PR81NOF. Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

NOFCNormas de Organización, Funcionamento e Convivencia
Data: 30/05/2018 Revisión: 1.N

Obxecto

  • Dar cumprimento á normativa de educación no que se refire á elaboración das normas de organización, funcionamento e convivencia do centro.
    • Lei 4/2011 de convivencia e participación.
      • Artigo 10. Plan de convivencia e normas de convivencia.
        • 2. As normas de organización e funcionamento de cada centro docente incluirán as normas de convivencia que garantan o cumprimento do plan de convivencia. Estas normas serán públicas e os centros docentes facilitarán o seu coñecemento por parte de todos os membros da comunidade educativa.
        • 3. En particular, as normas de convivencia de cada centro concretarán os dereitos e os deberes do alumnado e establecerán as condutas contrarias á convivencia e as correccións que correspondan ao seu incumprimento, no marco do disposto por este título e das disposicións regulamentarias que o desenvolvan.
        • 4. Así mesmo, as normas de convivencia poderán conter previsións sobre a vestimenta ou o xeito de presentarse do alumnado, orientadas a garantir que este non atente contra a súa dignidade, non supoña unha discriminación por razón de sexo ou un risco para a súa saúde e integridade persoal e a dos demais membros da comunidade educativa ou non impida ou dificulte a normal participación do alumnado nas actividades docentes.
    • Decreto 8/2015 do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar.
      • Artigo 11.  Obxecto, fins e principios do plan de convivencia.
        • 5. A elaboración do plan de convivencia suporá a análise e valoración sobre os principais documentos organizativos e curriculares do centro e, de ser o caso, a súa actualización conforme o establecido neste decreto. Estes documentos son:
          • a) O proxecto educativo do centro.
          • b) A concreción curricular, respecto do desenvolvemento das competencias básicas e da metodoloxía empregada.
          • c) O plan xeral de atención á diversidade e o plan de acción titorial.
          • d) As normas de organización e funcionamento do centro, sobre todo aquelas que garantan o cumprimento do plan de convivencia e as que recollan respostas educativas que o centro proporciona aos diferentes intereses e motivacións do alumnado.
      • Artigo 18.  Normas de organizazión e funcionamento.
        • 1. As normas de organización e funcionamento de cada centro docente incluirán as normas de convivencia que garantan o cumprimento do plan de convivencia. Estas normas serán públicas e os centros docentes facilitarán o seu coñecemento por parte de todos os membros da comunidade educativa.
        • 2. Recollerán, ademais, a organización dos espazos e dos tempos, así como a distribución dos recursos, para favorecer unha convivencia positiva no centro educativo.
        • 3. Establecerán os procedementos de comunicación ás familias das faltas de asistencia do alumnado ás clases e as correspondentes autorizacións ou xustificacións para os casos de ausencia cando estes ou estas sexan menores de idade non emancipados/as.
      • Artigo 19. Normas de convivencia
        • 1. As normas de convivencia, que serán elaboradas polos centros docentes, terán como obxectivo fundamental desenvolver unhas relacións positivas entre os diferentes membros da comunidade educativa para lograr un clima escolar axeitado que facilite o logro dos obxectivos educativos e o éxito escolar.
        • 2. En particular, as normas de convivencia de cada centro docente concretarán os dereitos e deberes do alumnado, establecerán as condutas contrarias á convivencia e as correccións que lle correspondan polo seu incumprimento, de acordo co previsto na Lei 4/2011 e neste decreto.
        • 3. Poderán incluír previsións sobre a vestimenta do alumnado no centro docente ou a maneira de presentarse neste, orientadas a garantir que non atenten contra a súa dignidade, non supoñan unha discriminación por razón de sexo ou un risco para a súa saúde ou integridade persoal, e a dos demais membros da comunidade educativa, ou non impidan ou dificulten a normal participación do alumnado nas actividades educativas.
        • 4. Así mesmo, prohíbese o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como mecanismo de comunicación durante os períodos lectivos. Excepcionalmente, os centros poderán establecer normas para a correcta utilización como ferramenta pedagóxica.
      • Artigo 20. Aplicación, difusión e seguimento das normas de organización e funcionamento e das normas de convivencia
        • 1. As normas de convivencia do centro, logo da súa aprobación, serán de obrigado cumprimento para toda a comunidade educativa e estarán recollidas no plan de convivencia do centro.
        • 2. O equipo directivo do centro, o claustro e o consello escolar, a través da comisión de convivencia, velarán polo cumprimento das normas establecidas.
        • 3. Correspóndelle ao equipo directivo do centro levar a cabo as actuacións necesarias para a difusión das normas de organización e funcionamento e das normas de convivencia entre a comunidade educativa.

Ámbito de aplicación

  • Todos os integrantes da comunidade educativa.

Definicións

  • Todas as definicións asociadas ás Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia atópanse na normativa educativa que as regulan e que se relacionan no apartado "Obxecto".

Misións e responsabilidades

Claustro de profesores

Durante a elaboración das NOFC

  • Fixar criterios e facer propostas.

Comisión de Convivencia

  • Elaborar e redactar as NOFC.
Consello escolar

  • Aprobar as NOFC.

Información documentada