Olalla e Brais de 1º e 2º de Primaria fixeron este videoclip que queremos compartir con todos e todas vós. Este videoclip transmite todas as emocións positivas e importantísimas que deberíamos espallar polo mundo. A música vertebradora do eixe familiar, nun momento no que os rapaces precisan de estratexias para sobrelevar as ausencias e aprender a manexar unha situación tan complexa que ata aos adultos se nos vai das mans. Noraboa, familia Rodríguez Vidal! |