Os pequerrechos de Tambo

Curso 2023-2024

1º TRIMESTRE

Primeiros días na aula de 3 anos...

Durante os primeiros días adaptámonos a nova rutina da aula: espazos, materiais, compañeiros/as e  mestres/as. Investigamos libremente nas distintas propostas de xogo e elaboramos as nosas primeiras creacións artísticas.  

Outono no Carballal

Durante a xornada escolar saímos ao patio a observar e recoller cousiñas do outono. Xogamos a buscar aquelas que as mestras indicaban nas tarxetas e posteriormente clasificamos todo o material.

Aproveitamos as follas recollidas para decorar uns OURIZOS na clase. 

Na clase de 4 e 5 anos adiviñamos os elementos escondidos no POZO MISTERIOSO, realizamos actividades de grafomotricidade e experimentamos coas cores do outono. 

Visita da Banda Musimarín

Nariz Chata - Conto luz legra

Desdobramentos

Na clase de 4 e 5 anos levamos a cabo os primeiros desdobramentos de grupo. Consiste en dividir a clase de maneira puntual en dous grupos heteroxéneos, para dar ao alumnado unha atención máis individualizada. 

Aula de 5 anos (6º de EI) - Bingo dos nomes 

Aula de 4 anos (5º de EI) - Bloques lóxicos 

Samaín 

Nos últimos días preparamos propostas de SAMAÍN, traballando de forma globalizada todas as áreas do currículo.  



4º de Educación Infantil

Actividades de psicomotricidade fina; decoramos momias coas nosas fotos; exercicios de sopro para crear monstros, entre outras. 

5º de Educación Infantil

Estampación de pantasmas; rasgado e decoración de cabazas por parellas, actividades de vocabulario, relacións, etc. 

6º de Educación Infantil

Arte con canicas para crear pantasmas; lectura do conto "Monstro Zampamedos", escritura de medos e deseño do noso amuleto (pulseira); creación de monstros a través do sopro e tendo en conta o número de elementos que nos marca o dado; experimento poción, etc. 

Actividades de lectoescritura

4º de EI: actividades de lectoescritura relacionadas co nome.

5º de EI: xogos de conciencia fonolóxica en pequeno grupo.

6º de EI: xogos de vocabulario.

PDI - "Coidamos o noso corpo"

Este ano o PDI do cole está relacionado coa saúde física e mental. No 1º trimestre investigaremos o noso corpo por fora (partes do corpo, medida e peso, órganos dos sentidos...), e sempre traballando dende unha perspectiva globalizada.

Actividades relacionadas cos sentidos

Siluetas co corpo

Medida e peso

Atención educativa 5º e 6º de EI - "Doctor de emociones"

Na materia de Atención educativa estivemos realizando actividades centradas na educación emocional a través do conto "Doctor de emociones".

Recollemos e rexistramos todas as propostas no noso maletín.

Respiración por parellas

Bote da calma

Mandalas

Atención educativa 4º de EI - 

"Los monstruos zampamiedos"

Decoramos por parellas o monstro zampamedos, rasgando e pegando papeliños de cor azul.

Falamos das cousas que nos dan medo e creamos o monstro do conto para meter os nosos medos.

Saída ao Museo de Pontevedra

Exposición “Mira que te miro”, unha visita participativa dirixida a aprender a observar unha obra de arte, xerando estímulos que axuden a experimentar cos sentidos: vista, tacto e oído.

Magosto

25N - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Aproveitando o PDI deste ano creamos mensaxes de igualdade co noso corpo. 

Mudamos os contos clásicos transformándoos noutros con maior igualdade de xénero grazas á iniciativa "Cambiemos o conto". 

Tamén gozamos con xogos populares sen diferenciación de xénero (circuíto, ra, bolos)

4º de Educación Infantil

5º de Educación Infantil

6º de Educación Infantil

Propostas de Nadal

As propostas de Nadal parten do calendario de advento. Cada día estivo destinado a unha actividade: amigo/a invisible, tren de Nadal, experimento, portadas, bolsiñas, postal de Nadal, festa de Fin de Ano, entre outras.


Portadas dos traballiños

Postal de Nadal

Adorno para a árbore

Festa de Fin de Ano

Bolsiñas e trastadas do noso Elfo

Experimentos

Desdobramentos relacionados co PDI do cole: partes do corpo, os sentidos, rexistros das actividades, maletín de doutor/a, etc.

2º TRIMESTRE

Atención educativa - 5º e 6º de EI

No 2º trimestre centrámonos nos contos:

Volta á calma

Despois da hora do patio, aproveitamos para facer actividades de volta á calma: contos, masaxes por parellas, cancións motoras...

Obriña na Biblioteca: "El gorro colorado"

O alumnado de 3º de EP preparou unha obriña para o resto do alumnado do centro relacionado co Día da Paz.

Día da Paz 2024


Desfile de Entroido

Día de Rosalía 2024

Lectura e familias: sesión de pilates

Lectura e familias: contacontos

8M: Día Internacional da Muller

Mulleres Inspiradoras

Contacontos: "Superavoa"

Obriña: "A casa da mosca chosca"

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil interpretaron unha obriña de teatro aos seus compañeiros/as de 4º e 5º de EI. Como tivo tanto éxito aproveitamos para representala na Galiña Azul e pasar unha xornada de convivencia todos xuntos.



Representación da obra

Obradoiro de máscaras

Xogo de pistas "ovos de chocolate". Agochamos ovos e as pezas dun quebracabezas que nos levaba ao tesouro escondido.

Unha vez que localizamos o lugar, repartimos os ovos de chocolate entre todos/as.

3º TRIMESTRE

Actividades PDI 

No 3º trimestre centrarémonos no ámbito da hixiene e da alimentación.

Experimento "virus" sobre a importancia dunha boa hixiene. Empregamos auga, pementa e xabón.

Hixiene dental: xogo de lóxica-matemática. Lanzamos o dado, contamos os puntiños e limpamos os dentes correspondentes.

Desdobramentos

Comezamos o 3º trimestre afianzando conceptos e realizamos un desdobre de lóxica-matemática relacionado cos bloques lóxicos, a atención e a orientación espacial, entre outros aspectos.