Análise de riscosO entornoIdentificación do centroO Instituto de Ensinanza Secundaria “DAVIÑA REI” de Monforte de Lemos está situado na rúa Doctor Casares, nº 63-67, código postal 27400, Monforte de Lemos (Lugo), co número de teléfono 982 40 04 60, co número de fax 982 41 62 62 e co e-mail: ies.francisco.davina@edu.xunta.es Localización xeográficaO centro atópase no casco urbano de Monforte de Lemos. Situado sobre un solar de proximadamente 3.000 m2 de forma rectangular que linda: ó frente coa rúa Doctor Casares; polas costas co Paseo Malecón; pola esquerda coa Rúa Cabe; e pola dereita coa propiedade privada da “Familia Casanova”. A topografía do terreo é chan, sen sinalar ningún accidente importante. No recinto non atopamos pozos, nin minas nin barrancos. Aproximadamente a 30 m atópase un cauce natural (o río Cabe) que ten o seu nacemento no Concello do Incio e pertence á conca hidrográfica do Sil, que atravesa con dirección SO-NE. Segundo os datos recollidos na Folla número 156 (8-9) a escala 1:50.000 do mapa nacional denominada Monforte de Lemos, esta é unha zoa que se caracteriza por un clima que na súa parte occidental comeza sendo mediterráneo templado, transformándose hacia a parte oriental en templado frío. O valor medio da temperatura media anual é de 7 a 16ºC, a temperatura media do mes mais frío é de 4 a 9ºC e a temperatura media do mes mais cálido acada de 14 a 22ºC. Ten unha precipitación media anual de 800 a 1.700 mm. As características especiais, cidade interior e abrigo das serras, dan lugar a clima oceánico –continental, con escasas precipitacións que se manifestan de xeito suave e regular. As variacións térmicas, de inverno a verán son moi acusadas e abundando no inverno as xeadas e as néboas baixas e densas, fronte os veráns moi calorosos. A rúa Doctor Casares é una vía de un so sentido, aparcan vehículos a unha marxe. Nesta rúa esta o Centro de Saúde. O final da mesma aproximadamente a 400 m na rúa San Pedro a Estación de Autobuses. A 800 m na Plazola da Estación atopase a estación de tren, coas líneas Palencia – A Coruña e Monforte – Vigo. Dentro da rede viaria destacan as estradas comarcais C-546 de Lugo a Ourense e a C-533 de Lalín á A Gudiña e a estrada nacional N-120. Dentro do centro, nun local de aproximadamente 40 m, hai unha instalación de alta tensión pertenecente a Unión Fenosa. Non se atopa nun radio de 100 m instalacións industriais tales como gasolineiras, vertedoiros, almacéns de productos tóxicos, ou canteiras. Acceso ao institutoAo instituto accedese o traveso do patio que o circunda e que esta rodeado por un muro ou por valla metálica, excepto na fachada principal que esta axardinado e da directamente á beirarrúa. O mencionado patio accedese por dúas cancelas de aproximadamente 3 m de ancho cada unha delas, Estan situadas unha na rúa Doctor Casares e a outra na rúa Cabe, ambas rúas son de aproximadamente 5 metros de ancho, e con berirarrúas, son de un so sentido de circulación e en ambas estacionan vehículos. Acceso aos edificiosA entrada ao edificio efectuase o traveso de 4 saídas, situadas do seguinte xeito: unha na fachada principal da planta cero, que da á zona do vestíbulo, para acceder hai que salvar varios escalón, o sentido de apertura é cara fora. Hai tres na planta (-1), dúas situadas nos extremos do corredor do edificio de catro plantas que dan cara a fachada posterior do patio de recreo e outra na zona posterior do edificio, na entrada ó taller de Automoción 1. As primeiras teñen unha anchura aproximada de 2 m, con sentido de apertura hacia dentro, a segunda ten un ancho aproximado de 3 m e sentido de apertura hacia fora. Ningunha das portas conta con barras antipanico. Escaleiras interiores e corredoresEscaleiras:
Corredores:
Características constructivas internas:
InstalaciónsTransformadores:
Cadros eléctricos:
