Información do Departamento de Orientación

GRAO EN CIENCIA DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE 2021/2022

SUPRESIÓN DE PROBAS DE APTITUDE NAS DÚAS UNIVERSIDADES DO SUG


A Universidade de Vigo e a Universidade de A Coruña que imparten o Grao en Ciencias da Actividades Física e do Deporte, publicaron unha resolución rectoral na que se informa de que as probas quedan suspendidas aos efectos de admisión no curso 2021 - 2022 a causa do COVID.

Resolución reitoral da Universidade de Vigo, publicada el 27.01.2021
Resolución reitoral da Universidade da Coruña, publicada el 02.03.2021


ACTIVIDADES DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2021





PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE 2021

ABAU 2021


https://youtu.be/6F4UEjuO_VQ








NOTAS DE CORTE E PARÁMETROS DE PONDERACIÓN PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE NO SUG CURSO 2020 - 2021



Accedes a traves do seguinte enlace: 




https://www.ciug.gal/PDF/poderacions.pdf

https://www.ciug.gal/PDF/notascorte2020.pdf



FEIRA VIRTUAL  DE 55 UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS

CRUE Universidades (Conferencia de Reitores de Universidades) organiza a terceira edición da Feira virtual sobre graos universitarios UNIFERIA 2021.

QUE E UNIFERIA?

A feira virtual funciona como unha feira presencial, onde 55 universidades españolas posuen stands virtuais que podes visitar e obter a información sobre a oferta de graos, notasde corte, aloxamentos,.....
É posible manter unha conversa vía chat con persoal dos Servizos de Información e Orientación das diferentes Universidades.

CANDO?
22, 23 y 24 de febrero 
en horario de 
10´00h a 14´00h e de 16´00h a 19´00h

COMO FAGO A INSCRICIÓN?
A feira é gratuita pero para acceder é preciso rexistrarse. Unha vez rexistrad@ poderase entrar co mail e contrasinal cando a feira esté aberta. 

Aquí tes o enlace da web oficial de  UNIFERIA 2021 donde poderás rexistrarte. 





CONVOCADAS AS PROBAS DE ACCESO A FP DE GRAO MEDIO E SUPERIOR.

CONVOCATORIA 2021






ADMISIÓN E  MATRÍCULA DE ALUMN@S EN CENTROS PÚGLICOS EN GALICIA PARA O CURSO 2021 – 2022   NAS ETAPAS DE EDUCACIÓN INFANTIL, EDUCACIÓN PRIMARIA, ESO E BACHARELATO.

 

 

 

Reserva de praza para o centro ao que se estea adscrito

Do 11 de xaneiro ó 8 de febreiro

Data do sorteo público da letra a efectos de desempate

Última semana de febreiro

Publicación de postos escolares vacantes

Antes do 1 de marzo

Presentación en prazo ordinario de solicitudes de admisión (alumnado que cambie de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou para estudos superiores nun centro non adscrito)

Do 1 ao 20 de marzo

Presentación documentación acreditativa dos criterios de baremo

10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas

Antes do 25 de abril

Reclamacións (realizarase ante o Consello Escolar nos centros públicos, e ante o titular nos centros privados concertados)

Prazo máximo de 5 días hábiles a partir do día seguite á súa publicación

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas

Antes do 15 de maio

Formalización da matrícula en Educación Infantil e Primaria

Do 20 ó 30 de xuño

Formalización da matrícula en ESO e bacharelato

Do 25 de xuño  ó 10 de xullo

Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato

Do 1 ó 10 de setembro














O Plan está conformado por 27 cursos, 22 deles en liña e 5 presenciais, cun total de 1.530 prazas, orientados á formación especializada e específica en materia de voluntariado nas seguintes áreas: perfeccionamento (que complementa ao básico ofertado no primeiro trimestre) e competencias adquiridas en materia de voluntariado, lingua de signos, formación en igualdade para prevención e afrontamento da violencia de xénero, voluntariado ambiental, voluntariado en situacións de emerxencia, voluntariado corporativo ou mesmo voluntariado dende os centros educativos. Así mesmo, no ámbito da xuventude, as accións formativas céntranse no eido dixital, a comunicación, o márketing, a preparación para o ámbito laboral, o eido educativo, o tempo libre e técnicas de mellora emocional.

