Xestión documental‎ > ‎Servizos‎ > ‎

Plan de evacuación

Como é a nosa obriga, informámosvos das instruccións a seguir en caso de evacuación do centro, é importante que teñades claro a maneira de actuar xa que a vosa seguridade ou a dos vosos alumnos vai depender diso. Os membros do equipo directivo, estarán a vosa disposición para calquera aclaración ou dúbida que necesitedes.

Agradecemos aos titores que presten a súa colaboración e expliquen aos alumnos o Plan de evacuación. 

Na entrada do centro instalouse un panel informativo coas instrucións de evacuación, a codificación das saídas de emerxencia e os planos xerais, para información do público en xeral.

Instrucións

Diríxete á saída que che corresponda dependendo da túa situación no instituto.

Cada dependencia do centro está raiada nunha cor igual á da saída que lle corresponde (ver os planos):

  • Saída 0: saída principal do centro á rúa na pranta baixa. Cor marrón
  • Saída 1: en pranta sótano. Cor verde
  • Saída 2: en pranta sótano. Cor fucsia
  • Saída 3: en pranta sótano. Cor laranxa
  • Saída 4: en pranta sótano. Cor azul
  • Saída 5: en pranta sótano. Cor amarelo

Orde e prioridade no desaloxo

  • O desaloxo de cada pranta realizarase por grupos, saíndo en primeiro lugar as aulas máis próximas ás escaleiras.
  • Os ocupantes das prantas superiores esperarán ata que se desaloxen as prantas inferiores.

O profesor en cada aula ou dependencia

  • Manterá a orde do grupo.
  • Comprobará que non se recollen obxectos persoais.
  • Pechará as ventanas.
  • Formará aos alumnos en fila de un, encabezados polo delegado.
  • En caso de algún alumno con mobilidade reducida, nomeará uns compañeiros para axudalo.
  • Sairá da aula pechando a fila do grupo.
  • Unha vez evacuado o grupo, fará o reconto comprobando que non falta ningún alumno.

O delegado do grupo

  • Encabezará a fila de alumnos.
  • Guiará a evacuación, xestionando as prioridades de desaloxo ao encontro con outros grupos.
  • Reunirá o seu grupo no punto de encontro, e axudará ao profesor no reconto.
  • Realizará as funcións do profesor en caso de non atoparse este presente.

A evacuación se realizará:

  • En orde.
  • Sen recoller ningún tipo de obxecto.
  • En fila de un.
  • Pegados á parede, sen atropelos e camiñando en silencio.
  • Se hai fume, camiñando o máis agachado posible para evitar respiralo.

Ante situacións excepcionais:

  • Se a situación de emerxencia presentase circunstancias excepcionais, a Dirección nomeará un coordinador por cada pranta.
  • Os grupos evacuados seguirán prioritariamente as instrucións indicadas polo coordinador de pranta, identificado por un chaleco reflectante.