Caldeiras:
Instalación de gas:
No centro non existen aparatos elevadores, aparatos de climatización, grupos de presión nin depósito de auga. Usos e actividadesPlanta (–1)
Planta (0)
Planta (1)
Planta (2)
Entreplanta
Pavillón de deporte
Avaliación do riscoAvaliaciónQueda determinado para o uso docente do seguinte xeito:
Medidas de protecciónMedios de protección internosInstalacións de detecciónInstalación de detección:
Insalacións de aviso e alarmaExiste megafonía interna audible en todo o edificio excepto no ximnasio. Esta localizase no despacho titoría / calidade Tamén existe timbre programado para cambio de clase e recreo pero podese accionar manualmente en caso de emerxencia. Esta localizado en conserxería. Pulsadores:
SinalizaciónExiste sinalización que indica a dirección de evacuación, saída, e saída de emerxencia. Iluminación de emerxencia:
Sistema de extinciónNo exterior:
No interior:
Extintores: o centro dispón de 29 extintores portátiles de polvo ABC tipo PS6 e de neve carbónica (CO2), distribuídos da seguinte maneira:
Recursos humanosO total de persoas que traballan no centro e de 85. Durante a noite, festivos e períodos de vacacións so esta o conserxe e a súa familia. Equipos e material de primeira intervenciónExisten cinco salas de Primeiros Auxilios, lugares onde se localizan os botiquins de asistencia, están situadas no corredor da planta cero enfrente o despacho de Dirección, na planta (–1) situados en, taller de automoción, taller de electrónica e ximnasio. Na planta 2 situado no Taller de enfermería, ademais conta con persoal sanitario. Para calquera labor simple de rescate no interior do edificio o centro conta con: escaleiras e ferramenta simple. Existen dous chaveiros de emerxencia con tódalas copias de chaves de cada unha das cerraduras do edificio e que están localizados en Conserxería e Dirección. Medios de protección externosA carón dos distintos teléfonos existentes en dirección, secretaría, xefatura de estudios e conserxería haberá unha copia actualizada con toda a información dos Medios Externos. Rede sanitaria
Servicios contra incendios e salvamento
Fozas e corpos de seguridade
Servicios loxísticos
Deseño da evacuaciónO Centro ten unha ocupación real nos seus edificios de 660 persoas. Cando soe a alarma desaloxaran o edificio, en primeiro lugar a planta (-1) en segundo lugar evacúan as plantas superiores que se ordenan e esperan a súa vez, podendo baixar ata o comenzo do descanso da planta inferior, onde o coordinador /a da planta dará a orden de marcha. A evacuación farase seguindo os criterios de proximidade as escaleiras. Evacuaran pola porta da planta (-1) de sala fumadores as plantas: (-1), entreplanta, planta (0), salón de actos e saúde ambiental. O mesmo tempo evacuaran pola planta (-1) porta de Local Fenosa: Planta 1(aularios) e planta 2. Planta (-1), entreplanta evacuan por saída de taller de automoción. O mesmo tempo evacuaran pola planta (-1) porta de Local Fenosa: Planta 1 (aularios), planta (2), salón de actos e saúde ambiental. Si esta bloqueada a saída de Local Fenosa: Evacuan Planta (-1) excepto Aula Informática, Multimedia e EA-1, EA-2 por porta taller automoción 1, o resto farao pola porta de sala de fumadores. Unha vez desaloxado o edificio os alumnos concentraranse no pavillón e patio de recreo. No caso real –se fose preciso- saldriase polas portas de “alumnos” e a zona de concentración habitalizariase na rúa. Procedemento de aplicaciónEstrutura, organizacións e funciónsSinalaranse os membros que compoñen esta Comisión, indicando a periodicidade das reunións.Grupo operativoIndicarase un reponsable para cada unha destas áreas, alarma e evacuación, primeira intervención e mellora e mantenemento.Análise do risco potencialDo conxunto de dependencias que integran o cetro “IES Daviña Rei” de Monforte de Lemos considerase que aquelas nas que existe risco potencial de declararse un incendio son:
