01 Area Pública‎ > ‎

NORMAS de CONVIVENCIA

(Aprobadas no Consello Escolar do 27/10/2015)

NORMAS BÁSICAS DE CONVIVENCIA 

 

  1. Respecto a toda a Comunidade Educativa. 
  2. A asistencia a clase é obrigatoria. 
  3. Puntualidade á hora de entrada e saída das clases. 
  4. Corrección no modo de falar, xestos ... na relación con todos os membros da Comunidade Educativa. 
  5. Limpeza nas instalacións e coidado do mobiliario e material de traballo. 
  6. Non esta permitido o consumo de sustancias nocivas para a saúde (tabaco, alcohol ou outro tipo de drogas). Os menores de idade non poderán consumir aquelas sustancias non permitidas por lei (bebidas para maiores de idade etc.)  

7.       NON SE PERMITE COMER NIN BEBER DURANTE AS ACTIVIDADES LECTIVAS E FÓRA DOS PERÍODOS DE RECREO.

a. Os espazos adecuados para consumir bebida e comida son o patio e os halls de acceso.

b. En todo caso, nas aulas e nos corredores das plantas superiores non se poderá comer nin beber.

c. Excepcionalmente, e con permiso do profesorado, poderá consumirse auga durante as clases, se as circunstancias así o aconsellan.

  1. Non usar teléfonos móbiles nin aparellos electrónicos, agás nos recreos ou en aquelas circunstancias expresamente indicadas polo profesorado. 
  2. Vestir coa corrección que lle corresponde a un Centro Educativo. 
  3. Co fin de evitar ou/e de controlar o acceso ás instalacións do Centro de persoas alleas ao mesmo así como as faltas inxustificadas, tanto os profesores como o persoal non docente poderán requirir do alumnado a presentación do correspondente carné escolar identificativo. 
  4. O alumnado seguirá as orientacións do profesorado respecto á súa aprendizaxe e mostraralle o debido respecto e consideración, tanto ao profesorado como ós compañeiros tendo en conta, de maneira especial, o dereito ó estudo dos mesmos. 
  5. Para calquera ausencia prevista o alumno ten que comunicalo ó seu titor.Se a ausencia vai ser prolongada (por motivos xustificados) deberá ser coñecida pola Xefatura de Estudios.   
  6. As faltas de asistencia por enfermidade, indisposición.......deben ser xustificadas por escrito ou persoalmente ante o titor polos país ou titores legáis dos alumnos nos dous días seguintes á súa volta. 
  7. Os alumnos menores de idade, non poden abandonar o recinto escolar. Para facelo deberán ser recollidos por algún adulto que se faga responsable da súa ausencia. En caso de non ser posible, o alumno deberá traer unha xustificación por escrito que debe ser confirmada telefonicamente
  8. As ausencias a primeira hora ou por toda a xornada académica, sexa por enfermidade, compromisos médicos, xudiciais, persoais...deberán ser notificadas telefonicamente ó Centro entre as 8:30 e 9:20. Posteriormente entregarase a xustificación por escrito ó titor. 
  9. Os alumnos que así o desexen, previa información por parte de Xefatura de Estudios  e consentimento dos seus pais ou titares, poderán atrasar a súa hora de entrada no Centro en caso de ausencia confirmada dun profesor. Os restantes serán atendidos polo profesorado de garda. 
  10. Os alumnos poderán abandonar o centro  previa información por parte de Xefatura de Estudios  e consentimento dos seus pais ou titares en caso de adiantarse a hora de saída por ausencia confirmada dun profesor. Os restantes serán atendidos polo profesorado de garda. 
  11. Os alumnos de 3º e 4º da ESO, BACHARELATO e CICLOS FORMATIVOS poderán abandonar o Centro nos recreos. Os restantes permanecerán no instituto, (patio ou biblioteca).  
  12. Durante as clases non se poderá saír das aulas sen causa xustificada. 
  13. Entre clase e clase os alumnos permanecerán na aula gardando un comportamento correcto e coa porta aberta, non debendo saír os pasillos. 
  14. En caso de ausencia dun profesor os alumnos permanecerán dentro da aula coa porta aberta esperando a chegada do profesorado de garda que cubrirá a ausencia. De non presentarse o profesor de garda, o delegado ou subdelegado do grupo comunicará a Xefatura de Estudios dito feito. 
  15. Se un alumno chega tarde á clase o profesor decidirá se lle permite a entrada. En caso negativo, o profesor, previa notificación a calquera membro de garda ou do Equipo Directivo, enviarao á biblioteca ou a aula de convivencia indicando o traballo que ten que realizar nese tempo. 
  16. Se un alumno é expulsado de clase por mostrar unha conducta disruptiva o profesor deberá mandar a dito alumno, acompañado polo delegado ou subdelagdo do grupo a Xefatura de Estudios, sempre con traballo para realizar, o alumno cubrirá un parte de incidencias e a Xefatura de Estudios tomará as medidas pertinentes. O profesor deberá cubrir o corresponde parte de incidencias unha vez rematada a clase e entregalo cuberto en Xefatura.  
  17. Cando os alumnos teñan rematado un exame antes da hora de saída de clase, deben seguir na aula, non poderá sair os pasillos.  
  18. Procurarase que non coincidan máis de dous exames nun mesmo día, contando co acordo entre profesores e alumnos. 
  19. Os alumnos entregarán o largo do curso DOUS informes de AVALIACIÓNS CUALITATIVAS, (o 1º a finales de mes de OUTUBRO e o 2º no mes de FEBREIRO, agás 2º de bacharelato que será a finales de xaneiro). E tres boletíns de NOTAS unha vez rematadas as avaliacións (decembro, marzo e xuño o maio para os 2º de bacharelato). Os alumnos entregarán o boletín aos seus pais ou titores tendo que devolver o resgardo, debidamente asinado aos titores no prazo que estes sinalen. 
  20. A Biblioteca do centro ten unhas normas ás que deben someterse todos os alumnos que queiran utilizar os seus servizos. 
  21. Todos os membros da Comunidade Educativa están obrigados a velar pola adecuada utilización e conservación do material do Centro. Os pupitres e as paredes deberán estar limpos e sen escritos e pintadas. 
  22. Calquera alumno deberá mostrar as súas pertenzas a calquera membro do Equipo Directivo ou a seus representantes, en caso de que a ocasión así o requira. 
  23. Sempre que haxa unha convocatoria de folga para o alumnado, debidamente autorizada, procederase do seguinte xeito: 
    1. Os representantes do alumnado avisarán da convocatoria de folga a Xefatura de Estudos, coa suficiente antelación (polo menos 48 horas), presentando a correspondente acta levantada pola Xunta de Delegados/as, así como a relación nominal dos alumnos/as que secunden a folga nos distintos grupos.  
    2. Do mesmo xeito, deberán presentar previamente no Centro a pertinente autorización asinada polo seu pai, nai ou titor/a legal, que lle será facilitada e recollida polos titores. Estos entregarán a X.E as autorizacións para que se consignen as ausencias no parte do día. 
    3. Os alumnos poderán vir ao centro a facer os exames que estiveran programados con anterioridade a xornada de folga. E calquer outro caso non deberán acurdir ó Centro
  24. Cando unha parte dun grupo realice unha actividade complementaria ou extraescolar, os que non participen teñen a obriga de asistir a clase como calquera outro dia. 
  25. O alumno/a que falte a clase por causa xustificada ou inxustificada, ten a obriga de coñecer e realizar –agás en casos concretos- o traballo encomendado por cada profesor/a de materia, para que cando se incorpore o faga coa menor dificultade.

