos (Vigo 1881- 1964), dono da finca "La Chicharra" en Rande e presidente da empresa de Tranvías Eléctricos de Vigo. Propuxo en 1946 a construción dunha ponte, no estreito de Rande, para unir as dúas beiras e potenciar o sector industrial de Vigo. Loitou toda a súa vida para que este proxecto se levase a cabo, pero non sería ata o ano 1973 cando a súa idea se convertiría nunha realidade.
Os autores da construción deste viaduto serían o enxeñeiro napolitano Frabizio de Miranda, o español Florencio del Pozo, tamén encargado da cimentación, e Alfredo Passaro.
No ano 1973 comenzaron as obras e non remataron ata cinco anos máis tarde. Durante a súa construción participaron ao redor dunhas 400 persoas. Tras varias dificultades, como as protestas dos veciños colindantes (Salcedo e Vilaboa), a ponte non sería inaugurada e aberta ao tráfico ata febreiro do 1981. Esta converteuse na primeira ponte atirantada de grandes dimensións construida en España.
Por que a Ponte de Rande é considerada como unha "obra mestra" feita en España?
A simple vista a Ponte de Rande é una construción emblemática. É non o dicimos nós, que tamén, senón que no 2018, na cidade de New York, foi coroada coma a segunda mellor ponte do mundo.
E lembremos que no ano 1979 obtivo o Premio Europeo á obra metálica máis destacada.
Nos últimos anos, debido a afluencia de tráfico, aprobouse a medida de engadir dous novos carrís de ampliación, o que implicou un gran reto para a empresa que levaría a cabo esas obras, xa que era como pórlle "ás" a unha ponte sen deter a súa actividade.
O día da súa inaguración
O 7 de febreiro de 1981 abriuse ao tráfico a Ponte de Rande. No día da inaguración autoridades, políticos e periodistas foron invitados a un almorzo, celebrado no Gran Hotel da Illa da Toxa. O banquete foi espectacular, non faltou de nada, pero sen dúbida o que máis chamou a atención foi a espectacular torta. Unha obra de artesanía que reproducía á perfección a estrutura da ponte.
Por que é un símbolo local e internacional?
Grazas a súa ubicación, e pola súa espectacular construción, converteuse nun símbolo local e internacional, reflectido en multitude de logotipos que reprensentan a diferentes entidades e empresas, as cales empregan a súa imaxe como sinal de identidade e deixando patente a súa ubicación.
Por todos nós é sabido que esta ponte é visible dende numerosas localizacións, orixinando fotografías e imaxes audiovisuais espectaculares. Algúns exemplos disto, son os videoclips do Himno do Celta de vigo, onde o cantante C. Tangana acampou durante varios días nesta e o tema "Verdescente" de Uxía Lambona e A Banda Molona, para ofrecernos unhas impresionantes imaxes da Ponte de Rande dende as súas diferentes perspectivas.