A pervivencia léxica dos termos da política e sociedade romana

publicado a la‎(s)‎ 22/3/2011 10:02 por Álvaro Pérez Vilariño   [ actualizado el 22/3/2011 10:30 ]
Un dos obxectivos deste proxecto é dar a coñecer ata onde chega a pegada da civilización romana hoxe en día.

Acabamos de incorporar á esta web unha páxina dedicada ao léxico da política e a sociedade. Nela poderemos descubrir o significado etimolóxico de termos como Senado, República, Cónsul, Edil, Censor, Comicios, Tributo, Dictador ou Candidato, por nomear algunhas.

Tamén veremos exemplos de lemas latinos nos escudos de Arkansas ou Missouri, ou no propio dólar (annuit coeptis, novus ordo seclorum e e pluribus unum), como se mostra na imaxe.

Este traballo está baseado nunha entrada publicada no blog de Margalida Capella, El Fils de les Classiques, do IES Cristòfol Ferrer de Premiá de Mar, Barcelona.


Comments