Manifestación 27 de xaneiro. Pola lingua que nos une! Derrogación XA do decretazo!

Videoteca‎ > ‎

4. Actividades comarcais


11 DE MAIO DE 2010

PONTEVEDRA

ACTO PÚBLICO DE APOIO Á INICIATIVA POPULAR POLA GARANTÍA DOS DEREITOS LINGÜÍSTICOS

O martes, día 11 de maio, ás 20:30, na Galería Sargadelos de Pontevedra, representantes de diferentes colectivos sociais da cidade asinarán, nun acto público, a Iniciativa Popular pola Garantía dos Dereitos Lingüísticos, e comprometerán o seu apoio á manifestación do vindeiro 17 de maio.

12 DE MAIO DE 2010

A POBRA DO CARAMIÑAL

RECOLLIDA DE SINATURAS NO MERCADO

12 DE MAIO DE 2010

LALÍN

XUNTANZA DA PLATAFORMA QUEREMOS GALEGO DEZA NO CASINO DE LALÍN

Co obxecto de preparar a manifestación do 17 así como falar doutras actividades previstas e da recollida de sinaturas,   imosvos convocar a todas as asociacións e persoas que integrades QUEREMOS GALEGO Deza  a unha xuntanza o próximo mércores no Casino de Lalín ás  20,45 horas

13 DE MAIO DE 2010

VIGO

PEGADA DE CARTACES DA MANIFESTACIÓN DO 17

Mércores 13 ás  21.15 

O CARBALLIÑO

ACTIVIDADE

- Todos os xoves de maio, dende o 13 imos pór Mesa na rúa de 18 a 20 horas para recoller sinaturas e vender material. Será nos Soportais da Praza Maior do Carballiño.

14 DE MAIO DE 2010

VIGO

ACTO NA RÚA CON PEPE CARREIRO: RECOLLIDA DE SINATURAS EN PRÍNCIPE

Das 18.00 ás 20.00 horas

r/ Príncipe (inmediacións do Sireno)

Recolleríamos sinaturas dos viandantes mentres Pepe Carreiro debuxa para as nenas e nenos.

CONCERTO HOMENAXE A UXÍO NOVONEYRA- RECITAL POÉTICO MUSICAL ORGANIZADO POLA MOCIDADE POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Ás 21:00 na rúa Venezuela, 3 - baixo, de Vigo

Quen desexe participar no recital poético que escriba a o.xandrinho@gmail.com (Alexandre)

PEGADA DE CARTACES DA MANIFESTACIÓN DO 17

Xoves 14 despois do concerto da Mocidade pola Normalización Lingüística 

A CORUÑA

Mesa informativa sobre a ILP:

Rúa Barcelona (á altura do Mercado das Conchiñas) a partir das 18 horas. 

VERÍN

Acto sobre a lingua e homenaxe a Uxío Novoneyra

Galiza Nova de Monterrei e a Plataforma Queremos Galego organizan un acto sobre a lingua na Casa da Cultura de Verín.

Ás 20 h: Proxección do documentario "Linguas Cruzadas", dirixido por María Yáñez.

Ás 20.30h: Actuación musical e recital de poemas de Uxío Novoneyra

Ás 21 h: Mesa redonda

Concerto pola lingua no Salnés

A partir das 23 h, na Praza da Peixaría de Vilagarcía de Arousa. Organiza Galiza Nova

Coas actuacións de:

- Maino

- Skalopendra

Concerto pola lingua na Limia

Na Praza de San Roque de Xinzo da Limia a partir das 22 h coa actuación de Roberto Sobrado e Banda

Costa da Morte

Festa concerto pola lingua en Cee, na Casa da Cultura de Brens a partir das 22 h. Organiza Galiza Nova. Actuacións musicais, recital poético e moito máis!

15 DE MAIO DE 2010


RIBEIRA

RECOLLIDA DE SINATURAS NO MERCADO


MARÍN

Prezadas/os amigas/os,

Coma todas/os sabedes o vindeiro 15/05 faremos a entrega de premios do concurso de cartazes "Queremos Galego, pola defensa da nosa lingua", dirixido a todo o estudantado do Concello de Marín. O traballo premiado será a imaxe de Queremos Galego Marín para actuacións futuras da Plataforma a prol da lingua, ademais as/os gañadores/as recibirán agasallos, destacando entre eles unha obra realizada polo artista local Marcelo Scapinachis Viacava (podedes consultar a súa obra en  http://www.tallersur.es/?page_id=19).

O emprazamento para a entrega dos premios o vindeiro sábado 15/05 ás 18:00h será no "Pailebote Neves", o único feito en Galiza que se conserva e está en activo, que recalará no noso Concello da man de "aCentralFolque" atracando no Paseo Alcalde Blanco. Un percorrido polo vocabulario mariñeiro, cantos populares,China, Hawai, New York, Escocia e incluso a Lúa, para chegar de volta a Galiza cunha enorme caixa chea de músicos do mar.

