Horario xeral do centro

Proposto polo Claustro e aprobado en Consello Escolar.

Comunicado a Inspección en data anterior ao 10 de xullo de 2019.

Horario lectivo xeral

  • Ocupación do centro:
    • De 8:45 a 22:40
  • Apertura:
    • Mañás: de 8:45 a 14:15
    • Tardes: de 16:00 a 22:40
  • Oficiñas administrativas:
    • Mañás: de 9:00 a 14:00

Horarios docentes (de luns a venres)

  • ESO, Bacharelato, FP Básica:
    • Mañás: de 8:45 a 14:15
    • Recreo: de 11:15 a 11:45
    • Tardes: mércores de 14:00 a 17:40
  • Ciclos medios e superiores diurnos:
    • Mañás: de 8:45 a 14:15
    • Recreo: de 11:15 a 11:45
    • Tardes: 2 tardes semanais de 14:00 a 18:30 (os días varían con cada ciclo)
  • Ciclos nocturnos:
    • Noites: de 18:30 a 22:40
    • Recreo: non se fan recreos.
  • Aula Mentor:
    • Mañás:
    • Tardes:

Horario de dispoñibilidade das instalacións para uso do alumnado e da comunidade educativa

Os servizos e instalacións do centro están dispoñibles para os alumnos e para o  resto da comunidade educativa, para a realización de actividades organizadas que non interfiran co horario lectivo, sempre con previa solicitude e autorización da Dirección.

A Dirección autorizará o  uso das instalacións solicitado por alumnos, asociacións ou organizacións despois de examinar cada solicitude.

Horario de verán

  • Xuño (rematadas as clases):
    • Mañás: de 9:00 a 14:00
  • Xullo:
    • Mañás: de 10:00 a 13:00
  • Agosto:
    • Gardas localizadas: de 10:00 a 13:00

Horarios detallados

Consultar Horarios e calendarios.