Para evitar que se declare un incendio nalgún destos lugares deberán preverse o mantenemento e revisión periodica destes intalación. Esquemas operativosSon uns resumos esquemáticos que amosan como actuar en caso de accidente escolar ou incendio (as dúas continxencias máis probables). É documentación pensada para ser utilizada na realización do simulacro. Emerxencia: accidente escolar
Emerxencia colectiva por incendio
Consignas para o persoal de intervención e emerxenciaDetección alerta profesoresSe se detecta un accidente:
Se se detecta un incendio:
Detección e alerta: alumnadoSe se detecta unha emerxencia:
Se soa a alarma:
Alarma e evacuación: profesoradoSe se detecta unha emerxencia:
Se soa a alarma:
Consignas para o persoal de intervención e emerxencia(O director ou, na súa ausencia, o membro do equipo directivo de garda)
Equipo de primeira intervención(Tódolo persoal docente e non docente do centro)
Equipo de primeiros auxilios(Profesores/as sanitarios do centro)
Equipo de alarma e evacuación(Conserxes e profesores/as de garda no intre da alarma)
(Profesores/as que están desenvolvendo a súa actividade nunha planta determinada. Na planta 0, un membro do equipo directivo que non exerza a función de xefe/a de intervención e emerxencia)
Planos de autoprotecciónOs planos de autoprotección conteñen as vías de saída, os puntos onde se atopan os extintores e o punto de situación. Están colocados en todo os recintos donde habitualmente hai ocupación de persoas. Instruccións para realizar o simulacroConsideración xeraisEste plan de emerxencia define os controis e medidas de seguridade que con carácter obrigatorio deben rexer nos centros escolares. Entre outras cousas, deben conter as instrucións para a realización de xeito periódico e sistemático de exercicios de evacuación na simulación de condicións de emerxencia de diverso tipo. Considéranse situacións de emerxencia aquelas que poderían estar motivadas por un incendio, o anuncio dunha bomba, un escape de gas, ou calquera outro tipo de alarma que xustifique a evacuación rápida do edificio. Por último, este tipo de prácticas non pretende en si mesmo acadar un resultado óptimo, senón máis ben o adestramento e a corrección de hábitos nos alumnos/as, tendo en conta os condicionantes físicos e ambientais do edificio ou edificios. Carácter da experienciaA efectos orientativos soamente se poden considerar tempos máximos para a evacuación do edificio os seguintes: dez minutos para a evacuación total do edificio e tres minutos para a evacuación de cada unha das plantas. En conxunto, estímase que a duración total dunha práctica de evacuación, é dicir, a interrupción das actividades escolares non debería ser superior a trinta minutos. Se ben a hipótese que se considera para este exercicio práctico de evacuación non coincide exactamente coas condicións dun caso real de lume, explosión, catástrofe, etc, que serían as que en cada caso determinarían a estratexia de evacuación a adoptar, con esta experiencia o que se pretende obter, son uns resultados que axuden a detectar as principais insuficiencias do edificio, así como a definir as medidas correctivas particulares para o edificio a efectos de evacuación. Para a realización deste exercicio practico, e coa finalidade de simular unha situación o máis achegada posible á realidade no caso de emerxencia, deberá preverse a eventualidade de que as saídas exteriores da planta baixa se consideren bloqueadas, debendo utilizarse unicamente as restantes vías de saída existentes no edificio. O simulacro deberá realizarse na situación de máxima ocupación dos edificios que integran o Centro, na súa actividade escolar, así como a disposición normal do mobiliario, pero sen que os alumnos/as fosen