Obxectivo Xeral: Determinar a
importancia que ten a horta escolar na construción do coñecemento e
aprendizaxe no entorno educativo do Colexio Bayón. Obxectivos Específicos:
- Motivar á comunidade educativa no proxecto pedagóxico da horta escolar.
- Valorar o traballo en equipo.
- Promover actividades lúdicas que permitan o contacto directo a través do medio que lle rodea.
- Contribuír con actividades académicas, escolares, dinámicas, participativas e agradables no campo da disciplina.
- Fomentar unha alimentación saudable e a cultura de respecto ao medio ambiente.
- Recoñecer as partes dunha planta.
- Coñecer o uso das ferramentas e útiles propios para o traballo na horta.
- Adquirir
coñecementos sobre o medio agrícola e natural, sobre os distintos tipos
de plantas, verduras e hortalizas, a súa utilización e a forma de
crecemento.
- Sensibilizar
sobre a nosa influencia no medio, o coidado da natureza e o equilibrio
natural entre as distintas especies de plantas e insectos.
- Reforzar as boas costumes na alimentación, favorecendo o consumo de verduras frescas e variadas.
- Promover talleres de capacitación coa comunidade educativa sobre cuestións ambientais na alimentación e nutrición.
|
|