EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

POR UNHA EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

Presentamos o novo site do Colexio Plurilingüe Esclavas do Sagrado Corazón. A través do mesmo, pretendemos facer participe a toda a comunidade educativa de todos aqueles programas, actividades ou iniciativas que teñan por obxectivo fomentar e consolidar hábitos de saúde no alumnado.

O noso centro, concede á educación para a saúde, unha importancia fundamental no marco do desenvolvemento integral. É por elo, que na actualidade estamos inmersos en dous proxectos, que no seu conxunto, certifican todo o traballo da comunidade educativa do Colexio Esclavas do Sagrado Corazón.

Por unha parte, conseguiuse o distintivo “Sello Vida Saludable”, concedido pola Secretaria de Estado de Educación por resolución do 13 de Xuño de 2016 (BOE 21 de Xuño de 2016). Dito distintivo, recoñece a labor dos centros educativos, na súa labor de promoción de hábitos de vida saudable entre os escolares. Así, unicamente uns poucos centros educativos en España posuen este distintivo, dos mesmos, so 3 en Galicia.

Por outra, tamén no presente curso 2016-17, o noso centro participa dentro do programa “Centros activos e saudables” no marco do Plan Proxecta de la Conselleria de Cultura e Ordenación Universitaria. Tratase, dun proxecto de innovación educativa, complementario o anterior e polo cal tratamos de poñer en valor todo o realizado en torno os eixes do deporte, a alimentación saudable e os hábitos hixiénicos. A finalidade é a formación integral na educación para a saúde do noso alumnado.

Colegio Esclavas Sagrado Corazón

































 

 






























 

 
 

Subpáginas (1): Blog de novas