Haberá actividades infantís para un grupo reducido de 15/20 nenos de 6 a 12 anos para que naveguen nunha viaxe imaxinaria por diferentes portos en busca de novas músicas. As inscricións corren a cargo do Concello de Marín: +34 986 890 488 ou culturamarin@yahoo.es. As prazas son limitadas e por orde de inscrición. Xa pola tarde ás 18:00h farase entrega dos premios "Queremos galego, pola defensa da nosa lingua", por parte da Pataforma no Concello de Marín.

Todas/os a gozar da nosa música e cultura.....e da nosa entrega de cartazes!!!!

SADA

Mesa informativa sobre a ILP e reparto de material no Feirón entre as 17 e as 19 hras

A CORUÑA

Mesa informativa sobre a ILP e venda de material:

Parque de Santa Margarida (zona do anfiteatro), a partir das 20 hras.

MONFORTE DE LEMOS

Mesa informativa sobre a ILP e reparto de material desde as 12 da mañá

Praza Ponte Fontecha (a carón de Correos), onde a estatuta adicada a Manuel María.

Coincidindo cos actos organizados durante toda a xornada polo Concello co gallo do Día das Letras.

Concerto pola lingua na Limia

Xinzo da Limia: Praza de San Roque, a partir das 20 h, coa actuación musical de Vichelocrego

16 DE MAIO DE 2010

RIANXO

RECOLLIDA DE SINATURAS

BETANZOS

RECOLLIDA DE SINATURAS (durante a Feira, a partir das 12, na contorna do palco da música do Campo)

A ESTRADA

Roteiro das nosas Letras "A melura de ando": a partir das 19 h con saída da Casa do Pobo da Estrada (por tras o Mesón O Pote).

Faranse diferentes paradas en distintos puntos da vila onde se falará, cantará, recitará...


SILLEDA

RECITAL DE POESÍA

Para o vindeiro domingo 16, acordouse facer un recital, en colaboración con Queremos Galego do Deza e da Estrada, tanto con poemas de Uxío Novoneira ( a quen este ano se lle adica o Día da Letras Galegas), como con poemas en galego doutros autores, e mesmo con creacións propias de cadaquén. Esta actividade terá lugar en Silleda na Praza da Feira Vella ás 20:00 horas. *Probábelmente se pase para as 17 horas porque ás 19 horas é o partido final da Liga e iso desmobilizaría a algunha xente.
Esta actividade concíbese como unha actividade aberta a todo o mundo que queira apuntarse para participar nela. Neste sentido, mirouse a posibilidade de convidar aos gañadores de concursos de poesía en lingua galega dos centros de ensino da comarca para que recitasen as súas creacións gañadoras en ditos concursos.
 
É importante pois, que en canto saia a cartelería, e dende agora mesmo comezar a difundir esta actividade, e ir falando coa xente.
 
-Que falemos cos gañadores de concursos de poesía en lingua galega que coñezamos nos centros de ensino da comarca e que os convidemos a que velan recitalas
-Que convidemos á aquela xente que saibamos que estaría interesado en participar nesta actividade, ben recitando a Novoneira, ben recitando a outra ou outro poetisa ou poeta galegos.
-Que os que queirades recitar algún poema vos vaiades apuntando. *De momento, e ata saber o número de xente que se vai apuntar só se admitirá un poema por persoa. Non se descarta despois poder abrilo a máis dun.

17 DE MAIO DE 2010 

BOS AIRES

Acto organizado polo colectivo O Terzo da Fala da capital bonaerense ás 10.30 na Delegación da Xunta de Galiza: entrega dun escrito colectivo de reclamación en favor do noso idioma e de adhesión á manifestación desde a outra beira do Atlántico.

21 DE MAIO DE 2010

RIBADAVIA

CONCERTO DE ROBERTO SOBRADO

O venres 21 de maio desde as 23:00 horas, en Ribadavia e no pub Alhama, concerto de Roberto Sobrado para xuntar algo de cartiños.

25 DE XUÑO DE 2010

SOUTOMAIOR

Presentación do libro En Castellano no hay problema, de Carlos Callón

Ás 20.30 h no Multiusos de Arcade, coa presenza do autor e a de Manuel Bragado, director de Xerais, a editora do libro. Presenta o acto Nacho Carballal, portavoz de Queremos Galego na localidade.

25 DE XUÑO DE 2010

MARÍN

Queremos Galego de Marín organiza un acto de entrega dos seus premios "Lingua de Ouro" e "Lingua de Trapo" ás mellores e peores actuacións normalizadoras en categoría individual e colectiva. Será no transcurso dunha cea no Restaurante Merendeiro 2, na Praia de Mogor, ás 22.30 h, cun prezo de 20€ por persoa. As persoas interesadas en asistirdes á primeira edición desta interesantísima iniciativa podédesvos anotar no correo-e queremosgalegomarin@gmail.com ou a través do perfil en facebook da plataforma nesta localidade.












 

Presentación na Estrada

Presentación en Ourense‏‎‎‎‎‎‎‏‏‏‏‏‎‎‎‎‎‏‎‎‏‎‎‎‏‏‏‏‏‎‎‏‎‎‎‏‏‎‏‏‏‎‏‎‏‏‏‎‎‏‎‎‎‏‎‏‎‏‎‎‏‏‏‏‎‏‎‏‏‎‏‎‎‎‏‎‏‏‎‎‏‏‎‎‎‎‎‎‏‏‏‎