Actividades Extraescolares
2023-2024
Consulta as nosas actividades en cada etapa:
Normas de funcionamento:
As actividades realizaranse sempre e cando reúnase un grupo mínimo de alumnos que será diferente dependendo da actividade da que se trate. Por isto, o cadro horario podería sufrir algunha modificación ou axuste.
As actividades comezarán no mes de outubro e rematarán no mes de maio no horario de tarde que se indica, agás a actividade de INGLÉS ("Schoolhouse") e SURF que rematarán en xuño.
O servizo de "Peque CLUB" e "Obradoiro" estará dispoñible desde o mes de setembro a xuño.
Apuntarse a unha actividade implica que o alumno non poderá darse de baixa ata o remate do cuatrimestre, previo o aviso antes do 20 xaneiro .
O pago das actividades realizarase mensualmente e con cargo na conta bancaria que dispón o centro escolar, agás a actividade de INGLÉS ("Schoolhouse").
Non se recuperarán as sesións que non se impartan por coincidir con excursións, campamentos ou periodos non lectivos.
Nas actividades que se desenvolvan nas instalacións do centro, os alumnos vestirán o uniforme ou o equipaxe deportivo do colexio.
Os alumnos poderán acceder ao colexio 5 minutos antes do comezo da actividade e poden saír ou ser recollidos nos 5 minutos posteriores ao seu remate, agás asistan ao servizo de "Peque CLUB" ou "Obradoiro".
Se algún usuario non respectara o as normas básicas de disciplina e convivencia amoestaráselle cunha notificación aos pais. No caso de reincidencia poderá ser excluido deste servizo previa audiencia dos pais e terá que seguir aboando a actividade ata o remate do cuatrimestre.
No mes de setembro ou xaneiro pódese incluir algunha novidade atendendo ás vosas suxerencias.
INSCRÍBETE nas actividades que desexes desde hoxe
ata o 22 de setembro no seguinte enlace:
https://forms.gle/JGjxRzLJULwBJk7L6
Lembra que si escolles NATACIÓN, tes que elexir o horario en:
https://forms.gle/6mKoXX1seG25314KA
Se queres anotarte ao servizo de "Peque CLUB/Obradoiro" entra en: https://forms.gle/oaAAUGYToFPLoRge7