Ciadella

Situación

O campamento de Ciadella situase na parroquia Coruñesa de A Ciadella (Concello de Sobrado), ao lado da igrexa parroquial.

O campamento de Ciadella está defendido por unha muralla a cal se conoce como “A cerca” (foxo paralelo ao muro) este campamento aprte de ter unha muralla e un foxo para defender ter dous postos de vixilancia. Os muros deste campamento están feitos en mamposteria(os mampostos son pedras senlabrar que se poden colocar nunha obra a man) de procedencia local excepto nos esquinales que son de sillares de granito cuadrangulares.

A muralla presenta dúas caras ben diferenciadas, a interna ben coidada e a externa descoidada. A cara interna está realizada en mampostería de gneis e esquistos de procedencia local, de non moi boa calidade, pero si de fácil fractura, colocados de forma que ao exterior asoma a facies mellor traballada, tamen se utilizaron pequenas cantidades de granito.
As pedras do mamposto son de tamaño pequeno e medio, e tratábase entre con arxila de cor ocre amarelado e pequenas cuñas de esquisto.

*Imaxe de Sindo Mosteiro en flickr

A muralla non presenta derrube interno, debido á existencia dun nivel de recheo, posiblemente durante a reocupación xermánica. A cara externa da muralla foi executada sen ningunha preocupación por manter a aliñación e a estética. A cara externa da muralla foi executada sen ningunha preocupación por manter a aliñación e a estética. Está realizada cos mesmos materiais que a cara interna pero, a diferenza daqueles, estes materiais non presentan ao exterior a cara mellor traballada, o cal orixinará un paramento irregular no cal uns mampostos sobresaen sobre os outros sen manter unha coidada aliñación. O interior da muralla estaba recheo con materiais heteroxéneos unidos por arxila, a parte externa da
muralla iría, o que facilitaría o seu mantemento en pé.

Na escavación de 1990 localizouse unha das catro portas que tería o campamento. Trátase da porta esquerda da Vía Principalis, estaba flanqueada por dúas torres. Polas poucas evidencias conservadas pensamos que era de dúas follas, como se aprecia nos restos dunha calzada que estaba dividida por unha espiña de pequenas pedras. A superior, de lousas de esquisto con pegadas de desgaste, asentábase sobre unha capa de tezas que á súa vez se apoiaba nunha capa de terra e pedras que servía para nivelar o chan natural.
A destrución da porta e das torres produciuse despois do abandono campamenta e ata modernamente cando o material utilizado nestas construcións, o granito, foi reaproveitado.

No interior do campamento escavouse o edificio central, que é o correspondente ao Principia ou cuartel xeral. Ao interior deste edificio accedíase por unha porta que daba á Vía Principalis. A continuación, penetrándonos máis no edificio, atopámonos con dous patios encostados de planta rectangular d e de desigual anchura. Do primeiro patio saen dúas canles de desauge que conducen a auga, pasando a dereita e esquerda da porta, á cuneta da Vía Principalis. As súas paredes están feitas con tegulas e pedras planas.
Ao fondo do edificio existe un conxunto habitacional, destacando unha habitación ou estancia exenta situada no eixo lonxitudinal da porta de entrada, corresponde ao aedes, é dicir un local de tipo relixioso e sacral.

*Imaxe da wikipedia


Á dereita desta habitación, no ángulo Nordés do edificio, hai un grupo de 6 habitacións de distintas dimensións, á esquerda do aedes, no ángulo Noroeste do edificio, atópanse dúas habitacións encostadas de planta rectangular. Os muros exteriores remataríanse nos ángulos con grandes sillares de granito, o mesmo que sucedía no aedes. Os pavimentos son de terra apelmazada mesturada con arxila, que se asenta sobre unha capa de pequenas pedras, que á súa vez se apoia sobre unha capa de arxila. Estas tres capas non se dan no aedes, cuxo pavimento é dunha soa capa formada con area de gran groso. Excepcionalmente, no corredor que ía da porta principal ao aedes, utilizouse como pavimento grandes lousas cadradas de cerámica e de granito das que só quedan restos no tramo final.

