Hic et Nunc‎ > ‎

Festa do Esquecemento

Descrición e datas

É un evento de recreación histórica que se celebra na localidade de Xinzo de Limia (Ourense) no último fin de semana de agosto. A festa leva celebrándose dende o ano 2001.

Historia

Esta festa intenta rememorar a chegada ata a marxe esquerda do río Limia das lexións romanas comandadas por Décimo Xuño Bruto no ano 135 aC.
A beleza do lugar fíxolles xulgar que se atopaban diante do lendario rio Lethes, o río do Esquecemento, que apagaba todos os recordos da memoria de quen o atravesase. Entón, empuñando o estandarte das aguias de Roma, o comandante chamou desde a outra marxe a cada soldado polo seu nome. Así proboulles que ese non era o río do esquecemento.

Actividades

De entre as moitas actividades que se celebran, salientamos nesta listaxe algunhas das realizadas na edición 2011.
  • Acto de invocación as Deusas Xunio e a Deusa Mae-Callaech.
  • Escaramuzas e liortas entre Castrexos e Romanos polo macelum.
  • Obradoiros, xogos, desfiles, animacións...
  • LUDI GLADIATORI (Loitas de gladiadores).
  • Bodas e nasciturus: Flamen Marco Flavio Sabino e Druída Rodrigísturis.
  • Selado do PACTO DE HOSPITALIDADE de grupos invitados coa Civitas Limicorum.
  • CEA DE CONFRATERNIZACIÓN castrexa e romana.
  • EXPUGNATIUM: Os castrexos non pagan impostos, participan: CAETRA, LUGDUNUM, TIR NA NOG, CIVITAS LUCENSIS e LUCUS EQUITES.
  • Representación do CRUCE DO LETHES.
  • BATALLA entre Castrexos e Romanos.
  • DESFILE XERAL dos grupos Castrexos e Romanos con un gran recorrido.
  • CIRCO ROMANO.
  • TROULA ROMANA.
  • Demostracións equestres a cargo do grupo LUCUS EQUITES

Galería de imaxes

Cartel da festa do Esquecemento

*Imaxe de divesgallaecia en flickr

Equites*Imaxe de divesgallaecia en flickr

Liortas entre castrexos e romanos*Imaxe de divesgallaecia en flickr

As lexións agardan para cruzar o ríoAs lexións agardan para cruzar o río*Imaxe de divesgallaecia en flickr

Décimo Xunio Bruto atravesa o ríoDécimo Xunio Bruto atravesa o río*Imaxe de divesgallaecia en flickr


Equites

equites
*Imaxe de divesgallaecia en flickr

LexionarioLexionario*Imaxe de divesgallaecia en flickr

Castrexos e romanos*Imaxe de divesgallaecia en flick

O paso do río LethesO paso do río Lethes*Imaxe de divesgallaecia en flickr

 Batalla final entre castrexos e romanos Batalla entre castrexos e romanos*Imaxe de divesgallaecia en flickr

Comments