Carta presentación

Carta Presentación
lunes, 17 de marzo de 2008

Hola,benvidos á páxina Web da Asociación de Veciños O Noso Burgo!, son Ramón Sixto Rodríguez o presidente da asociación, nesta páxina poderás ollar os comercios concertados coa asociación de veciños, onde os socios da asociación que merquen neles lles fan desconto nas compras (agás na época das rebaixas), ademais dunhas vistas do Burgo e da nosa ría e da nosa terra, tamén están expostas as actividades da asociación, entre elas como vimos facendo dende hai cinco anos están a sardiñada na semana das letras galegas, un magosto no outono e unha excursión cultural ao ano como mínimo e un curso de encaixe e bolillos..



A actividade da asociación non só é cultural senón que se preocupa polos problemas do barrio, así temos que subliñar que moitas das nosas peticións a diversas administracións foron aceptadas e as obras feitas, tales como:



A consecución do parque infantil da Cros, pintado de liñas amarelas e colocación de sinais e espellos na rúas que o precisaban, esfaltado da Avenida de Ribados, pintadas de pasos de peóns, colocación de papeleiras e máis colectores para o lixo, peche de dous Pubs que ocasionaban molestias para os veciños (Gaudí e La Cabaña Venezolana), inspección dos locais públicos para que cumplan a normativa municipal sobre ruídos, bandos que recorden as obrigas dos propietarios de mascotas, consecución dun local para a asociación e outro para que os maiores se reunan e poidan xogar ás cartas ou ver a televisión.

Co tema do aeroporto e a instalación do sistema anti-neboa ILS II/III fixemos mobilizacións e conseguimos que o Pazo de Os vales que ía a ser derroído sexa trasladado a outro lugar, tamén logramos unha garantía que o sistema non tería emanacións radioeléctricas na cabeceira norte (O Burgo), e a promesa de facer obras que minoren o terrible impacto medioambiental que deixou a instalación.



Os proxectos de futuro pasan por conseguir unha oficina de correos de atención ao público para o Burgo despois de ter feito mobilizacións e recollida de sinaturas de apoio (case conseguida!), tamén solicitamos unha reordenación dos colectores do Lixo, ademis de participar nos organos consultores de participación cidadá, pedimos dende hai anos unha pasarela peonil que una a parte de riba do Burgo coa zona da Cros, e a nosa asociación foi fundadora da Plataforma Para a Defensa da Ría do Burgo.



Todo isto sería imposible de facer sen o apoio das máis de duascentas familias que están asociadas ao Noso Burgo, e que depositaron a confianza en nós para seguir facendo o traballo propio dunha asociación de veciños, que é nin máis nin menos que acadar a mellor calidade de vida para os residentes do noso barrio, o compromiso da xunta directiva que eu presido e coordino é conseguir nun prazo de catro anos, que o Burgo sexa un barrio ordenado, limpo, produtivo, con boa calidade de vida e que se convirta na zona en que todos desexen vivir, por iso dende a asociación anímote a facerte socio desta organización (12 euros anuais por familia) e participar nela aportando as túas opinións e peticións.



Un saúdo a todos.

As.Moncho Sixto