proxectos de arquitectura
Anda é unha oficina de arquitectura que traballa desde Lugo e Vigo, especializada en obra nova, reformas, interiorismo e proxectos de vivenda turística. Ofrecemos solucións personalizadas con deseño, funcionalidade e trato próximo en cada proxecto.
[ES] Anda Arquitectura es un estudio con oficinas en Lugo y Vigo, especializado en obra nueva, reformas, interiorismo y proyectos de vivienda turística. Ofrecemos soluciones personalizadas con diseño, funcionalidad y un trato cercano en cada proyecto
Desenvolvemos proxectos de vivenda unifamiliar, rehabilitacións e ampliacións, sempre cun enfoque que combina funcionalidade, confort e integración co entorno. Apostamos por solucións actuais e adaptadas ás necesidades de cada cliente.
Poñemos en valor o patrimonio existente con intervencións respectuosas que melloran a calidade dos espazos. Buscamos incrementar a eficiencia enerxética e actualizar os interiores a estándares de uso e confort actuais, mantendo a identidade da vivenda.
Encargámonos da documentación necesaria para concellos e organismos oficiais, facilitando a obtención de licenzas e permisos. Preparamos tamén certificacións e informes técnicos (enerxéticos, avaliación de edificios, periciais), asegurando que cada proxecto cumpra coa normativa vixente
Ofrecemos un asesoramento próximo e claro en todas as fases. Explicamos cada paso, valoramos opcións de deseño, materiais e custos, e buscamos que o proceso de crear ou rehabilitar a túa vivenda sexa unha experiencia segura e satisfactoria.
Envía un correo a proxectos.anda@gmail.com
para obter mais información