Conxelación de matrículas
¿É posible paralizar temporalmente a matrícula?
En xeral non é posible paralizar unha matrícula activa. Aínda que hai dúas excepcións: no nadal e no verán. Nesas datas, os alumnos poden solicitar ao administrador a conxelación da matrícula durante os períodos estabrecidos. Se a matrícula estivese xa caducada non hai posibilidade de acollerse a esta facilidade. É necesario dispoñer de días activos. Para máis información contacta co administrador.
¿Qué é a conxelación de matrícula?
A conxelación de matrícula é unha posibilidade que ofrece a aula mentor para "tomarse unhas vacacións" a mitade dun curso. Só é posible no nadal e no verán e baixo certas condicións.
¿Podo seguir traballando no curso coa matrícula conxelada?
Coa matrícula conxelada non é posible acceder aos contenidos do curso e polo tanto tampouco é posible enviar actividades ao titor ou facer consultas. Por suposto, se o alumno ten descargado previamente os materiáis non hai nada que lle impida continuar pola súa conta.
¿Como solicito a conxelación?
Simplemente envía un correo a carballo@aulamentor.es