Torre de Hércules

Descrición do monumento

A Torre de Hércules é unha torre e un faro situado na península da ciudad de A Coruña, en Galiza (España). A súa altura total é de 68 m e data do século I. Ten o privilexio de ser o único faro romano e o máis antigo en funcionamento do mundo. É o segundo faro en altura de España, por detrás do Faro de Chipiona. O 27 de xunio de 2009 foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Datos xeográficos

  • Localización: 43º23´N 8º24´W.
  • Altura: 68 metros
  • Altura sobre o nivel do mar: 106 metros.
  • Escalóns: 234.
  • Alcance: 24 millas.
  • Destellos: grupo de 4 cada 20 segundos.

Historia

A Torre de Hércules é o faro romano máis antigo do mundo é o único que se conserva en servizo. Construída na segunda metade do século I, por un arquitecto de Coimbra de nome Gaio Sevio Lupo. A Torre de Hércules foi construida polos romanos como faro de navegación.

Esta construcción está comprendida entre entre os reinados de Nerón e Vespasiano en función dos achados de fragmentos de terra sigillata e vasos de paredes finas datables entre os anos 40 e 80 da nosa era. Na base da torre encontrouse unha pedra votiva coas inscripcións en latín

MARTI AVG.SACR C.SEVIVS LVPVS ARCHTECTVS ÆMINIENSIS LVSITANVS.EX.VO

Permitiu identificar ao arquitecto Cayo Sevio Lupo, originario de Aeminium, hoxe Coímbra, en Portugal. A torre perdeu o seu uso marítimo durante a Idade Media ao convertirse en fortificación. No século XVII (1682) o Duque de Uceda encargou a restauración arquitectónica ao arquitecto Amaro Antune, que construíu unha escaleira de madeira que atravesaba as bóvedas ata a parte superior, onde se sitúan dúas pequenas torres para soportar os fanais. No reinado de Carlos III realizouse a reconstrución completa. A torre era, antes de comezar a reforma, un corpo prismático con base cadrada; no exterior presentaba un muro de pedra con dúas portas na parte baixa e ventás asimétricas que a percorrían ata o piso superior, e unha mordente helicoidal que chegaba ata a parte superior. No seu interior conservaba a vella estrutura romana, pero con escaleiras de madeira que pertencían á restauración de edificio, harmonizándoa na súa decoración con marcos superiores de portas e ventás. A fachada actual da torre é o froito da remodelación neoclásica efectuada no século XVIII.

No ano 2007, foi elixida candidata para engrosar a lista de bens culturais Patrimonio da Humanidade. O 9 de setembro de 2008 irmandouse coa Estatua da Liberdade de Nova York e o día 25 dese mesmo mes co Faro do Morro Da habana, o máis antigo de América e un dos emblemas de Cuba. Dende o 15 de xaneiro de 2012, a Torre de Hércules permanece pechada de xeito urxente, segundo a edil de Turismo Luisa Cid, para acometer unhas obras.

Mitoloxía

Hai varias lendas relacionadas coa súa construción. Unha delas conta que Hércules chegou en barca ás costas que rodean actualmente a Torre, e que foi precisamente alí o lugar onde enterrou a cabeza do xigante Xerión, despois de vencelo en combate.

Así mesmo, historiadores identificaron a torre como o lugar onde puido estar situada a Torre de Breogán, unha torre mitolóxica que aparece entre outros no ciclo mitolóxico irlandés , e dende a que Ith, fillo de Breogán, tería avistado as costas de Irlanda. Esta sospeita vén acrecentada polo topónimo Brigantium, que é altamente posible que derive de Breogán, e ten sustento na tradición dos romanos á hora de identificar os seus propios deuses ou heroes, neste caso Hércules, cos autóctonos.A mitoloxía di que «houbo un xigante chamado Gerión, rei de Brigantium, que obrigaba os seus súbditos a entregarlle a metade dos seus bens, incluíndo os seus fillos. Un día os súbditos decidiron pedir axuda a Hércules, que retou a Gerión nunha gran pelexa. Hércules derrotou a Gerión, enterrouno e levantou un túmulo que coroou cun gran facho. Preto deste túmulo fundou unha cidade e, como a primeira persoa que chegou foi unha muller chamada Coruña, Hércules puxo á cidade este nome.

*Imaxe de IES-MGB en Flickr


*Imaxe de IES-MGB en Flickr

*Imaxe de IES-MGB en Flickr

Subpáginas (1): A torre na rede
Comments