Castelo de Santo Antón


O castelo de Santo Antón, que foi primeiro baluarte da baía coruñesa e logo cárcere, alberga hoxe o museo Arqueolóxico e Histórica da Coruña e conta cunha planta adicada á romanización de Galicia.

Nas vitrinas adicadas á vida cotiá podemos atopar xerras, fragmentos de ánforas, fichas de xogos, dados, etc., moitos deles achados na propia cidade ou noutras localidades de Galicia, como son por exemplo os que veñen do campamento de Ciadella, en Sobrado dos monxes.
No campo da epigrafía temos aras votivas adicadas á Deusa Fortuna ou a Xúpiter Óptimo Máximo, pero tamén a divindades locais como Coso ou os Lugoves.
Pezas destacadas son tamén unha pequena estatua de bronce de Mercurio, ou o ídolo fálico do Castro de Elviña. No campo da ourivería temos torques, diademas e colares.
Os ritos funerarios están tamén presentes, con estelas de pedra e mesmo un esquelete dunha muller nova, coa súas tegulae e urnas funerarias.
Para os que penser ir un día de visita, sirva este vídeo de pequena guía do que poderán atopar alí.

* A Coruña romana. Castelo de San Antón. from Dives Gallaecia on Vimeo.

Pezas máis importantes

Xerras campamento de cidadela

Centro: Anforeta de procedencia descoñecida.

Esquerda: Xerra de cerámica gris. Foi atopada na Rúa da Franxa.

Dereita: Fragmento de cerámica gris con decoración de retícula brunida. Foi atopada na Rúa Tabernas.

*Imaxe de DivesGallaecia en Flickr

 

Fibulae

Obxetos metálicos empregados para unir prendas de roupa, desempeñando a función de botóns na época romana.

Podían ser de ouro, prata ou bronce.


Fibulae
*Imaxe de DivesGallaecia en Flickr
 

Estatuiña votiva de Mercurio

Pequena e valiosa estatuiña de bronce.
 
Mercurio
*Imaxe de DivesGallaecia en Flickr

Ourivería. Torques

Torques do Castro de San Lourenzo Pastor, que se atopa no Pino, A Coruña.

Estes torques particularmente son de ouro, ainda que podían ser doutros materiais como o bronce ou o cobre. Estas pezas eran empregadas como colares na época clásica, e como podemos ver, están abertos para poder poñerse no pescozo.

Circa s. I a.C.
 
Ourivería. Torques.
*Imaxe de DivesGallaecia en Flickr

Epigrafía. Ara a Xúpiter

I(uppiter) O(ptimo) M(aximo) /CALP(urnius?) [...]

A Xúpiter Óptimo Máximo. Calp(urnio?) ...

Procedencia: Solar rúa de Tabernas, 18, na Coruña e data do S. I-II d.C.

 
Ara a Xúpiter
*Imaxe de DivesGallaecia en Flickr

Epigrafía. Ara a Coso.

COSOV/ DAVINI/AGO/ Q V C / EX VOTO

A Coso Udaviniago. Q(?), V (?) C (?) cumpriu o seu voto.

Procedencia: Antiga igrexa parroquial de San Martiño de Meirás en Sada, A Coruña.

Coso, é un deus guerreiro dos galáicos, que tivo unha gran popularidade entre os pobos lucenses, sendo así un dos deuses máis venerados de Gallaecia.

Existen múltiples teorías que afirman que Coso e Badua poderían ser o mesmo deus, pois as súas funcións dentro do mundo das divindades son as mesmas ainda que este último pertenza máis a cultura lusitana.

 
Ara a Coso

Epigrafía. Ara á deusa Fortuna.

Os romanos prometíanlle aos seus deuses levantarlles aras - altares- se estes cumprían as súas peticións. De aí a presenza habitual das fórmulas EX VOTO "por un voto, unha promesa", ou V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito), "cumpriu o seu voto de libre vontade".

As aras adoitan presentar orificios na parte superior para facerlles ofrendas á divindade: perfumes ou alimentos para queimar, líquidos para verter, etc.