alertados previamente do día nin da hora do exercicio práctico; os profesores/as, que recibirán con anterioridade as instruccións oportunas a efectos de planificación do exercicio práctico, tampouco deberán coñecer nin o día nin a hora, ditos extremos serán determinados exclusivamente polo Director/a do Centro, segundo o seu propio criterio e responsabilidade. Prevese que este exercicio se execute sen contar coa colaboración exterior (Cruz Vermella, Bombeiros, Protección Civil, etc.,..., ), xa que se trata dun mero exercicio escolar sen causa real de emerxencia. Por outro lado, unha evacuación por motivos reais tamén soe iniciarse sen auxilios exteriores, contando unicamente cos medios propios. O Director/a do centro deberá informar á Delegación Provincial sobre os resultados deste simulacro de evacuación sinalando as incidencias, os tempos reais acadados e as causas que obstaculizaran a evacuación. Como consecuencia de todo o anterior, deberán extraerse as conclusións oportunas que sirvan para correxir as posibles deficiencias ou inaxeitacións do propio edificio. Sobre estas deficiencias deberá informarse ós alumnos/as de xeito periódico. Instrucións orientativas para os Profesores/asDesignarase, pola Dirección do Centro, un coordinador/a xeral que asuma a responsabilidade do simulacro e que coordine as operacións do mesmo. Igualmente designarase un coordinador suplente. Así mesmo, designarase un coordinador/a por cada planta que se responsabilizará das accións que se efectúen en dita planta, así como de controlar o tempo de evacuación total da mesma e o número de alumnos/as desaloxados. Con anterioridade suficiente ó día do simulacro, todos os Profesores/as reuníranse co coordinador/a xeral e cos coordinadores de planta, co obxectivo de elaborar o plan a seguir, de acordo coas características arquitectónicas do edificio, e prever todas as incidencias da operación, planificar os fluxos de saída, determinar os puntos críticos do edificio, as zonas exteriores de concentración dos alumnos/as e as saídas que se van utilizar e cales delas se considerarán bloqueadas ós efectos deste exercicio. No caso de que os alumnos/as evacuados deban saír do recinto escolar e ocupar zonas alleas ó Centro, tomaranse as precaucións oportunas en canto ó tráfico, para o cal, se fose necesario, debe advertirse ás autoridades ou particulares que no seu caso corresponda. Igualmente designarase unha persoa para cada saída e outra situada no exterior do edificio, que controlará o tempo total de evacuación do mesmo. Cada profesor/a responsabilizarase de controla-los movementos dos alumnos ó seu cargo, dacordo coas instruccións recibidas polo coordinador xeral e os coordinadores da planta. Cada profesor/a, na súa aula, organizará a estratexia de grupo designando ós alumnos máis responsables para realizar funcións concretas como pechar as fiestras, contar os alumnos, controlar que non leven obxectos persoais, etc. Con elo pretendese dar ós alumnos/as maior participación nestes exercicios. Cando se desaloxen todo os alumnos/as, cada profesor/a comprobará que as aulas e/ou os recintos que teñen designados quedan baleiros, deixando as portas e fiestras pechadas e comprobando que ningún alumno/a quede nos servicios ou locais anexos. Designarase unha ou varias persoas, que se responsabilizarán de desconectar as instalacións xerais dos edificios, despois de soar os sinais de alarma, pola orde seguinte:
