Novas Dives Gallaecia 2012


O latín na música

publicado a la‎(s)‎ 11/3/2014 3:56 por Álvaro Pérez Vilariño   [ actualizado el 11/3/2014 4:04 ]

AtribuciónCompartir bajo la misma licencia Algunos derechos reservados por Brandon Giesbrecht
Son moitas as formacións musicais ou cantantes solistas que elixiron o latín como lingua para algunhas das súas interpretacións e composicións. O heavy metal, as series de anime e videoxogos, a ópera, a música contemporánea, os himnos relixiosos, o folk metal, a canción lixeira, o bolero..., todos os xéneros musicais habidos e por haber teñen no latín un fiel aliado.

Estivemos investigando nas últimas semanas cos alumnos e alumnas de 4º de ESO (e algunha colaboración dende 1º de BAC), e isto foi o que atopamos

  • Unha banda alemá de folk metal, In extremo, que pon música ao Omnia sol Temperat dos Carmina Burana
  • Outra banda alemá, esta vez catalogada como banda de Folk pagán, darkwave e música medieval: Faun, co seu tema Par Veneris
  • Un compositor belga de música contemporánea, Nicholas Lens, coa primeira parte da súa Triloxía operística The Accacha Chonicles, que leva por título Flamma Flamma
  • Unha cantante xaponesa de ópera, Kumiko Oguro, máis coñecida como Noma, e o seu tema Lilium, a canción de apertura da serie, Elfen Lied. 
  • Un grupo dun instituto norteamericano con nome de tanque alemán, Panzer, co seu profesor de latín á fronte cantando a versión latina do himno de Deed Purple, Fumus in aqua
  • Un grupo francés de Heavy Metal e de mitolóxico nome, Kronos, que lle pon letra en latín a unha festa de deuses, Party's Deorum (aínda que, inexplicablemente, leva o título en inglés), e interpreta con forza o seu tema Magica Europa
  • Un himno relixioso, Adeste Fideles, xeralmente atribuído a John Francis Wade. 
  • Un tenor, Arturo Escorza, que se atreve con "Solamente una vez" na lingua de Cicerón, ou sexa, Solum semel
  • Outra cantante xaponesa, esta vez unha intérprete de cancións para videoxogos e series anime, Itou Kanako, e o seu latino Lamento
  • Unha banda americana de Heavy Metal, Iced Earth, coas súas chamas sagradas, In Sacred Flames, unha especie de himno ritual satánico, como non, en latín. E para mostra, un non menos satánico botón...
Convocare, caelestis
Bestia, excidium
Hominum mortalis
Dies natalis, nefarius, detestari (...)

Odisea 2014, a peli!

publicado a la‎(s)‎ 20/2/2014 4:26 por Álvaro Pérez Vilariño   [ actualizado el 11/3/2014 3:58 ]


Unha vez rematada a Fase Estatal da edición 2014 do concurso, onde a Panda de Plauto, do IES Mariano Quintanilla de Segovia, acadou o primeiro posto, Capricornio, do IES Vila de Cruces, o segundo, e Aresto Momentum, do INS Gallecs de Mollet del Vallès, o terceiro, dende Dives Gallaecia queremos recordar todos eses momentos de emoción vividos neste pequeno vídeo, que recolle as mellores escenas do día do preguntón no MGB.

O latín e a publicidade na Estrada

publicado a la‎(s)‎ 18/2/2014 4:21 por Álvaro Pérez Vilariño   [ actualizado el 18/2/2014 4:27 ]

Os alumnos e alumnas de 4º de ESO do MGB levan varias semanas investigando e descubrindo que o latín segue hoxe, hic et nunc, máis vivo que nunca no mundo da publicidade.

Dende aquel famoso cartel publicitario da firma Michelín, Nunc est bibendum ("agora é tempo de beber"), son moitas as marcas e empresas que buscan destacar o seu produto ou o seu negocio con ese plus de prestixio e calidade que lle confire un nome latino ou relacionado coa Antigüidade Clásica.

Tamén na nosa vila, na Estrada, temos varios establecementos que seguen esta máxima. Existe un restaurante chamado Velis Nolis, unha cafetería chamada Orpheus e outra Invictus, e unha axencia inmobiliaria que atende ao nome de Arcadia.

 Cafetería Invictus Axencia inmobiliaria
Arcadia
 Cafetería Orpheus 
 
Restaurante Velis Nolis

Pero é que, ademais, sempre poderemos desfrutar coa bebida Rubicon Exotic, darnos unha volta nun Volkswagen Phaeton, comprar algún xoguete en Imaginarium, algún trapiño que nos guste en Uterqüe ou facer as tarefas de latín nunha libreta Papyrus.


