Culturas e Linguas Indíxenas de Oceanía

En 2016, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou unha resolución na que se proclamou o ano 2019 Ano Internacional das Linguas Indíxenas, sobre a base dunha recomendación feita polo Foro Permanente para as Cuestións Indíxenas.

Un ano internacional é un importante mecanismo de cooperación destinado a concienciar sobre un tema de interese mundial e a mobilizar a diferentes interesados para levar a cabo un labor coordinado en todo o mundo.

Nese momento, o Foro indicou que o 40% das 6.700 linguas que se calcula que se falan no mundo estaban en perigo de desaparición. O feito de que a maioría delas son linguas indíxenas pon en risco as culturas e sistemas de coñecemento aos que pertencen.

Ademais, os pobos indíxenas adoitan estar illados nos países onde viven, desde o punto de vista político e social, debido á localización xeográfica das súas comunidades e ás súas diferentes historias, culturas, linguas e tradicións.

Con todo, non só son líderes na protección do medio ambiente, senón que, ademais, os seus idiomas representan sistemas complexos de coñecementos e comunicación e deben recoñecerse como un recurso nacional estratéxico para o desenvolvemento, a consolidación da paz e a reconciliación.

Así mesmo, os pobos indíxenas fomentan e promoven culturas, costumes e valores locais singulares que se mantiveron durante miles de anos. As linguas indíxenas contribúen á rica trama da diversidade cultural mundial. Sen elas, o mundo sería un lugar máis pobre.

A celebración do Ano Internacional das Linguas Indíxenas en 2019 axudará a promover e protexer as linguas indíxenas e mellorar a vida de quen as fala. Tamén contribuirá ao logro dos obxectivos establecidos na Declaración das Nacións Unidas sobre os Dereitos dos Pobos Indíxenas e na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable.

Dende o CEIP de Arteixo aproveitando esta resolución da ONU, adoptamos como tema a tratar a nivel de centro "As linguas e culturas indíxenas". Implementandose en todas as etapas e niveis educativos. Dun xeito transversal e implicando as novas tecnoloxías da información.

Isto sumado a nosa vinculación e compromiso co Proxecto de Arteixo Innovación ...