En concreto, o detalle dos cursos e o procedemento de inscrición realizarse como segue:

1. Cursos destinados a persoas voluntarias e entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia:

  • Ofértanse un total de 13 cursos formativos, 8 deles en liña e 5 de carácter presencial nos Espazos Xoves de Chantada, Lalín, Betanzos, Noia e Ourense. En total, 830 prazas.

  • Poderanse apuntar persoas maiores de 16 anos.

  • O prazo de inscrición ábrese o venres 16 de outubro a partir das 10.00 horas e permanecerá aberto ata cubrir as prazas ofertadas en cada un dos cursos.


2. Cursos destinados a profesionais do eido do tempo libre e persoas mozas en xeral:

  • Ofértanse un total de 14 cursos formativos en liña, que supoñen 700 prazas.

  • Poderanse apuntar persoas con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos e profesionais do eido do tempo libre.

  • O prazo de inscrición ábrese o martes 20 de outubro a partir das 10.00 horas e permanecerá aberto ata cubrir as prazas ofertadas en cada un dos cursos.

 

Os formularios de inscrición (un por cada curso) estarán dispoñibles na páxina web de Voluntariado (voluntariadogalego.org) o venres 16 de outubro no caso dos cursos de voluntariado e o martes 20 de outubro no caso dos de xuventude. Para ambos casos, a selección dos participantes será por rigoroso orde de inscrición, sempre e cando se cumpran os requisitos. Así mesmo, unha mesma persoa pode apuntarse a máis cursos se cumpre os requisitos.

Como realizar a inscrición nun curso?

Hai tres opcións. Revisa antes cal é o teu caso para ir máis áxil e certeiro coa inscrición:

a) No caso de ser alumno/a xa inscrito/a con anterioridade no Campus en Liña de Voluntariado: debes matricularte aos cursos a través do panel de alumno premendo no espazo "subscrición a outros cursos on line". LIGAZÓN AO PANEL DE ALUMNO

b) No caso de ser alumno/a novo/a, non inscrito/a no Campus en Liña: debes cubrir a ficha dun dos cursos no que queiras matricularte, ir ao teu correo e validar a ligazón que che envía a plataforma. Unha vez esteas dado de alta como alumno/a na plataforma, no caso de que queiras matricularte a outro ou outros cursos en liña,  terás que entrar coas túas claves ao Campus e seguir os pasos indicados no apartado a). LIGAZÓN AO APARTADO DE FORMACIÓN

c) No caso dos cursos que se desenvolven en plataformas externas ou cursos presenciais: debes cubrir a ficha correspondente. LIGAZÓN AO APARTADO DE FORMACIÓN

 


OFERTA DE GRAOS UNIVERSITARIOS EN GALICIA CURSO 2020 -2021

          Consulta a oferta actualizada de graos nas tres universidades de Galicia: UVIGO,  USC, UDC.

                                                                                                                                                                               ENLACE AL FOLLETO EN PDF


PUBLICADO O CALENDARIO DE ADMISIÓN DE FORMACIÓN PROFESIONAL E FP DUAL PARA O CURSO 2020/21

Polo momento non está publicada a oferta actualizada de ciclos para o vindeiro curso, nin as instrucións concretas de

 admisión. Haberá que estar pendentes da web de FP
CALENDARIO FP ORDINARIA E ADULTOS

CALENDARIO FP DUAL








 ABAU 2020
CONVOCATORIA ORDINARIA DA ABAU 2020

  • Documento da convocatoria ordinaria: Neste documento podes consultar todas as instrucións para a matrícula na ABAU, as datas, a documentación que hai que presentar, as normas dos exames, o proceso de revisión dos exames, o contacto dos LERDS e os horarios. ENLACE Ó DOCUMENTO.
  • Resumo da convocatoria ordinaria cos datos esenciais sobre os prazos e as normas dos exames. ENLACE Ó DOCUMENTO.


