Introdución


Durante o pasado mes de xuño os nenos/as do CEIP Canosa-Rus escolleron investigar durante o curso 2015/2016 sobre os dinosauros e as eras nas que viviron. A este Proxecto Documental Integrado (PDI) denominámolo DinosauRus.
Deste xeito comezamos a procurar información e a investigar sobre os diferentes aspectos relativos ao tema, como tipo de dinosauros, características, eras, países nos que foron atopados, paleontoloxía, extinción, entre outros aspectos.
Co obxectivo de facilitar a procura de información desde o Equipo de Biblioteca adquírense fondos relacionados co tema e que axudaran ás aulas nas súas investigacións.
Desde o comezo do PDI DinosauRus a implicación e compromiso do claustro é máxima, involucrando ao resto de equipos do centro e comunidade educativa.
Subpáginas (3): Competencias Obxectivos Recursos
Comments