Dende o noso colexio temos a intención de continuar con este proxecto, e co labor iniciado polo mestre Vicente de solidariedade con este pobo irmán. En colaboración coa Delegada Comarcal da SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí), pretendemos sensibilizar informando a través de diferentes actividades (charlas, reportaxes, etc…) aos alumnos e alumnas das circunstancias históricas polas que o pobo saharauí permanece no exilio desde 1975. Darlles a coñecer a realidade dun campo de refuxiados a través de experiencias persoais daqueles implicados na acollida e nas visitas aos campos. Tamén pretendemos concienciar da necesidade de colaborar, na medida das posibilidades de cada un, para intentar aliviar a situación, ben a través da colaboración nas distintas campañas de axuda humanitaria que se poidan levar a cabo, así como dar a coñecer o programa de acollida “Vacacións en Paz”, polo que moitos nenos chegan á nosa comarca a pasar dous meses do verán fóra do deserto no que viven en duras condicións.
PROXECTO Vicente Fernández
Vacacións en Paz
En colaboración co “Proxecto Vicente Fernández”, nos vindeiros días entregaremos ao alumnado do noso centro, o seguinte díptico do programa Vacacións en Paz de acollida a nenos saharauís. A SOGAPS, solicita a nosa axuda ante as dificultades para poder levalo adiante. Agradecemos a toda a comunidade educativa a colaboración recibida. |
Máis preto do SAHARA
Con motivo da celebración do Día Internacional da Paz, o noso alumnado participou nunha serie de charlas dirixidas a diversos centros educativos da comarca, coa intención de dar a coñecer a situación do pobo saharauí refuxiado nos campos de Tinduf (Arxelia).
Cunha presentación audiovisual, repasamos a xeografía, historia, costumes, e actualidade sobre o Sahara Occidental, para coñecer mellor o país que foi colonia española ata 1975, e que agarda o regreso ao seu territorio desde o exilio no deserto arxelino.
Do mesmo xeito, o proxecto educativo "Vicente Fernández" tamén se fixo chegar aos diferentes centros da comarca, os cales amosaron a súa disposición a participar e colaborar nel e nas campañas que darán continuidade ao mesmo ao longo deste curso. Nas vindeiras semanas concretarase este proxecto solidario iniciado en agosto de 2015.
Nos encontros, colaboraron membros de SOGAPS como Amparo Cerecedo, delegada comarcal, Laroussi Mohamed, alumno de 2º de ESO e Marián González, a nosa mestra de Lingua Galega, que visitou nos campos, recentemente, as wilayas de Smara e Auserd.
Esta é a presentación realizada e coordinada polo profesorado de Secundaria en xaneiro de 2016. Tamén se pode ver premendo no seguinte ENLACE.
|
Formar homes e mulleres para o futuro, non só implica transmitir coñecementos...
Formar homes e mulleres para o futuro, non só implica transmitir coñecementos, senon tamén preparalos para afrontar as situacións difíciles que xurden a miúdo na vida. Neste punto, confluímos os centros escolares e as escolas deportivas, inculcando todos aqueles valores de sacrificio, afán de superación, compañeirismo e solidariedade, que son tan necesarios na sociedade actual. Ninguén representou e representa, (porque non queremos falar en pasado), todos estes valores, como a persoa á que hoxe rendimos unha merecida e emotiva homenaxe: Vicente. Vicente non pasou pola vida como un mero espectador, senón que participaba con entusiasmo en todos aqueles retos que se lle presentaban, e era una fonte de inspiración para os seus alumnos, os seus compañeiros e amigos. Recordar sempre doe, pero olvidar é imposible. A proba máis evidente de que o espírito de Vicente segue vivo, é ver a todos estos nenos e nenas aquí reunidos baixo un sentir común: afrontar os retos con ilusión e deportividade como fan nesta carreira, e como esperamos que fagan tamén na vida. Que esta actividade deportiva leve o nome de “Memorial Vicente Fernandez García”, non é unha casualidade, senón una digna homenaxe, que queremos agradecer a todas as entidades que hoxe nos reuniron. Grazas Vicente, porque estamos aquí por ti. |
Memorial Vicente R. Fernández García
O venres 27 de novembro de 2015, celebrase no complexo deportivo da Fieiteira (Ribeira), unha carreira de campo a través dentro do Programa XOGADE, o Memorial Vicente R. Fernández García. Dende o centro gustaríanos que participasen todos os alumnos e alumnas como homenaxe ao noso compañeiro, e aqueles que non participen quedarán no centro cos profesores de garda. Para dita
actividade é necesario que os nenos e nenas leven unha muda completa incluído o
calzado e chuvasqueiro, unha toalla de man, unha botella pequena de auga e unha
froita.
|
CEA SOLIDARIA
O vindeiro sábado terá lugar a tradicional cea solidaria organizada pola delegación barbanzana da SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí) no restaurante Chicolino de Boiro. Esta é unha das actividades que cada ano se veñen celebrando para colaborar co programa de acollida “Vacacións en Paz” e no que as familias da comarca participan de xeito habitual. O noso centro estará representado por un grupo de mestres, xa que se fará a presentación do proxecto educativo “Vicente Fernández”. Convidamos desde aquí a toda a comunidade educativa a asistir a esta cita solidaria. |
S.O.S. SAHARA
Estimados pais/nais:
Ante
a situación de emerxencia que se está a producir estes días nos campos de
refuxiados saharauís, polas recentes chuvias e inundacións, a comunidade
educativa do Colexio Bayón, solicita a súa axuda económica voluntaria para tratar de paliar a dramática situación
que se está a vivir no deserto. Nos vindeiros días entregaráselles aos rapaces
un sobre que voluntariamente poden traer ó centro coa súa aportación económica.
A recadación ingresarase nunha conta aberta pola SOGAPS (Solidariedade Galega
co Pobo Saharauí) a este efecto, para ser transferida á Media Luna Roja
Saharaui.
Se
desexan máis información ou contribuír cunha doazón particular, póñanse en
contacto co centro, que gustosamente lles informará.
|