Museo de Pontevedra

publicado a la‎(s)‎ 14/11/2013 2:44 por Álvaro Pérez Vilariño   [ actualizado el 11/3/2014 3:59 ]


Logo dos vídeos dedicados ao museo de Santo Antón na Coruñamuseo Arqueolóxico de Ourense e o do Museo Provincial de Lugo hoxe é o turno de presentar o realizado no Museo de Pontevedra, concretamente do Sexto Edificio, que alberga as salas S3 (Prehistoria recente, Protohistoria, Romanización) e S4 (Galaico-romano). 

Na S3 poderemos admirar, entre outras pezas, as figuras de bronce do Castro de Altamira (bóvido, calceus, etc.), un pequeno tesouro composto por arracadas, moedas e torques de ouro ou un prezado cinto.
Na S4 atoparemos diferentes aras consagradas ás divindades (galaicas, como Coso, ou propiamente romanas, como Diana ou as Ninfas), a pía de culto de Silius Eorinus, abundantes estelas funerarias e un fermoso selo de ouro adicado a Venus Victrix, así coma varios aneis e pendentes de outro. Todas estas pezas e algunha máis forman este álbum nosa galería de imaxes en Flickr.

Queremos agraceder nesta liñas a activa colaboración de José Carlos Valle Pérez, Director do Museo, tanto nas facilidades que nos prestou para realizar a filmación nas súas dependencias como na axuda posterior para identificar e titular varias das pezas fotografadas.

Museo de Pontevedra from Dives Gallaecia on Vimeo.

A romanización de Galicia no museo de Pontevedra. Ourivería, aras ás divindades, epigrafía funeraria.

Vídeo do Museo Provincial de Lugo

publicado a la‎(s)‎ 2/5/2013 9:23 por Álvaro Pérez Vilariño

Despois dos vídeos dedicados ao museo de Santo Antón na Coruña e o museo Arqueolóxico de Ourense, presentamos hoxe o do Museo Provincial de Lugo, do que destacamos o Claustro, as aras funerarias, o mosaico de Dédalo e Pasífae, a colección de lucernae, a estela de Crecente, a sala de ourivería co Torques de Burela, a sección de numismática (áureo de Nerón), o cadeado de Truco e a Tabula de hospitalidade do Courel.

Museo Provincial de Lugo. Romanización de Galicia. from Dives Gallaecia on Vimeo.


Cásina no festival grecolatino de Lugo

publicado a la‎(s)‎ 25/3/2013 8:42 por Álvaro Pérez Vilariño   [ actualizado el 25/3/2013 8:46 ]

Presentamos hoxe este novo vídeo gravado o martes 5 de marzo no marco da XIII edición do festival de teatro grecolatino de Lugo.
Corresponde á representación de "Cásina", de Plauto, a cargo do grupo Noite Bohemia, da Coruña.

Casina (Plauto) Lugo 2013 from Dives Gallaecia on Vimeo.


Ifixenia en Áulide

publicado a la‎(s)‎ 18/3/2013 2:16 por Álvaro Pérez Vilariño

O equipo de DivesGallaecia estivo un ano máis no festival de teatro grecolatino de Lugo, organizado por SEECGalicia. Foi o martes 5 de marzo, e alí puidemos asistir á representación da traxedia de Eurípides "Ifixenia en Áulide", a cargo do grupo Noite Bohemia, da Coruña. Velaquí un pequeno vídeo da función.

Ifixenia en Áulide - Grupo Noite Bohemia from Dives Gallaecia on Vimeo.

Escolma de escultura romana. San Francisco, Ourense.

publicado a la‎(s)‎ 2/2/2013 2:47 por Álvaro Pérez Vilariño

Como explica na súa páxina, "o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense encóntrase inmerso nunha ampla reforma que afecta ó edificio no que ten a súa sede, o primitivo pazo do bispo de Ourense, sito na Praza Maior da Cidade. As obras obrigan a manter pechado ó público os espazos expositivos e a ter nun emprazamento provisorio o resto dos servizos do Museo, en tanto non se recupera como unha totalidade o edificio (...) Para encher ese baleiro temporal da presenza pública das coleccións do Museo optamos por presentar esta escolma das coleccións, con eixo nas series de escultura, que ofrecían meirande representatividade dos fondos do Museo (...)"