Con antelación ó día do simulacro, a Dirección do Centro informará os pais/nais/titores-as legais dos alumnos/as acerca do exercicio que se pretende realizar, co obxecto de evitar alarmas ou efectos de pánico, pero sen precisar o día nin a hora no que terá lugar o mesmo. Do mesmo xeito, e con varios días de antelación á realización do simulacro, informarase ós alumnos/as dos pormenores e obxectivos deste exercicio e explicaráselles as instruccións que deberán seguir. Como xa se indicou, é moi importante, para o bo resultado deste exercicio, manter en segredo o momento exacto do simulacro, que será determinado polo Director do Centro, e non se comunicará en ningún caso ás persoas relacionadas co Centro (profesores/as, alumnos/as, pais/nais, persoal auxiliar), co obxecto de que o factor sorpresa simule unha emerxencia real. Ó comenzo do exercicio emitirase un sinal de alarma (timbre, serea, campá ou de viva voz), dacordo co equipamento dispoñible no Centro, que alcance a todas as dependencias que integran o “I.E.S. Daviña Rei”. Cando o sistema de alarma existente non sexa suficientemente potente e claramente diferenciado doutros sinais acústicos, como os do recreo ou outras actividades escolares (incluso sinais acústicos procedentes de edificios contiguos ó Centro), deberá procurarse unha solución alternativa que cumpra os requisitos mencionados. Evacuación ordenada das plantasPara a evacuación ordenada das plantas seguirase a seguinte secuencia:
É esencial, para o bo resultado deste simulacro, a completa coordinación e colaboración de todo os Profesores/as. Tanto na planificación como na realización do simulacro os Profesores/as reponsabililizaranse ó máximo do comportamento dos alumnos ó seu cargo co obxecto de evitar accidentes de persoas e danos nos edificios. Instrucións orientativas para os alumnosCada grupo de alumnos/as deberá actuar sempre de acordo coas indicacións do seu/a profesor/a e en ningún caso deberá seguir as iniciativas propias. Os alumnos/as non recollerán os obxectos persoais, co fin de evitar os obstáculos e demoras. Os alumnos/as ós que se lles encomendarán funcións concretas responsabilizaranse de cumprilas e de colaborar co seu/a profesor/a en manter a orde do grupo. Recoméndase que esta función a asuman os delegados/as e subdelegados/as. Os alumnos/as que, ó soar o sinal de alarma, se atopen nos aseos ou locais anexos, na mesma planta da súa aula, deberán incorporarse ó seu grupo coa maior rapidez que lles sexa posible. No suposto de que o alumno/a se atope nunha planta diferente á da súa aula, incorporarase ó grupo máis próximo que se atope en movemento de saída. Unha vez que abandone o edificio dirixirase ó seu grupo “natural” comunicándollo ó Profesor/a responsable. Todos os movementos deberán realizarse á présa, pero sen correr, sen asoballar nin empuxar ós demais. Ningún alumno/a deberá deterse xunto as portas de saída. Os alumnos/as deberán realizar este exercicio en silencio e sentido da orde e axuda mutua, para evitar os atropelos e lesións, axudando ós que teñan dificultades ou sufran caídas. Os alumnos/as deberán realizar esta práctica de evacuación respectando a moblaxe e equipamento do centro e utilizando as portas co sentido de xiro para o que están previstas.
En ningún caso o alumno/a deberá dar a volta co pretexto de buscar os irmáns pequenos, amigos, obxectos persoais, etc. En todo caso os grupos permanecerán sempre unidos, sen disgregarse, non adiantar a outros, incluso cando se atopen en lugares exteriores de concentración previamente establecidos, co obxecto de facilitar ó Profesor/a o control dos alumnos. Resultado do simulacro en cada centroNo informe que o Director debe remitir á Dirección Provincial, deberá incluír os seguintes puntos:
Informe de avaliación do simulacro: modelo Ao longo do curso
Na 1ª Avaliación
Funcións do SecretarioNa 1ª Avaliación
Funcións do Consello Escolar e as súas comisiónsAo longo do curso
Na 1ª Avaliación
|
Xestión documental > Sistema > Manual de procedementos > MP: grupo 8. Operación > 8.1 Planificación e control operacional > 8.1 Planificación > PR81PDC. Planificación do centro > Subprocedementos > sPR81PLA-PAP. Plan de Autoprotección > Plans de autoprotección >