No intervallum, e encostada a parte Oeste da muralla, escavouse unha habitación de planta rectangular. Os muros son de mampostería con arxila, salvo a jamba esquerda da porta que está feita cun gran sillar de granito perfectamente escuadrado. Nesta habitación atopouse unha ara dedicada á deusa Fortuna por un optio chamado Valerius Lupus. Estaba fincada no pavimento coa inscrición mirando cara ao Sur e calzada con dúas cuñas laterais e unha central. Trátase dun dos poucos achados epigráficos en que unha inscrición aparece in situ. Esta habitación, como todo o intervallum, estaba recuberta cun recheo de terra e materiais traídos de fóra do campamento e realizado posiblemente durante a reocupación xermánica.

FORTV/NE VAL(erius)/ LVPUS/ OPT(io)/ V(otum) S(olvit)
L(ibens) M(erito)

A Fortuna.. Valerio Lupo, asistente de centurión, cumpriu de libre vontade o seu voto.

Procedencia: campamento romano de Ciadella, Sobrado dos Monxes, A Coruña. s.II d.C. Museo do Castelo de Santo Antón, A Coruña.

Ara a deusa fortuna * Imaxe da galeria flickr de Dives Gallaecia 2012  


Nesta zona púxose ao descuberto unha arqueta, cuxas paredes están feitas con tegulas e o chan a base de dúas grandes lascas de granito. Do seu ángulo Suroeste sae unha rústica canle que atravesa a habitación. Pensase que se pode tratar dunha pequena construción destinada a recoller auga de reserva con fins rituais. Isto explicaría o que só teña unha canle de desaugue.

Actualmente estase escavando outro dos edificios centrais do campamento que é o correspondente ao Praetorium. Este edificio está situado á dereita do Principia e separado del por un amplo corredor. A súa fachada dá á Vía Principalis. É de planta rectangular, coa fachada e muro traseiro seguindo a mesma aliñación que a do Principia. Escaváronse varios patios e habitacións de planta rectangular e cadrada, así como unha canle feita con tegulas que cruza todo o edificio de Norte a Sur.

Sabemos a unidade militar que estaba acantonada neste campamento grazas a varios testemuños epigráficos, pero sobre todo debido ao achado de máis de duascentas tezas con marcas lexionarias nas que figura o nome da Cohors I Celtiberorum. Os selos son rectangulares coas esquinas redondeadas coas lecturas: COH I C ; C P C; C I C, con nove variedades de selos. Esta unidade militar, dependente da Legio VII, que coñeciamos por varios testemuños epigráficos así como pola Notitia Dignitatum procedente do Norte de Africa (Mauritania), onde se documenta a súa presenza a fins do século I d.C., estableceuse en Ciadella a principios do século II d.C. e permanece neste lugar ata ben entrado o século IV, en que se traslada a luliobriga (Reinosa-Santander)

No século VII o campamento é reocupado por unha poboación civil germánica que reaproveita para as súas construcións algúns dos muros campamentales, mentres que outros os destrúe para reutilizar a pedra e adaptar o campamento ao seu novo urbanismo.

A continuación algúns dos restos que se atoparon en dito campamento:

signífero da Iª Cohorte dos Celtíberos





















*Imaxe da galeria flickr de Dives Gallaecia 2012   Ara ofrecida por un signifero, soldado portaestandartes. Museo do Castelo de Santo Antón, A Coruña.

[...] RI [...]/RO SIG(nifero)/ C(ohortis) I C(eltiberorum)/
L(ibens) A(nimo)

...ri...ro [?] signífero da Iª Cohorte dos Celtíberos, de libre vontade (cumpriu o seu voto)

Procedencia: Campamento romano de Cidadela, Sobrado dos monxes, A Coruña. s. II d.C. Museo do Castelo de Santo Antón, A Coruña.


*Imaxe da galeria flickr de Dives Gallaecia 2012  Vasilla reintegrada procedente do campamento. Museo do Castelo de Santo Antón, A Coruña.

Comments