Actividades‎ > ‎

Camiño pola lingua

Publicado a 19/10/2010, 13:58 por Queremos Galego ‎(A Estrada)‎   [ atualizado a 21/10/2010, 11:37 ]

Baixo o lema Eu camiño pola LINGUA, e ti? a plataforma Queemos Galego de Ourense, a Asociación Xuvenil Amencer e a Concellería de Voluntariado do Concello de Ourense organizan un Camiño de Santiago de reivindicación e fomento do galego.

   Camiñarase pola Vía da Prata,  durante catro domingos consecutivos:  os días 10, 17, 24 e 31 de outubro, co seguinte percorrido:


Primeira etapa. Domingo 10 de outubro
Ourense-Tamallancos-Cea. 24 km (aprox.)


Segunda etapa. Domingo 17 de outubro
Cea-Castro Dozón-Botos (Lalín). 26 km (aprox.)


Terceira etapa. Domingo 24 de outubro

      Lalín-Silleda-Bandeira-Ponte Ulla. 25 km. (aprox.)


Cuarta etapa. Domingo 31 outubro.

Ponte Ulla-Lestedo-Santiago. 25 km. (aprox.)


   Ao rematar cada etapa plantarase unha árbore cunha mensaxe que sexa testemuño da peregrinación e lerase un manifesto en catro partes, que se completará ao chegar a Compostela.


  O domingo 24 de outubro o  camiño pasa preto do noso concello: Botos(Lalín-Ponte Ulla) Parécenos importante participar nesta actividade e por iso  a plataforma Queremos Galego da Estrada,  coa colaboración do Concello,  porá  un  autobús  gratuito a disposición de todas as persoas que queiran utilizalo, que nos recollerá na Praza do Concello ás 8:00 da mañá e nos levará até Botos (Lalín ), lugar onde iniciamos o percorrido. Recolleranos, ao remate, en Ponte Ulla.

    Para anotarse, hai que chamar ao teléfono do concello da Estrada 986570030 ou no enderezo de correo eléctronico aestrada@queremosgalego.org.

    Confiamos en que, como vén sendo habitual, a cidadanía apoiará as nosas incitiavas en defensa da lingua galega. Facemos un chamamento á participación, para demostrarlle, unha vez máis, ao actual goberno da Xunta de Galicia  que   a sociedade galega rexeita as  súas políticas regresivas en materia de lingua e que quere que o galego sexa lingua normal nas aulas, na administración, na xustiza e en todos os eidos da sociedade.