A integración de Zezé foi todo un éxito, de feito, parece que Zezé pasou toda a súa vida cos seus compañeiros. A Zezé e ao seu grupo encantoulles o recente cambio e pasan moito tempo explorando a súa contorna e descubrindo novas árbores e plantas.
Con só catro anos, Zezé quedou orfo por culpa duns cazadores furtivos en Angola. Foi apuñalado cun machete cando trataba de defender a súa nai e, como consecuencia, o pequeno chimpancé perdeu o ollo dereito. Por iso lle chamamos Zezé, o valente.
O pobre Zezé tivo que pasar por un longo proceso de recuperación polos graves danos e traumas que sufriu, tanto psicolóxicos coma físicos. Cando o goberno angoleño o confiscou, estaba gravemente desnutrido e a súa saúde estaba en perigo. Grazas á boa relación do IJG Congo co goberno de Angola, unha enfermeira e coidadora do Centro de Rehabilitación IJG en Tchimpounga (o Congo) puido proporcionarlle atención urxente e foi trasladado rapidamente a Tchimpounga, o seu novo fogar.
A vida de Zezé estivo chea de emocións nos últimos meses. Por fin, Zezé e os seus amigos Covid e Perrine foron integrados no grupo de bebés.
Inicialmente, debido aos danos que lle fixeron na súa vida anterior lle foi moi difícil abandonar o seu fogar e estar nun lugar novo. Zezé pasou as súas primeiras semanas aferrándose con forza ao seu coidador preferido, pero agora comezou a relaxarse e sentirse moito máis cómodo en presenza dos demais. Os seus signos de medo e ansiedade van minguando e intégrase á perfección nas rutinas diarias do centro. Gústalle xogar con outros bebés chimpancés rescatados que viven no centro de Tchimpounga, como Perrine, tamén vítima da caza furtiva coa que garda unha estreita relación.
Afortunadamente, grazas aos coidados do equipo do IJG, os resultados das probas veterinarias de Zezé indican que engordou e tamén lle comezou a crecer moito pelo. Ademais, grazas a un marabilloso tratamento veterinario, tamén se curou a infección da grave lesión ocular de Zezé.
Este bosque axudará a Zezé e os seus compañeiros a integrarse e a formar un grupo compacto e estable nun futuro.