FALTAS e SANCIÓNS

 

As faltas poden ser Leves, Graves ou Moi Graves

 

Son Faltas Leves: 

  1. As reiteradas faltas de puntualidade. 
  2. O comportamento inadecuado que impida o normal funcionamento das clases

Son Faltas Graves:

  1. O emprego de linguaxe ou xestos ofensivos, racistas ou sexistas contra calquera membro da Comunidade Educativa. 
  2. A falta de respecto a calquera membro da Comunidade Educativa. 
  3. As reiteradas faltas de asistencia sen xustificación. 
  4. O abandono do recinto escolar sen permiso. 
  5. O uso de teléfonos móbiles ou aparellos electrónicos salvo nos casos indicados anteriormente. 
  6. A ocultación de información oficial aos pais ou titores. 
  7. A introdución de persoas alleas ó Centro sen autorización. 
  8. O deterioro, leve, voluntario de instalacións e materiais do centro ou persoais. 
  9. Calquera outra conduta que sen estar expresamente tipificada neste Regulamento sexa considerada lesiva para a convivencia no Centro.

Son faltas Moi Graves: 

 

  1. A falsificación de documentos, cualificacións, sinaturas, etc. 
  2. O deterioro, grave, voluntario de instalacións e materiais do Centro ou persoais. 
  3. A agresión física. 
  4. O uso ou venda ou distribución de sustancias prohibidas no recinto escolar. 
  5. A substracción de bens tanto particulares como pertencentes ao Instituto. 
  6. O incumprimento das sancións impostas. 
  7. A reiteración de faltas graves. 

As sancións aplicables ás Faltas Leves son: 

  • Amoestación privada ou por escrito. 
  • Realización de traballos específicos en horario non lectivo

As sancións aplicables ás Faltas Graves son: 

 

  • Apercibimento por escrito e comunicación ós pais ou titores .
  • Comparecencia inmediata perante o Xefe de Estudos ou o Director.
  • Realización de tarefas que contribúan á mellora e o desenvolvemento das actividades do Centro ou, se procede, a contribución a reparar o dano causado. 
  • Suspensión do dereito a participar en actividades complementarias e extraescolares. 
  • Amoestación do Xefe de Estudos ou Director 
  • Privación temporal do dereito de asistencia ó Centro ou a determinadas clases por un prazo máximo de 2  días, debendo realizar as tarefas que se lle manden. 
  • No caso de alumnos de Bacharelato, a reiteración de faltas de asistencia sen xustificar pode dar lugar á perda do dereito á Avaliación Continua. 
  • A retención temporal dos aparellos de uso persoal prohibidos (móbiles, cámaras de fotos, reproductores de música...) 
  • En caso de destrozos intencionados ou que se puideran evitar, o custo da reposición correrá a cargo dos responsables do feito.

As sancións aplicables por faltas Moi Graves son: 

  • Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases por un prazo máximo de 5 días, debendo realizar as tarefas que se lle manden. 
  • Suspensión do dereito de asistencia ó Centro por un prazo máximo de 5 días, debendo realizar na casa as tarefas que se lle manden. 
  • Cambio de subgrupo ou de grupo. 
  • Incoación dun expediente disciplinario. 
  • Expulsión definitiva, previa tramitación do expediente oportuno e presentación ante o Consello Escolar do Centro.   

Subpáginas (1): Normas Informática *
Comments