Exercitus‎ > ‎

As guerras cántabras

Mapa que indica o avance das bases romanas en Gallaecia, Universidade de Navarra


Cando no ano 29 a.C. estoura o conflito entre Roma e os pobos insubmisos do norte, Gallaecia aínda non formaba parte do Imperio Romano e non estaba baixo o seu control político e económico. Funcionaba a modo de retagarda. Cabe destacar a heroica resistencia do monte Medulio, onde os resistentes prefiren o suicidio á rendición.

No 29 a.C.Statilio Tauro somete a ástures e cántabros. Ao ano seguinte xorden novas revoltas que obrigan a intervir a Calvisio Sabino, que os volve derrotar.

No 27 a.C. sublévanse de novo, e Sexto Apuleio vólveos vencer, pero estes triunfos eran máis ben propagandísticos ca reais, o que obriga a Augusto a intervir persoalmente. Este e os seus xenerais serán os que realicen a conquista do noroeste coas chamadas Guerras Cántabras, que se inician no ano 29 a.C. e terminan no 16 a.C.

Augusto (emperador do Imperio Romano entre o ano s.I a.C e I d.C) decidiu a conquista destes territorios para controlar aos cántabros que saqueaban pobos da meseta que estaban baixo o control de Roma. Ademais pretendía lograr por fin a submisión dos pobos do norte. Tamén tiña interese nos recursos mineiros, en especial o ouro.

As causas do prestixio de Augusto foron principalmente causadas polas súas conquistas, que lle permitiron completar a conquista de toda a Península Ibérica.

Augusto empregou un ataque simultáneo con tres bases. Unha en Bracara (Braga) que se dirixiu a Lancia. As outras dúas partirían de Asturica (Astorga) para atacar aos galaicos, como podemos ver na foto. O mapa mostra claramente como unha baste parte do val do Río Douro e se dirixe hacia os astures e cántabros, a Lancia. E observamos tamén outra base en Segisamo que parte cara Lucus (Lugo) e cara o norte, hacia Iuliobrigra e hacia o porto Amanum (preto de Gijón, Asturias).

Ademais ordeou un ataque por mar na costa cantábrica coa axuda dunha escuadra procedente de Aquitania, na Galia. As lexións utilizadas na conquista son, na zona cántabra, a I Augusta, a IV Macedónica, a V Alaudae e, na área lusitana, a X Gemina e a VI Victrix.

Augusto retírase a Tarraco debido a unha enfermidade, ás dificultades orográficas, á belicosidade e á resistencia dos indíxenas. Continúan a campaña os seus xenerais Carisio e Antistio.

Antistio somete aos cántabros e Carisio derrota aos astures partindo de Lusitania, toma Lancia (preto de León) e asedia e vence a resistencia dos habitantes do monte Medulio.

Ata o ano 19 a.C., prodúcense enfrontamentos con Roma por parte dos ástures e especialmente dos cántabros, obrigando a intervir ao xeneral Caio Furrio. Entón Augusto manda intervir a Agripa, o seu máis experto xeneral que coa axuda de Silio Nerva (gobernador de tarraconense) remata a conquista peninsular no 16 a.C.

Con este motivo eríxense en honor a Augusto as Aras Sestianas.

Festa do Esquecemento, representación  da Batalla final entre castrexos e romanos.Divesgallaecia.


Cohors III Lucensium,escena durante o Arde Lucus , Divesgallaecia.


Comments