Aquí temos dedicacións aos deuses protectores dos viaxeiros: Neptuno, deus do mar, que ampararía aos navegantes, e os Lares Viales, os deuses dos camiños, que protexerían aos viaxeiros nas rutas terrestres.

A deusa Fortuna, que aparece mencionada en dúas ocasións, invócase para ter "boa fortuna" en calquera empresa, mentres que a dedicación a I.O.M. (Xúpiter Óptimo Máximo) reflicte o culto ao deus supremo dos romanos, manifestación de obediencia ao poder imperial.

Entre os dedicantes destacan dous soldados da 1º cohorte dos Celtíberos, do campamento de Cidadela.

 
Ara a Fortuna
*Imaxe de Dives Gallaecia en Flickr

Ídolo fálico do castro de Elviña

Este ídolo fálico data do 350-250 a.C.

O castro de Elviña é un castro prerromano, é decir, pertencente á cultura castrexa. A súa situación xeográfica é en San Vicenzo de Elviña, próximo ao actual campus de Elviña na Coruña.

A situación deste castro non é casualidade, pois nesta pequena elevación pódese ter unha gran visión dos arredores (fundamental na época castrexa), ademáis de constituír unha zona fertil onde se practicou a agricultura e a gandaría. 

Este lugar é unha mina arqueolóxica que abrangue numerosas pezas de difesentes etapas, (a Idade do Bronce, Idade do Ferro...) polo que non é moi exacta a súa cronoloxía.




 
Ídolo fálico de castro de Elviña
*Imaxe de DivesGallaecia en Flickr

Espadas

Son espadas de bronce que datan do s. I a.C.

Procedencia descoñecida.
 
Espadas de Antenas
*Imaxe de DivesGallaecia en Flickr

Colar articulado

Castro de Elviña, A Coruña.

Ouro, datan do s. I a.C. - II d.C.




 
Colar articulado

Estela funeraria de Victorino

VICTORINUS/IN PACE/ANNORUM/CXX

Victorino, de 120 anos. En paz.

Procedencia: Adro da igrexa parroquial de Santa Baia de Tines, A Coruña.

A estela antropomorfa de Victorinus (nº3), presenta a fórmula funeraria in pace, que revela xa unha crenza cristiá.

Séculos III-finais do IV d.C.







Estela de Victorino
*Imaxe de DivesGallaecia en Flickr

Estela funeraria de Primiano

D(is) M(anibus) S(acrum)/ PRIMIANO/
VITALES AN/ LXXV/ TETVLV/ [---]

Consagrado aos Deuses Manes. A Primiano, fillo de Vital, de 75 anos. Inscrición ...

Procedencia: Rodeiro, Mazarelas, Oza dos Ríos, A Coruña.





 
Estela de Priniamo
*Imaxe de DivesGallaecia en Flickr
 

Estela funeraria de Saturnina

D(is) M(anibus) S(acrum)/ SATVRN/INA
AN/NNORUM XXXV

Consagrado aos deuses Manes. A Saturnina, de 36 anos.

Procedencia: Boimente, Castriz, Sta. Comba, A Coruña.











 
Estela de Saturnina
*Imaxe de DivesGallaecia en Flickr
 

Urnas funerarias

As urnas funerarias eran empregadas para albergar os restos dos difuntos e as cincas tras un proceso de cremación.

Podían ser de cerámica, pedra ou marfil.
 
Urnas funerarias
*Imaxe de DivesGallaecia en Flickr
 

Esquelete de necrópole romana


Esquelete de muller adulta que corresponde a unha sepultura realizada con tegulae (tellas planas) e con cuberta de forma triangular. Presentaba unha orientación leste-oeste, a cabeza ao poñente e carecía de enxoval.

A muller, duns 20-25 anos, mediría unhs 160 cm de altura. Era de raza branca, se ben o ángulo do perfil facial corresponde a unha identidade negroide, polo que se podería pensar nunha probábel orixe norteafricana. 


A sepultura estaba situada na actual Rúa Real nº9 da Coruña.


 
*Imaxe de DivesGallaecia en Flickr
Comments