Por outra banda lemos na web da Consellería con data de 31/01/2013 que "representantes da Consellería de Cultura e Educación reuníronse esta mesma semana co subdirector de Museos do Ministerio de Cultura para dentro das posibilidades económicas actuais, poder reabrir o Museo Arqueolóxico de Ourense canto antes. Traballase coa previsión de que o Ministerio de Educación e Cultura convoque, no menor prazo de tempo posible, o concurso de ideas do proxecto arquitectónico. Unha vez rematado poderán iniciarse as obras (...)".

Así as cousas, o equipo de Dives Gallaecia 2012 visitou recentemente a sala de exposicións de San Francisco en Ourense, sede de ese "emprazamento provisorio" que alberga as pezas máis salientables (aínda que non todas) da colección do museo. Quero destacar nestas liñas a atención do seu director, Xulio Rodríguez González, que mesmo nos abriu as dependencias pechadas do Museo na Praza Maior para fotografar as aras alí conservadas. Unha mágoa que a falta de luz estragase as imaxes.

Tamén quero chamar a atención sobre o traballo que a xente do museo realiza na súa web, en especial sobre a sección chamada "A peza do mes", onde se analizan as pezas das coleccións coa fin de "profundizar no seu coñecemento histórico, artístico e material". E levan facéndoo dende 1999! Cada peza acompaña unha imaxe e un documento en *.pdf descargable.

Neste vídeo, outro máis na nosa galería, facemos un percorrido polas escolma de San Francisco. Moitas pezas dignas de interese, descritas todas nesta galería de Flickr: a aguia de Rubiás, o cabaliño de Santomé, a estatua de Dionysos e Ampelos, a estatuiña de Mercurio, as ás de Baños de Molgas, o fragmento de Estatua romana...

Museo arqueolóxico de Ourense from Dives Gallaecia on Vimeo.

Un paseo pola Via Nova

publicado a la‎(s)‎ 19/12/2012 8:40 por Álvaro Pérez Vilariño   [ actualizado el 19/12/2012 8:43 ]

Iso foi o que fixemos o pasado día 13 de novembro os alumnos "Clásicos" do MGB. Comezamos a nosa andaina nos miliarios de Portela de Home, percorrendo o tramo restaurado da Via Nova uns 3 kilómetros e desviándonos á dereita para visitar a corga da Fecha, un espectacular salto de auga. 
Despois seguimos camiño pola rota trazada ata chegar á mansio de Aquis Originis, que desgrazadamente se atopaba en moi mal estado, case completamente recuberta de xestas e silvas varias. 

O autobús estábanos esperando en Lobios para levarnos a Aquis Querquennis, onde fomos recibidos no centro de visitantes e asistimos á proxección dun audiovisual sobre a romanización de Galicia. 

Na corga da fecha
Na corga da Fecha
Nas termas Nas termas, preto de Aquis Querquennis

Logo comemos ás portas do campamento e despois de comer iniciamos a visita entrando pola porta Decumana e percorrendo os distintos Strigia (barracóns da tropa), os Horrea, o valetudinarium (hospital) e os Principia (cuartel xeral). Saíndo pola Porta Principalis Sinistra atravesamos unha parte do encoro, aproveitando o baixo nivel das augas, para desfrutar dun baño nas termas.

Co material filmado o equipo de DivesGallaecia 2012 elaborou este vídeo.

Aquis Querquennis from Dives Gallaecia on Vimeo.

Campamento romano situado no concello de Bande en Ourense.


A Via Nova, na súa entrada en Ourense

publicado a la‎(s)‎ 19/10/2012 3:05 por Adrián Gómez Cora   [ actualizado el 19/10/2012 3:25 ]

Neste último vídeo realizado polo equipo de Dives Gallaecia 2012, veremos unha parte do trazado da Via Nova ou Via XVIII ao seu paso polo concello de Lobios en Ourense. Comezaremos polos miliarios de Portela de Home e remataremos na mansio romana de Aquis Origins en Lobios.

A vía Nova era unha calzada romana, que unía as cidades de Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga) ao longo dunhas 210 millas romanas, que serían uns 330 quilómetros (pero por un lixeiro fallo de cálculo en realidade son 318km). Este trazado e un dos que máis miliarios conserva de toda Europa.
Construída polo legado Caio Calpetanus Rantius Quirinalis Velerius Festus baixo mandato do emperador Vespasiano na segunda metade do seculo I D.C (entre os anos 79 e 80) con propósitos comerciais, e restaurada en tempos de Maximino o Tracio e o seu fillo Máximo (primeira metade do século III D.C).


Via XVIII - Via Nova from Dives Gallaecia on Vimeo.

1-10 of 34