HORARIO ABAU 7,8,9 DE XULLO 2020




NOVA NORMATIVA PARA A ABAU NESTE CURSO 2019-2020

Podedes consultar no seguinte enlace:  https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30938


https://sites.google.com/a/iesdavinarey.org/orientacion/home/ciug%20actualizado.PNG








XORNADA DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS DA UDC OS DÍAS 23 E 24 DE ABRIL

Coñeceredes os servizos e unidades que van a facer máis fácil e atractiva a VIDA UNIVERSITARIA: UDC Internacional, residencias públicas, centro de linguas, cultura, deporte, , cooperación e voluntariado, medioambente, UDC saudable, atención á diversidade, acción titorial, asociacións estudantís, emprego...

Podes ver toda a información das Xornadas, na que figuran agrupados por ramas de coñecemento os 41 Grados, 7 Programas de Simultaneidade e 2 Graos Abertos que lles ofrecemos para o vindeiro curso 2020-2021.

Na ligazón: https://www.udc.es/futuros_estudantes/portas_abertas/


E na aplicación móvil UDC.gal para Android<https://play.google.com/store/apps/details?id=gal.udc.campusmobil> e para IOS<https://itunes.apple.com/us/app/udc-mobil/id1245551194?l=es&mt=8>

Disporedes de:

  *   Videoconferencia en directo de cada titulación
  *   Vídeos de Centros Universitarios
  *   Vídeos con testemuño de alumnado matriculado e alumando titulado

Tamén teredes á vosa disposición dous postos permanentes para guialos polas Xornadas: un de Información Xeral e outro no que poderán facer as a consultas relacionadas co Acceso e Admisión na Universidade.

Temos un apartado especial con obradoiros e retos en vivo, con premios para quen os consiga superar.


ENCONTROS VIRTUAIS PARA COÑECER A USC DURANTE A CUARENTENA
A Universidade de Santiago de Compostela ofrecerá encontros virtuais dirixidos ao alumnado e familias que queiran coñecer as súas titulacións.

Os encontros levaranse a cabo os  días 6, 7 e 8 de Abril (luns, martes e mércores de Semana Santa).

A través dos encontros o alumnado poderá visitar virtualmente os campus de Lugo e Santiago e interactuar pro videoconferenteica cos responsables da titulación e aclarar as súas dúbidas.

A páxina web para os econtros estará disponible a partir do sábado 4 de abril na seguinte dirección:

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA O ALUMNADO DE 2º BACHARELATO

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG)acordaron hoxe fixar nos días 7, 8 e 9 de xullo as datas da convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia para este ano

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DURANTE ESTE PERÍODO DE CUARENTENTA POLO COVID-19

Todo o alumnado e os seus pais/nais/titores legais do IES Francisco Daviña Rey poderán manter comunicación para calquera tipo de consulta co Departamento de Orientación no seguinte mail:

orie@iesdavinarey.org
 



OBRADOIRO DE SEXUALIDADE RESPONSABLE EN 1º DA ESO



CHARLA PARA O ALUMNADO DE 4º ESO, 1º BACHARELATO, FP BÁSICA E CICLO MEDIO DE ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS AUTOMÓBILES SOBRE OS EFECTOS DO ALCOL E AS DROGAS NA CONDUCCIÓN  (XOVES 5 DE DECEMBRO) 
https://sites.google.com/a/iesdavinarey.org/orientacion/home/IMG_20191205_121741.jpg

NA CHARLA CONTAMOS CO TESTIMONIO DE ÁNGEL, VÍTIMA DUN ACCIDENTE DE TRÁFICO POR EXCESO DE VELOCIDADE QUE NOS  FIXO REFLEXIONAR SOBRE AS CONSECUENCIAS  E AS LESIÓNS DUNHA IMPRUDENCIA.


O IES DAVIÑA REY SUMASE Á CAMPAÑA:  EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS E PARTICIPAMOS NAS MOVILIZACIÓNS E ACTIVIDADES DO CONCELLO