Xoseme Mosquera

publicado a la‎(s)‎ 29 nov. 2011 4:14 por Usuario desconocido   [ actualizado el 27 ene. 2012 3:19 ]
Biografía:
Naceu en Moreira ( A Estrada ) no ano 1960. Comezou a súa formación educativa na escola parroquial, rematando o EXB no Colexio Público Pérez Viondi da Estrada. Será no Instituto do Bacharelato da Estrada onde comezará a tomar en serio o seu interese pola literatura. Ao final da ditadura franquista vai evolucionar dentro del unha actitude galeguista que critica a realidade social. A finais do ano 1979 comeza os seus estudos na Escola Universitaria do Profesorado de EXB de Santiago de Compostela, coa intención de cursar os estudos de Pedagoxía.
Morreu con só 22 anos por unha enfermidade pouco común, o Lupus.
Bibliografía:
Probou o ensaio, a narrativa curta, foi xornalista e fundador dun grupo de canción galega pero decantouse máis pola poesía. A súa obra poética será recompilada anos despois da súa morte, no 1999 publícase “Dame a túa man”.



  Por Catuxa Casal Vilar    
Comments